Sunday, May 21, 2006

Hard Rock Hallelujah!



E o mundo das tebras cerniuse coa súa escuridade sobre a terra...
A verdade que nunca fun fan de eventos coma o festival de Eurivisión. Paréceme unha parida na busca da canción máis hortera, da cantante feminina que máis carne amosa, ou do cantante masculino que máis aceite perde.
Oín que o xoves había semifinal. Tamén oíra falar dos fineses, como vira algunhas imaxes deles. Mais non sabía se estarían onte na final. Así que decidín botar unha ollada antes de saír da casa. Tiven a sorte de co zapping, saltarme ás Ketchup e máis a maioría de demais mariconadas. Vin a actuación dos Lordi e teño que dicir que me gustou. Pareceume bastante orixinal en comparación con todo o lixo schlager que botan normalmente nesa cocteleira chea de edulcorante artificial. E ademais, pensei para os meus adentros: "Oxalá que gañasen estes". Pero sabendo como funciona ese mundillo, tomeimo máis ben a cachondeo e pasei olimpicamente do Euro Gay(est) Song Contest.
Non sei de que coño se asusta a xente. Que pasa, que uns guedelludos non poden ir ao festival?! E o de que se son satánicos... Hai que ser bastante paifoco. Para min, a fin de contas, non deixan de ser outro produto comercial. Porque, por sorte ou por desgraza, eu teño escoitado bastante hard rock e hard core polos sitios polos que saio, e direi que non me gusta esa música, pero o dos Lordi é bastante light en comparación con moitos outros grupos. E polo menos eles curraron para buscar uns traxes e uns fogos artificiais para facer unha boa posta en escena que resultase orixinal, chamativa, e diferente!
"Hard Rock Hallelujah!"

3 comments:

arroaz (Tursiops truncatus) said...

Ademais, resulta bastante patético ver como a inmensa maioría de estados europeos, algúns que contan con varias linguas oficiais (pois xa sabemos o que acontece coas que non o son...), levan como representantes a grupos que interpretan cancións en inglés. Por Deus, para que queremos a diversidade e riqueza da que ás veces presumimos en Europa. Realmente nos interesa?
Eu penso que non. Senón non mangonearían as linguas minorizadas e minoritarias como o fan, e farían o esforzo de, polo menos unha vez ao ano, sacar esa riqueza lingüística e cultural a escena, aínda que só fose das linguas que son oficiais.

PS. Rin a escacha cando presentaron a actuación de Andorra, estado no que a lingua oficial é o catalán, e a cal foi empregada onte en Eurovisión. Descoñezo se así o teñen feito noutras ocasións. Pero dende logo, polo menos é un consolo para os pobres cataláns que tiveron que quedar coas ganas hai anos de veren representada a súa lingua en Eurovision por Joan Manuel Serrat. Ironías da vida...

Anonymous said...

No fondo (coma é o caso de Bélxica) resulta máis políticamente correcto enviar una canción en inglés ca nunha das linguas do propio país, xa que entón, os falantes do resto das linguas entrarían en cólera.

Encantoume Finlandia, mais nunca crin que ganharían, xa que son completamente antieurovisivos. Paseino moi ben durante as votacións.

O público grego, en cambio, deixou ver ben que son unha nación de follacabras. Na minha vida vin público mais maleducado.

Mágoa que Andorra non presente, nin presentará nunca, algo mellor. Interésalles estar presentes, porque é unha propaganda moi boa, mais realmente non queren ganhar.

arroaz (Tursiops truncatus) said...

Ähm... Vostede cre??? A min iso de mandar unha canción en inglés vindo dun país no que se falan diferentes linguas paréceme triste, máis que politicamente correcto. Para min sería máis correcto alternar unha lingua por ano, ou senón facer unha mestura de linguas nunha mesma canción. Ou ninguén ouviu falar do multiculturalismo?
Penso que seguir levando cancións en inglés só contribúe ao aumento de sonoro-copias (proliferación de cancións que semellan ser tiradas dunha mesma canción, véxase "fotocopia") e a que siga a existir xenofobia dentro de e entre países (estados sería mellor).
Eu tampouco esperaba que gañasen os finlandeses, segundo son de globalizados na Eurovisión... Foi unha sorpresa grata saber que gañaran. Só vin un par de actuacións e as votacións non as vin, pq nin me interesaban, e pq tiña que marchar de festa.
Que pasou cos gregos que non teño nin idea?
E no canto ao de Andorra, enfin... Non sei que lle respostar... Non vou entrar nese tipo de disertacións filosóficas. Coido que é perder o tempo. Polo menos, mentres non muden as cousas no Euro Gay Song Contest.
Kossar.