Segundo informa a BBC, o goberno neozelandés pagará 300 millóns de dólares neozelandeses a oito tribos maorís por apropiación ilegal de terras hai máis de 150 anos. Asemade, o goberno recoñece tamén que o creador da danza haka foi o xefe Te Rauparaha, quen a inventou para celebrar que escapara da morte nunha batalla. Por iso, o goberno recoñece a propiedade/os dereitos do haka aos Ngâti Toa, a tribo á que pertencía o xefe Te Rauparaha. Por outra banda, o goberno tamén recoñece que Te Rauparaha estivera detido en 1846 durante 18 meses sen ser xulgado.
O concerto dos vigueses Mr Whiz o sábado 7 na sala Contrabajo estivo xenial. A música foi moi boa. O único inconvinte, o reducido e estreito espazo do local.
Confío en que sexa mellor o 2 de abril na Fábrica de Chocolate. Non pola música, senón para poder mover libremente un pouco o pandeiro ao ritmo da música.