Thursday, April 30, 2009
Novo Mandriva Linux 2009 Spring
Onte saíu da grella a nova versión dispoñible do SO Mandriva Linux. Coñécese co nome de Mandriva Linux 2009 Spring, ou tamén Mandriva Linux 2009.1.
No web da compañía pódese baixar o Live CD, que pode ser usado sen necesidade de instalalo no disco duro. Tamén existe a posibilidade de baixalo en formato DVD, mais isto requere máis espazo e non pode ser empregado como un Live CD.
Para máis información cliquen aquí.
Etiquetas:
linux,
live,
mandriva,
Mandriva Linux 2009 Spring
Tuesday, April 28, 2009
Richard Stallman en Vigo
O vindeiro xoves 30 de abril de 2009 estará en Vigo para dar unha conferencia no Auditorio do Centro Cultural Caixanova Richard Stallman (tamén coñecido coma rms polos geeks).
Stallman lanzou o Proxecto GNU para crear un sistema operativo Unix-like .
A visita de rms a Vigo coincide coa entrega de diplomas aos alumnos que cursaron o Máster de Software Libre da Fundación Caixanova no curso 2007-2008.
Imaxe tirada da wikipedia, a onde foi cedida por Chrys cunha licenza Creative Commons de Recoñecemento 2.0 Xenérica.
Máis información no web do GALPon.
Os galeses poderán incorporar o dragón vermello na matrícula dos seus vehículos
Segundo informa a BBC no seu web, dende o luns 27 de abril de 2009 é legal que os conductores galeses engadan un emblema co dragón vermello á matrícula dos seus vehículos. Asemade, permítese tamén poñer o nome de Gales, en inglés ou en galés; Wales e Cymru, respectivamente.
Para que isto puidese ser legal, foi necesaria unha emenda no regulamento británico de vehículos. O cal tamén permite que o resto de británicos poida empregar a Union Jack, a Cruz de San Xurxo, e a bandeira escocesa.
Ligazóns
Artigo: http://news.bbc.co.uk/2/hi/uk_news/wales/8018432.stm
Imaxe: http://en.wikipedia.org/wiki/File:Photo_of_Y_Ddraig_Goch.jpg
Etiquetas:
bandeira,
Cymru,
England,
Escocia,
Gales,
GB,
matrícula,
país,
rexión,
Scotland,
Scottish Saltire,
St George's Cross,
UK,
Union Flag,
Wales,
Y Ddraig Goch
Sunday, April 26, 2009
Os berlineses rexeitan a materia de relixión
Hoxe tivo lugar un referendo no land alemán de Berlín; nel estaban chamados os cidadáns berlineses a decidir se aprobaban ou rexeitaban unha proposta que pretendía incluír a materia de relixión como obrigatoria no currículo educativo dos estudantes. Paradoxalmente, Berlín é o único land alemán onde a materia de relixión non é obrigatoria, senón optativa. Os estudantes alemáns cursan relixión evanxélica, católica, islámica, etc., dependendo da súa confesión relixiosa (ou da dos seus pais). Porén en Berlín estudan como materia obrigatoria ética, dado que os políticos consideraron hai uns anos que esta materia se adecuaba mellor para educar aos rapaces dunha metrópole multiétnica na tolerancia e no respecto ao outro.
Por outra banda, Berlín é unha das poboacións alemás con maior número de persoas ateas ou non relixiosas. Isto débese en parte ao ateísmo promovido polo goberno da RDA.
Etiquetas:
2009,
Berlin,
Berlín,
referendo materia relixión,
referendum,
religion,
Volksentscheid
Friday, April 24, 2009
Wednesday, April 22, 2009
6 días para a saída do novo Mandriva Linux 2009.1
Quedan 6 días e 20 horas para que a nova versión do SO Mandriva Linux, chamada Mandriva Linux 2009 Spring, saia da grella e estea oficialmente dispoñible para baixar e queimar.
Previamente, a versión Mandriva Linux 2009 Spring está dispoñible para baixar e para ser probada polo testers e developers que contribúen na súa mellora depurando bugs.
Etiquetas:
linux,
Mandriva Linux 2009 Spring
Friday, April 10, 2009
Monday, April 06, 2009
Ciclo de Cinema Ateo
A CNT está a organizar durante esta semana o Ciclo de Cinema Ateo no Cine Clube Utopía Cinema, na rúa Pracer 19, Vigo.
Etiquetas:
Ciclo de Cinema Ateo,
Cine Clube Utopía Cinema,
CNT,
Semana Santa 2009
Saturday, April 04, 2009
Subscribe to:
Posts (Atom)