Monday, December 14, 2009
Sunday, December 06, 2009
Nina Hagen - "Auf'm Friedhof"
No cemiterio!!!
Gott ist tot!!!
Gott ist tot!!!
Etiquetas:
Auf'm Friedhof,
Deutscher Punk,
nina hagen,
nina hagen band,
punk,
punkarra,
punkys,
Rockpalast
Gianna Nannini - "America"
Ains... Onde van os 80... Por que hoxe en día non nos chegan cousas así de Italia??? Se é que algunha vez chegaron... Sempre as mesmas pasteladas...
Etiquetas:
America,
Gianna Nannini,
Italian rock,
rock,
rock and roll
Tuesday, December 01, 2009
Saturday, October 31, 2009
Thursday, October 15, 2009
Wednesday, October 07, 2009
Siouxsie and the Banshees- "Love in a Void" (Live in 1979)
This I luv!
Etiquetas:
New Wave,
punk,
Siouxsie,
Siouxsie and the Banshees,
Siouxsie Sioux
Friday, August 28, 2009
Luigi Bernauer- "Johnny, wenn du Geburtstag hast"
Velaí vai algo que acabo de atopar por casualidade e que me chamou moitísimo a atención. É unha canción de Marlene Dietrich, mais neste caso versionada por un cantante de cabaret vienés, que tendo en conta o contido desta canción, e máis destoutra, debía de ser gai.
PS: Eugen! (ich möcht' so gern mit dir ins Heu geh'n) quere dicir: Uxío! (gostaría tanto de ir ao feno contigo).
PPS: A canción remata con esta rima: Eugen, sei doch nicht zu scheu und komm ins Heu! (Uxío, non sexas tan tímido e ven ao feno!)
Etiquetas:
gay cabaret,
Marlene Dietrich,
schwules kabarett
Monday, August 24, 2009
Sunday, August 16, 2009
Siouxsie & the Banshees- "The Staircase (Mystery)"
This I luv!
Etiquetas:
punk,
Siouxsie,
Siouxsie and the Banshees,
Siouxsie Sioux
Sunday, June 07, 2009
Saturday, May 16, 2009
Tuesday, May 12, 2009
Monday, May 11, 2009
Siouxsie and the Banshees- "Cascade"
Unha canción que non dou sacado da cabeza...
Etiquetas:
80's,
New Wave,
punk,
Siouxsie and the Banshees
Thursday, April 30, 2009
Novo Mandriva Linux 2009 Spring
Onte saíu da grella a nova versión dispoñible do SO Mandriva Linux. Coñécese co nome de Mandriva Linux 2009 Spring, ou tamén Mandriva Linux 2009.1.
No web da compañía pódese baixar o Live CD, que pode ser usado sen necesidade de instalalo no disco duro. Tamén existe a posibilidade de baixalo en formato DVD, mais isto requere máis espazo e non pode ser empregado como un Live CD.
Para máis información cliquen aquí.
Etiquetas:
linux,
live,
mandriva,
Mandriva Linux 2009 Spring
Tuesday, April 28, 2009
Richard Stallman en Vigo
.jpg)
O vindeiro xoves 30 de abril de 2009 estará en Vigo para dar unha conferencia no Auditorio do Centro Cultural Caixanova Richard Stallman (tamén coñecido coma rms polos geeks).
Stallman lanzou o Proxecto GNU para crear un sistema operativo Unix-like .
A visita de rms a Vigo coincide coa entrega de diplomas aos alumnos que cursaron o Máster de Software Libre da Fundación Caixanova no curso 2007-2008.
Imaxe tirada da wikipedia, a onde foi cedida por Chrys cunha licenza Creative Commons de Recoñecemento 2.0 Xenérica.
Máis información no web do GALPon.
Os galeses poderán incorporar o dragón vermello na matrícula dos seus vehículos

Segundo informa a BBC no seu web, dende o luns 27 de abril de 2009 é legal que os conductores galeses engadan un emblema co dragón vermello á matrícula dos seus vehículos. Asemade, permítese tamén poñer o nome de Gales, en inglés ou en galés; Wales e Cymru, respectivamente.
Para que isto puidese ser legal, foi necesaria unha emenda no regulamento británico de vehículos. O cal tamén permite que o resto de británicos poida empregar a Union Jack, a Cruz de San Xurxo, e a bandeira escocesa.
Ligazóns
Artigo: http://news.bbc.co.uk/2/hi/uk_news/wales/8018432.stm
Imaxe: http://en.wikipedia.org/wiki/File:Photo_of_Y_Ddraig_Goch.jpg
Etiquetas:
bandeira,
Cymru,
England,
Escocia,
Gales,
GB,
matrícula,
país,
rexión,
Scotland,
Scottish Saltire,
St George's Cross,
UK,
Union Flag,
Wales,
Y Ddraig Goch
Sunday, April 26, 2009
Os berlineses rexeitan a materia de relixión
Hoxe tivo lugar un referendo no land alemán de Berlín; nel estaban chamados os cidadáns berlineses a decidir se aprobaban ou rexeitaban unha proposta que pretendía incluír a materia de relixión como obrigatoria no currículo educativo dos estudantes. Paradoxalmente, Berlín é o único land alemán onde a materia de relixión non é obrigatoria, senón optativa. Os estudantes alemáns cursan relixión evanxélica, católica, islámica, etc., dependendo da súa confesión relixiosa (ou da dos seus pais). Porén en Berlín estudan como materia obrigatoria ética, dado que os políticos consideraron hai uns anos que esta materia se adecuaba mellor para educar aos rapaces dunha metrópole multiétnica na tolerancia e no respecto ao outro.
Por outra banda, Berlín é unha das poboacións alemás con maior número de persoas ateas ou non relixiosas. Isto débese en parte ao ateísmo promovido polo goberno da RDA.
Etiquetas:
2009,
Berlin,
Berlín,
referendo materia relixión,
referendum,
religion,
Volksentscheid
Friday, April 24, 2009
Wednesday, April 22, 2009
6 días para a saída do novo Mandriva Linux 2009.1
Quedan 6 días e 20 horas para que a nova versión do SO Mandriva Linux, chamada Mandriva Linux 2009 Spring, saia da grella e estea oficialmente dispoñible para baixar e queimar.
Previamente, a versión Mandriva Linux 2009 Spring está dispoñible para baixar e para ser probada polo testers e developers que contribúen na súa mellora depurando bugs.
Etiquetas:
linux,
Mandriva Linux 2009 Spring
Friday, April 10, 2009
Monday, April 06, 2009
Ciclo de Cinema Ateo

A CNT está a organizar durante esta semana o Ciclo de Cinema Ateo no Cine Clube Utopía Cinema, na rúa Pracer 19, Vigo.
Etiquetas:
Ciclo de Cinema Ateo,
Cine Clube Utopía Cinema,
CNT,
Semana Santa 2009
Saturday, April 04, 2009
Thursday, March 26, 2009
Tuesday, March 10, 2009
The Ghastly Ones- "Fuzzy & Wild"
A calidade de imaxe deste vídeo é mala, pero o son é bastante bo (en comparación cos outros vídeos que hai desta canción).
Etiquetas:
Fuzzy and Wild,
psychobilly,
surf music,
The Ghastly Ones
Saturday, March 07, 2009
Tuesday, March 03, 2009
Sunday, March 01, 2009
Algo cheira a podre nesta país... A peido de vaca!!!

Mellor que se absteñan de chorar, porque eles mesmos o estragaron. Tiveron a oportunidade de faceren un verdadeiro cambio de rumbo no goberno da Xunta, e o único que fixeron foi o parvo; o un, un parvenu cos seus aires altivos mangoneando á xente e sen saber como facer as cousas; e logo, o outro, o das amazides bizarras, con falta de liderado e na póla. Un aplauso para eles os dous!
Dáme que a lexislatura que comeza vai ser un chisco movida. Coido que escoito o eco provinte do rebumbio dalgunha manifa...
PS: Pois a min os feixóns caenme pesados no estómago e danme uns gases terribles...
Etiquetas:
eleccións autonómicas 2009,
fedor,
feixóns,
langráns,
moinantes
Friday, February 27, 2009
Frank Zappa- "Muffin Man"
Voor een kleine vrouw. ;)
Esta é unha das miñas cancións preferidas.
Esta é unha das miñas cancións preferidas.
Etiquetas:
70's,
American Rock,
Drury Lane,
Frank Zappa,
Muffin,
Muffin Man,
rock
Friday, February 20, 2009
Monday, February 16, 2009
Wednesday, February 11, 2009
O Goberno de Nova Zelandia e os maorís saldan contas
Segundo informa a BBC, o goberno neozelandés pagará 300 millóns de dólares neozelandeses a oito tribos maorís por apropiación ilegal de terras hai máis de 150 anos.
Asemade, o goberno recoñece tamén que o creador da danza haka foi o xefe Te Rauparaha, quen a inventou para celebrar que escapara da morte nunha batalla. Por iso, o goberno recoñece a propiedade/os dereitos do haka aos Ngâti Toa, a tribo á que pertencía o xefe Te Rauparaha. Por outra banda, o goberno tamén recoñece que Te Rauparaha estivera detido en 1846 durante 18 meses sen ser xulgado.
Etiquetas:
Aotearoa,
haka,
maori,
maorí,
neozelandés,
new zealand,
Ngati Toa,
Nova Zelandia,
Te Rauparaha
Monday, February 09, 2009
Mr Whiz- Galician Rockabilly with American Flavor
O concerto dos vigueses Mr Whiz o sábado 7 na sala Contrabajo estivo xenial. A música foi moi boa. O único inconvinte, o reducido e estreito espazo do local.
Confío en que sexa mellor o 2 de abril na Fábrica de Chocolate. Non pola música, senón para poder mover libremente un pouco o pandeiro ao ritmo da música.
Etiquetas:
Mr Whiz,
rock,
rock and roll,
rockabilly,
Vigo
Saturday, February 07, 2009
Thursday, February 05, 2009
Subscribe to:
Posts (Atom)



