Sunday, May 01, 2005

Punky Långstrump!


Punky Långstrump

Här kommer Punky Långstrump, tjolahopp, tjolahej, tjolahoppsan sa. Här kommer Punky Långstrump, ja här kommer faktiskt jag.

Voltamos para a casa metendo brincos e facendo o parvo por Príncipe adiante. Pídolle que pose para min facendo de Pippi. (Total... Despois de que uns cantos xa se teñan metido con ela...)
Subimos por Urzáiz e topámonos cun dos seus colegas, e ela decide desafiarme coa ameaza pantasma que andaba a soltar toda a noite de que lle estaba apetecendo saír ata as tantas... Voltamos baixar a Viños. Cando chegamos a Perphida e o Rock-Rock-Rock xa non están, mais atopo a Clotaire cunha amiga súa en "boa" compaña.
Pasamos a noite dun lado para o outro. Probamos uns "chupitos" caralludos nun bareto no que nunca estivera, a prezo módico.
Acabamos tomando o fresco os dous sós na Praza de Compostela. Despois acompáñame polo camiño á casa. Sentamos nunha parada de bus mentres deixa de chover e logo separámonos. Volta baixar ao centro. Esta muller non dá parado!

E marcho dando brincos lembrando a canción que escoitaba cando era pequeno:
2 x 3 macht 4Widdewiddewitt und Drei macht Neune !!Ich mach' mir die WeltWiddewidde wie sie mir gefällt ....

Maar deze is ook
gggggggggeil!

PS. O Punk non comezou no UK, comezou en Villa Kunterbunt!!!!

No comments: