Tuesday, April 28, 2009

Richard Stallman en Vigo





O vindeiro xoves 30 de abril de 2009 estará en Vigo para dar unha conferencia no Auditorio do Centro Cultural Caixanova Richard Stallman (tamén coñecido coma rms polos geeks).
Stallman lanzou o Proxecto GNU para crear un sistema operativo Unix-like .
A visita de rms a Vigo coincide coa entrega de diplomas aos alumnos que cursaron o Máster de Software Libre da Fundación Caixanova no curso 2007-2008.

Imaxe tirada da wikipedia, a onde foi cedida por Chrys cunha licenza Creative Commons de Recoñecemento 2.0 Xenérica.
Máis información no web do GALPon.

No comments: