Wednesday, July 05, 2006

gilipolleces varias...

Leo nun artigo da Voz que tódolos partidos que compoñen a Eurocámara condenaron o franquismo, agás, como cabería esperar, o PPE (Partido Popular Europeo) e a ultradereita. Paréceme unha aberración que se xogue así coa vida de milleiros de persoas e máis coa memoria histórica. Quizabes a vida daquela fose fermosa para os fascitas conservadores coma eles, pero para o resto da poboación supoñía unha ameaza polas limitacións á liberdade de pensamento, e tamén pola ignorancia na que vivían moitas persoas, ás cales se lles pasaba todo por un filtro informativo; xa saben, din que os ignorantes viven máis felices...
Señor Mayor Oreja, esiximos respecto e a condena do franquismo, como o PP esixe a condena ao terrorismo do que tanto se lle enche a boca falando a este partido político. O franquismo non deixou de ser un outro tipo de terrorismo no que se matou e perseguiu a individuos que tiñan ideas políticas diverxentes ás do réxime; pertencían a unha minoría relixiosa, étnica ou cultural distinta, ou eran homosexuais.
O colofón foi a intervención do fascista Maciej Marian Giertych, pertencente ao partido polaco da Liga polas Familias, ultradereita, que soltou pola boca que Franco permitira loitar contra o comunismo e salvar á España católica. Fódanse! Supoño que o número de mortos que houbo, entre medio millón e un millón, e máis os que fuxiron ou estiveron perseguidos, non contan... Que máis dá... Se eles conseguiron o poder... A eles tanto lles tiña...
A ignorantes fascistas sen alma, coma o Giertych este, suxeriríalles que lesen un artigo da wikipedia, que dá unha visión máis obxectiva da que eles teñen nas súas subxectivas mentes enfermizas.
Non vexo por que non se pode admitir a Turquía na Unión Europea, tendo en conta como as gastan en Polonia... Por que se estrañan despois de que os cidadáns nalgúns países votasen "NON!" á Constitución Europea???

PS: "Vivir dun xeito máis fermoso sen nazis".