Monday, October 31, 2005
Have a Bloody Hallowe'en! Un Hallowe'en de moRRRte a todos!
Mouchos, coruxas, sapos e bruxas.
Demos, trasnos e diaños, espiritos das neboadas veigas.
Corvos, píntegas e meigas, feitizos de menciñeiras.
Podres cañotas furadas, fogar dos vermes e alimañas.
Lume das Santas Compañas, mal de ollo, negros meigallos,
cheiro dos mortos, tronos e raios.
Oubeo do can, pregón da morte, fouciño do sátiro e pé do coello.
Pecadora lingua da mala muller casada cun home vello.
Averno de Satán e Belcebú, lume dos cadáveres ardentes, corpos mutilados dos indecentes, peido dos infernais cus, muxido da mar embravecida.
Barriga inútil da muller solteira, falar dos gatos que andan á xaneira,
guedella podre da cabra malparida.
Con este fol levantarei a chamas deste lume que asemella ao do inferno,
e fuxirán as bruxas a cabalo das súas vasoiras, índose bañar na praia das areas gordas.
Oide!Oide os ruxidos que dan as que non poden deixar de queimarse no augardante,
quedando así purificadas.
E cando esta beberaxe baixe polas nosas gorxas,
quedaremos libres dos males da nosa alma e de todo embruxamento.
Forzas do ar, terra, mar e lume,
a vós fago esta chamada,
si é verdade que tedes máis poder que a humana xente,
aquí e agora facede que os espiritos dos amigos que estan fóra,
participen connosco desta queimada.
Sunday, October 30, 2005
Sunday, October 16, 2005
Thursday, October 13, 2005
Monday, October 10, 2005
Sunday, October 09, 2005
Friday, October 07, 2005
Tuesday, October 04, 2005
Quen fose valquiria para danzar ao carón deste Sígurð...
Hai cousa de dúas semanas fun ao cine con Petit Voyeur ver Evil (Ondskan på Svenska). O filme en si é entretido, cabería quizabes agardar máis; por exemplo, o fin é un open ending, mentres que un está a esperar que pase outra cousa... Pero ben, pagou a pena só por ver os grandes beizos deste actor, así como o seu corpo digno dun guerreiro xermánico. ;)
Monday, October 03, 2005
Subscribe to:
Posts (Atom)