Thursday, December 25, 2008

Ina Deter Band- "Neue Männer braucht das Land"



Ains! Ese estilazo finxindo tocar os instrumentos!

Ich suche den schönsten Mann im Land!

Wednesday, December 24, 2008

Visage- "Fade to Grey"

Para Ratzi, o Neonazi.


Dedicado polas súas múltiples declaracións homófobas e a súa hipocrisía. Moito falar de medioambiente e da pobreza a consecuencia da crise, pero xa podía comezar a vender toda a merda que ten acumulando po no Vaticano e dárllelo aos pobres do mundo.

Friday, December 19, 2008

Sigur Rós Feat. Amiina- "()"



Ains... Que lembranzas me trae esta canción! Sniff...

Sigur Rós- "Ágætis Byrjun" (Live)

Vivindo no país dos subnormais profundos.


Bendito estado democrático (???) este no que nacín, no cal o deporte nacional é dar polo cu sen se deixar dar.
Estado ben coñecido pola incompetencia dos seus funcionarios, sexa do tipo que sexa... Aínda que os do INEM teñen o seu aquel. Traballan de 9 a 2. Mais dicir que traballan é moito dicir. Porque o fan con total desgana. O único que lles importa é que a eles lles paguen ao final de mes. Mentres se eles cometen un erro grave contigo, nin che piden desculpas. E aínda por riba tes que aturar o seu ton altivo, como dicindo, por que tiveches que vir ti amolarme?
Unha vez tiven que presenciar como uns funcionarios do Servizo Galego de Colocación andaban a comer bombóns nalgún tipo de celebración privada no canto de atender ao público.
Chiste: Se unha persoa nova ten cotizados 6 meses (máximo 12) á Seguridade Social e queda desempregado, ten dereito a unha xenerosísama axuda de 400€ durante 6 meses. O que un gañou tanto ten, a axuda é simplemente 400€ e durante un máximo de 6 meses. E o clímax do chiste é que se un solicita esta axuda económica, perde os dereitos das súas cotizacións, tendo que comezar a cotizar dende cero.

Despois están as infrastruturas, que moito se laia a Aguirre de que Madrid está a ser marxinido, pero tiña que ver as liñas de alta velocidade e cercanías que temos en Galiza; imaxinarias, evidentemente. E non porque non haxa viaxeiros dabondo para manter as liñas actuais e crear unha rede de cercanías en condicións, senón porque a RENFE, a Adif, e á Ministra, non lles sae de aí... E enriba un ten que aturar as súas borderías e, incluso, mentiras.

Por certo, o Señor Touriño debería facer exame de coinciencia tamén...

Outro chiste: Correos está a levar a Santiago o correo local de Vigo, repito correo LOCAL, para procesalo nunha máquina que centraliza o traballo. Correo que ten ir e voltar, e logo ser repartido. Alguén reparou na perda de tempo que isto supón??? Por que non se douta a Vigo cunha máquina semellante??? Que hai 10 oficinas de correos na cidade, home. No que seguro que non pensaron foi no efecto no medioambiente que isto ten, botando CO2 á atmosfera.

Ala, xa quedei a gusto.

OST: Las Vulpes- Patada en los huevos.

Thursday, December 18, 2008

Tuesday, October 28, 2008

The Ventures- "Tequila"



Aquí xa estaban un chisco "cambiados". Mais o son segue a ser bo. :)

Thursday, October 23, 2008

The Ventures- "Diamond Head"



Un son moi moi bo: dúas guitarras, un baixo, e un batería.

Sunday, October 12, 2008

Nina Hagen- "Auf'm Bahnhof Zoo"



A quente letra desta canción conta o encontro entre dúas mulleres novas nos baños da estación Bahnhof Zoologischer Garten en Berlín.

Friday, October 10, 2008

Mandriva's New Release: Mandriva 2009



A distribución de SO de Linux Mandriva vén de sacar a súa nova versión. Esta nova versión inclúe o novo escritorio KDE 4, que supón un salto notable dende o KDE 3.5. Asemade inclúe o file manager chamado Dolphin, substituíndo o Konqueror. Disque o Dolphin é máis lixeiro.

So whatcha waitin' for? Download and burn baby burn!

Sunday, October 05, 2008

"Come on in!"



House of 1000 Corpses, a peli mais heavy que vin.

Thursday, September 18, 2008

Max Raabe & the Palast Orchester- "Sex Bomb"



Unha versión cachondísima do tema "Sex Bomb". Aquí outra dunha canción da MaryBritney.

Friday, September 12, 2008

latitude-lonxitude


Uhmmm... Esta imaxe lémbrame ao Fresón Rebelde, a petarda que vivía comigo en Inglaterra...

Open Relationship


A sinceridade na parella é fundamental...

Sunday, September 07, 2008

Thursday, September 04, 2008

The Montesas- "Do the Slide"



The Montesas é un grupo actual que toca música rock cun son a oldies americano.

Ideal- "Blaue Augen"



Acabo de descubrir estoutra canción tamén grazas a Motor FM. A voz da cantante deste grupo punk alemán dos 80 ten un aire coa de Nina Hagen cando era nova.

Xogador de fútbol americano glamourosamente gayer

 
Posted by Picasa

Xogador de fútbol americano gayer

 
Posted by Picasa


Uhm... Lémbrame un tanto a Dafydd de Little Britain. Aínda, que quen lle dera a Dafydd estár coma este...

The Heavy- "That Kind of Man"



Moi boa canción e un cantante cachondo!

LCD Soundsystem- "North American Scum"



Foi escoitar esta canción na Motor FM e namorarme dela. Esta canción está bastante ben, diría que é orixinal, supón unha crítica aos States dende dentro; ademais de que me encanta o son, que me lembra tanto aos The Rapture.

Wednesday, September 03, 2008

Heavy & Punky

 
Posted by Picasa


Esta imaxe amosa a calidade dos produtos galegos.

Patorras punkys

Velaquí unha foto das pernas da Queen of Punk pasadas polo GIMP.
Posted by Picasa

Tuesday, September 02, 2008

Saturday, August 30, 2008

Chris Isaak- "Blue Hotel"

Incidente do tren Vigo-Ponferrada


Os pasaxeiros do tren que facía o venres 29 de agosto o traxecto entre as cidades de Vigo e Ponferrada, con saída ás 14:37, viron como a súa viaxe se vía afectada. Segundo algúns viaxeiros, o tren deteuse nunha zona rural e de difícil acceso antes de que este fixese a súa chegada a Monforte de Lemos. Os viaxeiros deste vello tren remozado, co curioso rótulo de El Escorial na máquina traseira (seica tería as luces avariadas?), demandaron información aos empregados de RENFE, os cales lles comunicaron que había pedras na vía que impedían o avance do convoi. O tren permaneceu parado na vía durante considerable tempo, e logo continuou o seu traxecto ata Ponferrada, chegando con bastante retraso.

Ademais das queixas ocasionadas por este incidente, os usuarios amosaron o seu malestar ante a presenza dun só aseo en todo o tren.

Outra anécdota máis na historia terceiromundista do tren en Galiza.

Menos progaganda do AVE e do lavado de cara de RENFE, e un pouco de dignidade!!!

Vía: Miña nai, que ía nel.

Velaquí unha ligazón interesante e coñeira.

Thursday, June 19, 2008

Friday, May 09, 2008

A primavera




Primavera nos xardíns botánicos.

Thursday, April 03, 2008

Wednesday, March 26, 2008

Tuesday, March 18, 2008

Mandrivando

Pasei a fin de semana entrando e saíndo continuamente.
O venres á noite saín cun amigo dar unha volta cando aínda era cedo. Estivemos rompendo a cabeza pensando a que sitios íamos entrar, basicamente, porque temos gustos opostos en xeral, agás que os dous nos gusta un local de rock.
Pois nada, tiñamos a intención de entrarmos nun local co nome de "The Bedroom". O meu amigo é hetero e aínda non sabe un "pequeno" e sutil detalle de min... E claro, cada vez que ve unha inglesa, vánselle os ollos tras ela. Ademais, cos tetos leiteiros que gastan por estas terras, normal que lle chame a atención visualmente. Á parte, de que sempre van vestidas coma pendangas.
A min pásame o contrario, é ver un louro, un ginger, un moreno, un tío co pelo castaño, un negro, un asiático de oriente lonxano ou próximo, e é que me poño peeeRRRRa. Pero claro, mentres non saia da fase autista, non vou catar nada.
Ao gran, cando íamos entrar ao local, sae un grupo de rapazas con vestidos de leopardo por enriba do xeonllo, cunhas pintas finas finas. E chego eu á porta, e o porteiro espétame "No trainers!!!". Déronme ganas de meterlle unha contestación para deixalo no sitio. Pero pasei, é mellor pasar dos mongoles retrasados ignorantes analfabetos.
Así que "No trainers, but bitches allowed". Vaia hipocrisía. Pero claro, se non lle van as pendangas ao local, a ver quen lle vai querer ir.
Fomos a un local con xente de todas partes do mundo no cal había un grupo de homes orixinarios de algunha rexión do Indostán que estaba a bailar e estábano a pasar caralludamente. Un deles, polo xeito de moverse, era unha especie de Michael Jackson con sotaques de folclore tradicional asiático. Nun momento achégaselle unha tipa bastante guapa e botan un dánsing con paixón (polo baile).
O sábado vén cear este rapaz coa súa compañeira de piso, unha bretona medio pirada, e un amigo del.
Despois da cea, paso a noite instalándolle Mandriva no seu portátil. O cal non resultou moi doado que digamos. Estou acostumado ao meu ordenador, e toleei buscando o xeito de poderlle modificar a BIOS para poder facer un boot dende o CD.Á parte tiven a axuda guiada de Capito polo meu ordenador, que me estaba a dicir os pasos que debía dar. Aínda que eu puxera Mandriva no meu portátil, cando o fixen foi un pouco sen interese, ademais, estaba desexando cargarme o windows, aínda que non o fixera ao final.
Vou para a cama ás 5.
O domingo pásoo limpando a merda que algúns semellan non ver... Mais, para que, porque chega a noite, e comeza a emporcar outra vez denovo.
Á tardiña vou a casa do novo linuxero intentar configurarlle o Mandriva, mais témolo que aprazar, porque hai erros ao instalar os repositores e faise tarde.
Para pagarme, convídame a ir cear a un local pequeno que hai na miña rúa. Pedimos dous döner, e podo dicir que son os primeiros bos que probo dende que estou in England. Os que probara antes era para botar as tripas. Ademais, que é iso de especiar o polo con esa cousa vermella???

Tuesday, March 11, 2008

Korpiklaani- Ii Lea Voibmi

Paso a Mandriva


En febreiro comecei a buscar información doutras distribucións de Linux, e vin dúas que me parecían máis atractivas; Fedora e Mandriva. Entrei nas webs oficiais, e decidinme a baixar o Live CD de Mandriva.
O interesante do CD de Mandriva é que podes empregar o sistema operativo sen necesidade de instalalo, e permite conectarse a internet sen ningún problema.
Ao final, decídome a cambiar Ubuntu por Mandriva KDE, máis atractivo visualmente, con mellores programas e opcións.
Os primeiros días usando Mandriva paseino un pouco mal, pois vía que me faltaban algunhas cousas ás que me habituara empregando Ubuntu e que botaba moito de menos. Mais a través da axuda doutros usuarios comecei a solventar eses “problemas”, e comecei a botar para adiante. E, a verdade, é que estou moito mellor en Mandriva do que o estaba en Ubuntu; agora non teño que andar a crebar a cabeza cada dous por tres metendo comandos na consola. Todo está mellor pensado e resulta máis doado de usar.
A fin de contas, antes cando usaba Ubuntu, xa empregaba algúns programas de KDE, coma o Amarok e o Kaffeine, que funcionan mellor cós que veñen de serie en Ubuntu.
Ademais, a instalación de Mandriva é moito máis doada. Ben, polo menos coa versión que estou a empregar eu; estas cousas sempre cambian en función dos bits. O escritorio cárgase dende o CD, e se se quere, no escritorio aparece a opción de efectuar a instalación. A instalación dura unha cousa de media hora, e mentres se leva a cabo, un pode andar a navegar por Internet, algo que resulta interesante, para non se aburrir un.

Ubuntización



Falando cun amigo na distancia, que me comentara que tiña un amigo que comezara a usar Linux, pregúntolle se me podería averiguar como obtelo e demais. A única experiencia anterior que tivera con Linux fora había uns anos atrás na EOI e non fora moi grata... Resultaba moi complicado de usar para min e era algo que me botaba para atrás. Ao final, dáme o enderezo da web de Ubuntu e bótolle unha ollada. Necesito un CD para poder gravalo, de modo que merco un pack deles. Baixo o Live CD e grávao. Mais non sei que diaños facer con el.
Pasadas unhas semanas, estando xa máis relaxado e en plan pasota, comezo a ler wikis onde orientacións de como o instalar. E un bo día decido a chamarme á compañía para preguntarlles que pasos teño que seguir para modificar a BIOS e que o ordenador arrinque dende o CD. Explícanme un xeito, mais recoméndame algo máis doado para facer boot dende un CD sen ter que modificar nada. Simplemente con ter o disco metido dentro, apagar o ordenador, voltar a acendelo e premer C durante o boot.
Non lembro se foi o mesmo día ou uns días máis tardes cando me decidín a facelo.
Comezara días atrás comprimindo o disco duro e creando unha partición baleira. Teño que dicir, que foi grazas ao Vista, que non precisa de ferramentas externas para comprimir e fragmentar o disco. É o único bo que ten o Vista...
Pois un domingo ou un festivo pola mañá, púxenme a intentar instalar o Ubuntu, e a verdade é que non tiña moitas esperanzas de o poder facer. Xa non tiña fe ningunha despois de todo o acontecido. Pareceume unha tarefa esgotadora que requerise moito tempo. E ía flipando ao ver que podía avanzar na súa instalación, e flipei máis aínda cando rematei a instalación cun dual boot e tiña o meu Ubuntu funcionando. Tan só tiven que crebar un pouco a cabeza para poder entrar na miña rede WiFi, pois as opcións do Ubuntu son máis específicas que as do güindos. Pero ao final estaba funcionando perfectamente. What a lark!
Aos poucos, comecei a collerlle o gusto denovo ao meu ordenador. O rato que mercara pensando que non me había funcionar o cellpad, devolvino ao comprobar que o cellpad funcionaba. Iso si, non podía arrastras as iconas polo escritorio. O cal ás veces era un pouco frustrante, e botaba moito tempo copiando e pegando.

En novembro instalei a nova versión de Ubuntu, e púxenme contento dalgunhas das melloras introducidas. Agora xa podía arrastrar iconas polo escritorio e xa tiña menos problemas cos players, mais aínda quedaban algúns cantos por resolver.

Reblogando...


Pasei bastante tempo histérico a causa do meu ordenador e tamén da nula axuda que me daban na tenda onde o mercara, etc.

O primeiro que fixen foi preguntar na tenda onde o mercara. Dixéronme que se lle pasara o CD de Recuperación, tiña que estar limpo. Mais ofrecéronse a limparmo eles de balde. E nada, eu leveillo e dixéronme que nada, que xa estaba limpo. Chego á casa, actualizo o antivirus, logo fago unha análise completa do ordenador e vexo que mentres esta se realiza, seguen a aparecer aqueles nomes estraños e que eu atopara en google como troianos. Co cal chamo á tenda e coméntolles o que me pasa, e dinme que a ver se fora eu por ter visto algunha web ao conectar o ordenador, e dígolles que non, que só actualizara o antivirus. O tipo fálame en plan borde e chega un momento no que me sobe o ton, e comeza a tratarme como se a culpa fose miña, por dicilo dun modo light.
Previamente na tenda, preguntáralle se o software para a instalación do güindos estaba contido no CD de Recuperación, e entre dentes, respóndeme que si, pero despois acaba cantando; dime que non, que claro que non, que vén preinstalado, porque senón, podería eu piratealo. E a ver... Cando mercas un ordenador co software preinstalado, estás a pagar por el. Pero por que non che dan unha copia? Porque o único xeito de facer unha instalación limpa e co CD do produto orixinal. O CD de Recuperación só borra a información que ti lle teñas engadido, pero hoxe en día os troianos métense dentro do sistema de arquivos e resultan indetectables. Quizabes un freaky da informática si os poida detectar, pero e o resto de mortais?
Na compañía dinme que ao non haber un servizo técnico autorizado na miña cidade, malia ser a máis grande e industrial de Galiza..., que o leve un técnico no que eu confíe. E claro, pois confiar xa non estaba por confiar en ninguén, e menos sendo o meu primeiro ordenador, ou sexa, que eu de técnicos non tiña nin idea.
Lévoo a un técnico, e ao cabo duns días chégame un SMS dicindo que malia que aparezan nomes raros, que ao pasar o CD de Recuperación sigo a ver cousas raras, e que viña así de fábrica, co cal non me debo preocupar. Caralludo! Por quen me teñen??? A miña inxenuidade ten uns límites. Menos mal que non me dera por mercar nada por Internet nin mirar a conta bancaria.
Paso un mes e pico no que case non emprego o meu ordenador, chego a collerlle noxo, e volto ir fundir as pelas nos cibers.

Friday, March 07, 2008

Siouxsie- "Into a Swan"




Despois de meses de parón provocados por forzas maiores e inapatencia blogal, decidínme a resucitar, espertando dun longo letargo.