Great militar show in the city of A Coruña, Galiza (partially autonomous land under the sovereignty of the Spanish Crown). The parades were a pure exhibition of the greatness of the Spanish Armed Forces (smells). Might and power...
One may think whether this kind of events are proper bearing in mind the historical background of Spain and its dominions or not, as it is more reasonable. Or didn't we have enough with centuries of invasion, occupation, denegation of an own government; theft of political, religious and economical power; exploitation, imposed cultural assimilation, linguistic imposition of a foreign language with the prohibition of the use of our own language? Because this has not ended, yet. All the consequences of the Spanish Colonialism and Imperialism (oh, pitty that Spain is no longer an Empire... Sniff!) are still alive and going further if we do not stop it. The recognition of our land as an automous region and of our tongue as co-official are not sufficient. Every land or region must have the right to determination for independence.
We have to be our own rulers.
PS. The show had a particular smell to Franco's times and his exhibitions of might. (RIH!)
Sunday, May 29, 2005
Quel domage...
La France a dit que NON!
Vaia... Como se pode apreciar polo resultado do referendo, os franceses usan máis as neuronas que os españois. Incroyable... (Hus, hus)
Vaia... Como se pode apreciar polo resultado do referendo, os franceses usan máis as neuronas que os españois. Incroyable... (Hus, hus)
Tuesday, May 24, 2005
Fuxi-fuxi!!!
Proxeción do film Hai que botalos mañá mércores 25 ás 12h e 17.15 no Salón de Actos da Faculdade de Económicas e Empresariais da Universidade de Vigo, Campus Lagoas Marcosende.
(FÓRA, HOSTIA!)
PS. Oops, iso foi o meu stream of consciousness. Hus, hus!
(FÓRA, HOSTIA!)
PS. Oops, iso foi o meu stream of consciousness. Hus, hus!
Sunday, May 22, 2005
Batalla de flores III ou Mutacións
Batalla de flores II ou Toda a verdade sobre o Prestige
Batalla de flores
Serea e home nunha bóla
O que fora unha festa tradicional realizada polos cidadáns ata mediados dos anos 70, converteuse nunha parada yankee ao máis puro estilo Disney World, con carrozas ssssuperrr-bonitasss, cada unha co logotipo da empresa que a pagara. Non sei por que nos dá no nariz que todo foi planexado pola nosa querida (cruzamos os dedos... e botamos a lingua de paso) Cori para promocionar a Volvo World Cup que sairá este ano do Porto de Vigo. Evidentemente, que dúbida pode caber, ela estaba alí para promocionar a cidade e... para promocionarse a si mesma.
Por certo alguén reparou na subnormiladade que foi que tirasen toneladas de papel en confetti e cintas? Que por certo, custaron un ollo da cara, mais non da da Cori, esa ha ser sempre perfecta per secula seculorum. Amén!
Por certo, non perdan o portrait da Cori clicando arriba na ligazón. ;)
Tuesday, May 17, 2005
Día das letras galegas 2005
dominó
Co gallo das Letras Galegas celébranse en Vigo distintos actos. Pola mañá abríronse postos con libros na Rúa de Príncipe. Os museos da cidade deciden adiantar o Día Internacional do Museo, e teñen xornada de portas abertas con diversas actividades.
Eu decido achegarme pola tarde ao MARCO. Ao chegar a Príncipe pódese observar o dominó que están a construír os traballadores do MARCO cos debuxos que fan os nenos pequenos sentados fronte ás escadas da entrada. Entro ao museo by the face.
Primeira parada, o Aquófono. Un interesante trebello feito a partir de bolsas de soro con pingueiro cheas de auga que caen enriba duns pequenos aparellos electrónicos emitindo sons musicais que varían en función da cantidade de pingas que se deixen caer, etc... Resulta moi agradable ao oído. Coma un xogo de nenos. É máis, aos visitantes permíteselles a interacción co instrumento e a auga, sós ou en grupo.
(Chamaraos Björk para o seu próximo disco?)
Despois vexo unha exposición de fotos da coleción de Telefónica. Con algunhas quedas pensando, "vale, iso tamén o podería ter feito eu cunha cámara en condicións"; hai retratos, paisaxes urbanas e naturais (ás veces coa presenza da man-aza do ser humano). Hai un conxunto de fotos tituladas algo así coma "Cowboys and girlfriends", dá unha visión... ehem... bastante machista da realidade... como que os vaqueiros van vestidos, montando coma machos nos seus cabalos, mentres que as noivas van de putóns sobre rodas (montando motos) e ensinando... case todo. Outras fotos fanme pensar en realidades pasadas que fican en min coma lembranzas de algo que semella unha vida anterior. Sen dúbida, as fotos que máis me gustaron foron unhas paisaxes, que ao velas, o meu cerebro relacionou instintivamente con Islandia; negros desertos de pedra, ceos infinitos con nubes que amosan toda a gama posible de grises e brancos posibles, montañas negras coroadas por neves inmaculadas. Ao saír miro na entrada o nome do fotógrafo, Olafur Eliasson, un danés. Non atopo o nome do(s) lugar(es) onde se tiraron as fotos, só "paisaxes nórdicas".
Con todas penso que a xente só toma o Día das Letras Galegas coma un día festivo para non ir ao traballo. A xente pasa absolutamente de todo. E atopo que unha culpa moi grande é a falta de promoción e organización de eventos por parte do goberno. Pero enfin... a quen sorprende isto?
Monday, May 16, 2005
Sendeirismo urbano
Fonte.
Recibo a visita da Queen na casa. Improvisamos rapidamente o xantar. Marchamos ata Samil dar unha volta. Camiñamos un pouco polo paseo da praia. Non hai case xente, está moi tranquilo. Uns nubarróns enormes ameazan con choiva.
Proponme ir camiñando polo paseo que bordea o río Lagares ata Sárdoma, uns cantos quilometriños máis aló...
Pasamos por diante das marismas, despois imos ata as depuradoras (interesante experiencia para dar renda aos sentidos).
En medio do camiño entre Castrelos e Sárdoma cóllenos a choiva. Metémonos baixo o lavadoiro que aparece na fonte. Unha excursión de marujas acompañadas de seus cans, máis un marido calzonazos métense tras nosa. Copións!
Aos 5-10 minutos deixa de chover e proseguimos a marcha a carón do Lagares. Aisss... Non sei como os pobres parrulos seguen vivos... Vemos algúns que resultan bastante estraños... A verdade é que dan que pensar que poderían ser mutantes! (huas!). O paseo en si está ben, pero o río... enfin... por moito que leven feito... aínda lles queda moito por limpar.
En media hora estamos saíndo de Sárdoma e abandonando o paseo do río.
Marchamos tomar algo nun bar, estarricados nos sofás.Unha muller con riso de bruxa mete sustos no local. É tan real que todo o mundo nos dous andares se queda mirando na direción da cal proviñan os sorrisos. Danme ganas de pedir un chisco de sal pra facer un círculo no chan.
Re-Discovering Vigo.
Sunday, May 15, 2005
Thursday, May 12, 2005
Rock no Castro
Sábado sabadete. Despois de ter pasado case unha semana engaiolado na casa con dores de cabeza, febre e calafríos comezo a ver a luz do día e reconecto coa realidade exterior.
Volto de compras no bus e vexo que teño unha chamada perdida da perdida da Queen of Punk. Chámoa. Convídame a tomar algo na súa casa. Para iso teño que baixar do bus e coller outro... Finalmente, nunha parada albisco que o bus que está diante no que vou eu pasa polo seu barrio e saio correndo para subir no outro.
En 5 minutos estou no seu barrio. Fágolle unha perdida para avisala de que xa cheguei. Sentamos un intre na beira-rúa mentres fuma o cigarro que ten na man (non hai costume que me amole máis).
Na casa amósame diferentes grupos dos que lle gustan a ela. A verdade é que non consigo lembrar os nomes; só un, uns Puta miseria. Encantoume a canción dun dos grupos que cantaba algo así coma... Puto PP, Puto PP... :D
Convénzoa para baixarmos ata O Castro, onde se poden usar os ordeñadores que a Casa da Xuventude ten nun local. Curiosamente cando chegamos vemos que ao lado do local, fóra, hai un escenario onde anda a ensaiar un grupo de rock. Logo avísannos de que esa noite ás 11 hai un concerto de rock e logo un de reggae. Enchufámonos un cacho á Rede. Despois imos dar un paseo. En principio non íamos saír á noite, pero Queen chama á Perphida para que se veña ao concerto.
Baixamos ata a pista de skateboard. Queen saca as cariocas e ponse a facelas voar no ar, dándose algún ca outro lategazo...
Mentres non comeza o concerto, soa a banda sonora de Amélie, séntese un transportado à Paris co son do acordeón.
Imos dar unha volta arredor d'O Castro, por iso de facermos tempo.
O grupo comeza a tocar.
Subimos ao mirador. Despois baixamos ata as áncoras. Mandámoslle unha mensaxe a Perphida. Chegará nun cacho.
Voltamos para o concerto. Grupo composto por 3 rapaces. Tocan ben, tá interesante. Algunhas versións de Nirvana e dos Red Hot Chili Peppers.
Baixamos ata a Praza do Rei onde xa está a Perphida. Queen arrepentida quere marchar para a casa. Mais a mirada Shin-chan de Perphida convéncena para saír toda a noite de esmorga.
Subimos de novo ao concerto (sendeirismo nocturno). Está a tocar o grupo de reggae. Tocan moi ben. Aínda que como di a Queen, tanta versión de Bob Marley resulta un pouco "parado", un toque máis ska viríalle ben. Quen toca a batería no grupo resulta ser unha bataka, que domina o instrumento. :D
Ao rematar o concerto, convénzoas para baixarmos ata o Ferrinhas. Hai música folk improvisada en directo. Que ghusto! :D
Despois imos tomar uns chupitos con sabor a mar, e tamén a piruleta.

Sunday, May 08, 2005
Sunday, May 01, 2005
Punky Långstrump!
Punky Långstrump
Här kommer Punky Långstrump, tjolahopp, tjolahej, tjolahoppsan sa. Här kommer Punky Långstrump, ja här kommer faktiskt jag.
Voltamos para a casa metendo brincos e facendo o parvo por Príncipe adiante. Pídolle que pose para min facendo de Pippi. (Total... Despois de que uns cantos xa se teñan metido con ela...)
Subimos por Urzáiz e topámonos cun dos seus colegas, e ela decide desafiarme coa ameaza pantasma que andaba a soltar toda a noite de que lle estaba apetecendo saír ata as tantas... Voltamos baixar a Viños. Cando chegamos a Perphida e o Rock-Rock-Rock xa non están, mais atopo a Clotaire cunha amiga súa en "boa" compaña.
Pasamos a noite dun lado para o outro. Probamos uns "chupitos" caralludos nun bareto no que nunca estivera, a prezo módico.
Acabamos tomando o fresco os dous sós na Praza de Compostela. Despois acompáñame polo camiño á casa. Sentamos nunha parada de bus mentres deixa de chover e logo separámonos. Volta baixar ao centro. Esta muller non dá parado!
E marcho dando brincos lembrando a canción que escoitaba cando era pequeno:
2 x 3 macht 4Widdewiddewitt und Drei macht Neune !!Ich mach' mir die WeltWiddewidde wie sie mir gefällt ....
Maar deze is ook gggggggggeil!
PS. O Punk non comezou no UK, comezou en Villa Kunterbunt!!!!
Subscribe to:
Posts (Atom)