Tuesday, January 23, 2007

Brócoli á napolitana contra o cancro de prostata


Científicos norteamericanos veñen de dar a coñecer os resultados da experimentación desenvolvida con ratos; parece que acción conxunta do brócoli e da salsa de tomates frean a reprodución do cancro de próstata, e recomendan aos homes a inxesta diaria de cunca e media de brócoli cunha cunca de salsa de tomate para manterse sans.

2 comments:

makeijan said...

E se tomas moito tomate súbeche o ácido úrico... ó mellor é comer algo de todo.

arroaz (Tursiops truncatus) said...

Sinto os problemas para "postar" os comentarios. Non me dera de conta de que tiña activada a moderación de comentarios. Por iso non entraban.

Si, xa sei que é mellor comer de todo. Ademais, se tivesemos que comer tódolos días o mesmo... E provocaria carencias doutras vitaminas e minerais.
Simplemente recollía a noticia, que me chamou a atención, oíra falar dos beneficios do tomate contra o cancro, mais non do brócoli.