Friday, January 27, 2006

pajas de lujo

Quedo coa Queen e máis coa Tijeritas. Tijeritas trae unha botella de auga mineral na que leva crema de augardente que preparou na casa. Metémoslle un grolo para probala. Verdadeiramente si que sabe a augardente.
Imos tomar algo quente, xa que o termómetro baixa ata case os 2ºC. Tijeritas pide un café mentres Queen e máis eu damos conta dun té vermello. Tijeritas cóntanos a última do seu noivo. Que lle mentiu dicíndolle que empregara un condón para se masturbar. O cal a ella lle sentou fatal, pois non lle cre, e pensa que o individuo foi tan cabrón de poñerlle os cornos.
Buscamos un lugar onde pousar o cu e baixar a crema. Ao final, a pesar do xeo no vaso, acabamos mesturando a crema cunha pouca auga, senón, facíase moi densa e empalagosa.
Máis tarde aparece o noivo da Tijeritas e acaba apalpándose a tensión no ar. Pasan a noite con cara seria e discutindo.

Monday, January 09, 2006

Mmm... C'était un vrai plaisir!

Friday, January 06, 2006

que noite tan quente!














Saio da casa cunha dor de cabeza chispeante e botando fume polas orellas. Necesito ar. Vou á de Perphida, onde Queen agarda por min para saír de festa rachada. É unha noite do máis rara, todo o mundo está alterado. Chego á de Perphida, están a ver a tele. O Macho Alpha abanadona o seu papel de macho dominante da manda para botarse a durmir ao longo do sofá, colocando a cabeza no regazo de Perphida. Queen olla revistas de piercings sentada no chan. Eu sento no espazo que queda libre no sofá. Lola, unha gata negra de ollos verdes con bastante pandeiro, anda sen parar dun lado ao outro cheirándoo todo. Finalmente sáltame enriba e ponse a cheirarme. Eu póñome dos nervios, pois Lola, a diferenza de Hedra, a outra gata; ten moi mal carácter e anda sempre arrabuñando e mordéndoo todo, e eu botara colonia no peito. A gata que se me pon a cheirar e eu que quero que baixe. Fártase e acaba liscando cheirarlle a cabeza ao Macho Alpha, para saltar logo ao chan.

Queen agarda a chamada da Tijeritas. Esta manda unha mensaxe dicindo que chegará tarde e que saiamos nós antes. O Macho Alpha dorme e Perphida queda canda el por non deixalo só...

Deixamos a inocencia na casa e soltamos as guedellas. Baixamos ata Viños buscando un sitio onde tomarmos algo. Ao pouco chama a Tijeritas para dicir que xa está chegando. Bicos de benvida. Proseguimos coa busca dun sitio onde tomar algo. Dá en chover... Entramos nun café-pub kitsch super-queer desbordante de cor rosa. Que dor! Sorte que non hai sitio onde sentar e acabamos marchando. Convénzoas para ir lascivar un pouco a un disco-bar de lesbis. Entran e miran encantadas a atmosfera do local. Hai un cento de mulleres bailando e bebendo nas mesas. Algúns homes, bastante gais..., semellan perdidos na barra. Pido na barra. It's Crema de Orujo's Night! Queen e máis a Tijeritas deciden botar un baile lascivo deses. Teñen sorte de que non as vexan os seus viriles noivos...

A noite comeza bastante quente. Non sabemos se polo influxo da lúa ou por algunha influencia subliminal da miña camiseta tan lasciva. Chistes verdes veñen e van. Falamos de tíos, de pirolas, de tetas, e demais. A temperatura segue subindo á vez que o alcool tamén sobe ás nosas cabezas. Gargalladas a escacha. Cambiamos de local. Imos tomar un par de rondas de chupitos con sabor a marexada. Un par de rapaces bastante babosos achégansenos dar o coñazo. Están peneques. Movemos un pouco o cu coa música mentres agardamos a que nos poñan máis chupitos. Cando rematamos de beber, encamiñámonos para saír do bareto. O máis bébedo dos babosos veme saír e pregúntame que onde vou coas dúas, eu contesto sobrado entre risos; A tirármelas! E el pregunta: A las dos?! Conseguimos saír pola porta e eu case caio ao chan co riso. Elas pregúntanme que que falaramos e escachan cando llelo conto. Máis adiante acabamos bebendo un combinado de viño branco con maracuiá nun porrón. Toda unha experiencia... Rajamos dos tíos que viven ao noso redor, dos homes que teñen pasado polas nosas vidas e sobre as putadas que estes nos teñen feito. Cuspimos veleno pola nosa boca. Temos a introdución da clase teórica da Técnica de cómo se come un coño. Os chistes vanse tornando aos poucos máis escatolóxicos. Escarallámonos de risa ata case mexarnos...

Weitergehen

Bleiben Sie drinnen oder draußen?