Friday, January 28, 2005

Thursday, January 27, 2005

Cea

Hoxe,en teoría, íamos ir Mercurio, Wednesday, Iron Maiden, Queen of Punk e máis Perphida á cova, xa que os tres primeiros aínda non estiveron. Pero Wednesday púxose mala da gorxa.
Ao final, acabei tomando unhas cañas coa Perphida, Queen e máis o Cuñado. Chamei á Mercurio, para ver se quería vir connosco. Díxome que non, que estaba na casa en pixama lendo. Nada, non houbo xeito de convencela.
Fomos cear á Casa Roxa. O sitio é bastante moderno e elegante. Amosan cadros feitos por artistas bastante orixinais. O que non me convence é a cociña... Quedo cos bocatas vexetais da cova ou coa tortilla de miña nai.
Logo baixamos ata Viños.
E nada máis. C'est tout!

Wednesday, January 26, 2005

Kaleidoskopio

Hoxe cando baixei do bus ao chegar á universidade, contemplei como unhas cousas finiñas, case imperceptibles, e de cor branca, comezaban a voar mexidas polo alento dun xélido vento.
Na miña mente comeza a soar Frosti, cos seus glint-twinkling-tinkles... Son catapultado ao interior dun kaleidoskopio, mentres o ceo, as estrelas e as pequenas folerpas de neve comezan a virar ao redor con velocidade. Síntome teletransportado un ano atrás a An der Pfaueninsel, cando chegei con T. nun autobus ao río. Todo estaba tranquilo. Comezaron a caer unhas febles folerpas. Por unhas escaleiras de madeira, baixamos ata un pequeno peirao. A auga tiña algo de xeo.
Para min foi incrible.

Alguén reparou no fermosa que se nos mostrou a lúa esta semana?
O luns á mañá era un círculo ardente. O martes e mércores unha espectacular bandexa de prata.
Aisss...

Tuesday, January 25, 2005

The Monsoon!

The Monsoon caught us. O monzón chegou ás nosas vidas.
Hoxe tivemos o gusto de ver o filme The Monsoon Wedding. A película conta como se desenvolve unha voda entre unha rapaza dunha familia acomodada de Nova Delhi e un mozo doutra familia hindú que vive nos EE.UU (tamén ricos).
O filme en si, céntrase na vida das dúas familias de clase media-alta. Aínda que tamén está a historia de amor entre a rapaza que os serve e o home que organiza a voda. E ben... tamén as rúas suxas e caóticas de Delhi cando van de compras.
A pesar de que se centre tanto na vida da xente rica, o filme non deixa de ser moi interesente. Resulta un pracer para os sentidos, tanto á vista coma ao oído (pola súa banda sonora que xa seduce a un dende o comezo).
Home, moita chicha tampouco ten... Algunha xente pensa que outra largometraxe superficial, pero adaptada ao estilo
Bollywood.
Wednesday e máis eu chegamos á idea de que o noivo está bastante ben...
Case nos poñemos aí nós tamén a bailar coas mans en alto.
Mercurio quere conseguir a banda sonora.

peras e mazás... (???)

Hoxe coincidín no bus á universidade coa miña querida e sádica (o de sádica e porque unha vez pegoume cun boneco cabezón) amiga Clotaire.
Púxose comer unhas mandarinas no bus. E eu rezando para que o conductor non se decatase...
Pois pregunteille se vira onte o programa ese das cereixas podres... E díxome que si, que o vira un cacho.
Botámonos a rir criticando a Mrs. Anzar, e o patética que resulta cada vez que se lle ocorre abrir o fociño. Debe de crerse unha intelektual@, mais a xente cun chisco de materia gris seguro que se decata que fala por falar, que sempre quere quedar ben; e que dicir do longo que ten o nariz...
Resulta hilariante, que diga que ela está contra todo tipo de intolerancia. (Isto é que canta un chisco de máis por si só...).
Ademais tivo o papo de dicir que no Reino de España dende que temos democracia (iso existe???), non se discrimina aos homosexuais.
HA!!!!!!!!!!!!
Pero enfin... Que se podía esperar...
PS. E que non se me esqueza! Voltou reivindicar a tese súa de se... "as peras son distintas ás mazás..." Non sei que pretende demostrar con isto, á parte de que lle falta O2 nas neuronas. É que as mazas se senten atraídas sexualmente polas peras? Polas mazás? É á inversa?
Como diría Clotaire... "e logo temos unha macedonia!"

Friday, January 21, 2005

Lumaradas.

Venres noite. Quedo con Queen of Punk e Perphida.
Imos cear algo a unha cova chea de ratos onde serven comida vexetariana. É de estilo indie. A decoración é bastante interesante. E a música é o mellor. Entro en trance cando comezo a escoitar a Björk!!!

Perphida e máis eu papamos dous bocadillos cheos de vexetais mentres Queen rilla nun anaco de biscoito de chocolate. Non fora ser que por comer algo verde lle dese a alerxia...
Todo é moi cool neste local. Hai un ambiente moi relaxado. Tanto... Que á pobre Queen unha muller lle pregunta que que tal a noite e lle toca o pandeiro no baño, mentres Queen queda branca. Éche o que ten levar micro-minisaia...
Despois da cea marchamos cara viños. De camiño topámonos co Cuñado, o churri da Queen, que está acompañado por un grupo de amigos facendo fedelladas.
Queen, Perphida e máis eu baixamos ata Viños.
O churri de Perphida chámaa ao móbil e ela comeza a babear.
Próxima parada: un tugurio de Viños onde Queen e máis eu catamos a crema de ghüisky que se serve alí.
Logo imos ata o mirador d'A Pedra. Wow! Cando nos achegamos xa vemos as lumaradas dos malabares. Cuñado & co. veñen saudarnos.
Un rapaz pasa preto de nós montado nun monociclo. Incrible!
Queen saca as cadeas e móllaas en ghasofa. Acéndenas e comeza a voalas. O ruxir do lume é incrible cando voan en círculos de arriba abaixo.
Outra rapaza súmase á atracción coas súas cadeas. Domina a técnica. Móvese con movementos lentos e cunha pasmosa facilidade e sensualidade. Semella unha bailarina tailandesa co seu movemento de pernas e brazos tan rítmico e harmonioso.
Acoghonating...

Thursday, January 20, 2005

The British Empire

O martes 11 de xaneiro, vendo o programa "Las cerezas", da canle pública do Reino de España, TVE1; tiven o des-gusto de escoitar os comentarios feitos pola Sra. Esperanza Aguirre, Presidenta da Comunidade Autónoma de Madrid, nunha entrevista.
Na devandita entrevista, a Sra. Aguirre declarou, chea de orgullo, ter estudado nun colexio británico (en España), pertencer á Orde do Imperio Británico nun ranco superior ao de David Beckham; e, se isto non for pouco, afirmou ser unha defensora dos valores británicos. Velaquí a razón do meu estupor ao escoitar tales declaracións (aberracións?).

A miña mente comezou a preguntarse de qué valores estaría a falar...; do imperialismo?, do colonialismo?, do puritanismo hipócrita?, da imposición relixiosa nas colonias?, da marxinación ás diferentes etnias?, da explotación?, da imposición lingüística?, da desculturización dos países colonizados?, da arrogancia inglesa?, dos escándalos?, ou do fish and chips enchoupado en aceite usado e con abundante maionesa?
Ditos "valores" non nos deberían resultar estraños; sobre todo, se temos en conta que o mesmo reino español coñeceu e practicou moitos destes valores.
De que estrañarse? De que se sigan a "valorar"?

Finalmente, dicir que me fixo graza que dixese, que estaba contenta de que tivese habido un cambio político en Cataluña, porque despois de que un partido político leve gobernando durante moito tempo, debe producirse un cambio; que goberne outro partido. Por iso dixo que esperaba que se produza un cambio de goberno no País Vasco... porque é preciso que haxa unha renovación no goberno vasco.
Pois a ver se nos fai o favor de falar co Sr. Fraga... Que leva coma presidente do goberno galego dende o Principio.

Saturday, January 15, 2005

It seduces me

I entere in the darkness
of a wood
as joining
the waters of the ocean,
naked at night,
on a heathen beach.
It seduces me
with its images
of the sea;
charms me
with the white light
of the streetlights and
the Moon;
and traps me
with its mysterious
darkness...

No océano

Adiante e atrás,
adiante e atrás.
Centos de linguas salgadas
lamben os poros da miña pel
transmitindo unha sensación
pracenteira e
relaxante
por tódolos nervios
do meu corpo.
Adiante e atrás;
móvome
mexido polas correntes do mar,
coma unha alga no océano;
cara adiante e
cara atrás;
boca abaixo
coas pernas
estiradas ata a superficie;
magnetizado
pola sedución
da escuridade...

Tuesday, January 04, 2005

Nancee Cop

Hoxe, catro de xaneiro de 2004, unha coñecida marca fabricante de xoguetes presentou na cidade de Neo Vigo a súa nova boneca, a flamante Nancee Cop; loura, elegantemente vestida cun conxunto de saia e chaqueta cor branca. Pero o que foi máis espectacular desta presentación foi, sen dúbida, o coche co que vén esta nova e moderna boneca; un modelo da factoría Zitronë, cun rádar incorporado para a-patrullar a cidade de Neo Vigo, velando polo bo tráfico na cidade e poñendo multas a todos aqueles que ousen cometer algunha infracción de tráfico.
Haberá outra nova versión da Nancee Policía para controlar a extorsión, a especulación, as mafias e demais tipos de caciquismo?

Monday, January 03, 2005

Fin de Ano / New Year's Eve

A noite comeza co estoupido de cores e debuxos no ceo á medianoite. Un novo ano é nado. Na fiestra do salón da miña casa miro os fogos artificiais... con certa precaución, pois co preto que voan algúns proxectís, case parece que algún podería desviar o seu rumbo cara a fiestra.
Á 1.30 da mañá soa o timbre. Queen of Punk agarda abaixo no portal acompañada dun amigo seu. "Baixa xa!!!!!" Berra ela. Eu non teño a culpa de que chegue trinta minutos tarde...
Baixamos por Urzáiz ao centro. A alerxia comeza a manifestarse con tantos rapaces fotocopiados vestidos de pingüíns. Que vulgaridade!!!! O mellor de todo, é a que maioría das rapazas tamén van fotocopiadas con traxes negros. Enfin... Pois nós non!!!!!!!!!!!! Nós non imos de traxe. Nós en vaqueiros e con tenis!!!

Baixamos cara ao porto. Toca botellón nos soportais do Berbés con algúns amigos da Queen (a Wednesday non quería vir ata Vigo e Mercurio estaba enferma con gripe). Hai unha morea de xente nova bebendo, fumando "porros" (Non! Non é o plural do apelido da PoPular que vós xa sabedes...), e tirando petardos.
Mentres eu bebo a miña hefchen Queen baixa o seu calimocho. Pasan algúns coches de policía pola estrada, pero ningún se detén na zona.
Despois subimos ata Viños. Metémonos nun tugurio con música heavy, só apto para tolos. Na barra Queen e máis eu damos boa conta da crema de ghüisky.
Cando xa estamos demasiado fartos, marchamos almorzar.
Entramos nunha cafetería de Urzáiz. Eu pido un chocolate cun croissant e Queen un café con leite con outro croissant. Aténdeme unha muller con acento arxentino (que denotaba a súa falta de amabilidade). Un camareiro vén co almorzo e pídeme que, por favor, pague no momento. Para o meu estupor a conta ascende a uns 10 €uros. Pago a conta... (por non mandalo á merda...).
Cando ela volta e ve o prezo total, queda petrificada e comeza a queixarse en alto de que iso era un timo. Haha.
Logo do petit-déjeuner marchamos para a casa. Deixo a Queen nun taxi e eu camiño pola rúa ao meu lar.
O ceo comeza a tornerse dun azul máis intenso. É moi agradable. Está a rachar o día.
Cando chego á casa, xa se comeza a notar a claridade.
Finalmente, quedo durmido no meu leito escoitando música.