Thursday, February 24, 2005

Where's the mic?

Rendez-vous cun descoñecido. Soirée de reflexión metidos nunha cova falando das nosas vida, do pasado, intercambiando opinións, entregándonos ao marujeo e aos díxome-díxomes, cuspindo H2SO4. Falamos de chanchullos políticos, de blogueiros egocéntricos, aspirantes a escritoruchos, do baleiro na música e literatura galegas, da televisión (de calidade e lixo), de neofalantes que van de native speakers, de narcisos suicidas, de culturetas monolingües, de louk@s namoradiz@s, de civilizad@s ilustrad@s e alcolizad@s, dos guiris; compendio en herpetoloxía centrado en Quetzalcóatl, nas víboras, cobras e demais especies e subespecies de serpes rastreiras.

Tuesday, February 22, 2005

Incertidume

Tras os resultado obtidos no referendo que tivo lugar no Reino de España, non sei se cortar as veas... ou se deixalas longas... O mellor de todo é que o ZP anda por aí a se vangloriar do apoio ao "Si", que segundo el conseguiu dos cidadáns españois. Tamén andaron a dicir que se fora un apoio ao "Si" por maioría abrumadora. Abrumador coma o número de votantes abstencionistas? Ou abrumador coma a súa frialdade e manipulación? Hai que ter papo para dicir tal! A isto lle chaman democracia?! De que van? E a onde carallo iremos parar???
Xa coñecen a cancionciña... "a mesma merda é!!!".

There's no lark...

Countdown aborted... Plunge next Sept.

Friday, February 18, 2005

Café vienés

Wednesday e Mercurio agardan por min no coche. Vaia! Estou impresionado. Normalmente son eu o que chega primeiro e ao que lle toca agardar pol@s demais. Monto no coche e imos na procura dunha praza para aparcar preto da miña casa.
Baixamos andando cara ao centro.
O cachondeo comeza xa sen termos probado o alcol. Falamos de amores pasados. Do tola que está a maioría da xente... Comentamos a actuación estelarmente corrosiva dos rapaces de CQC. Un aplauso, donas e cabaleir@s! Levaba bastante tempo sen rir tanto. Encantoume a reportaxe especial a Fraga. O pobre reporteiro intentou achegarse a el en varias ocasións, nunha delas cun super-mega-condón cubrindo o micro; Fraga non se deixaba... Despois conseguiu achegarse ata el, pero desta vez non levaba o condón ese que lle quedaría grande ata o negro máis "potente"; tentou facer entrega dun condón laranxa (cor dos im-PoPulares), mais Fraga rexeitoullo, pois el é todo un home, e el non usa diso. Díxolle: "Métaselo donde le quepa"; ao cal o rapaz contestoulle audaz que aínda non medira o diámetro. Outro aplauso para o reporteiro polo seu par e pola súa audacia!!! Tamén a entrega especial que se lle fixo a Mrs Anzar durante un desfile da Pasarela Cibeles; unha nova variedade de froita, metade pera, metade mazá. Para que Mrs Anzar vaia aprendendo a manter o bico pechado e a non dicir máis parvadas. Ah, por certo... A Mrs Anzar non lle sentou moi ben... Aínda que finxiu que lle resultara divertido co seu sorriso de coello (cuestión xenética? os coellos séntense atraídos polo tamaño dos dentes e polo bigote?).
Lévoas de excursión. Hoxe é a primeira vez que entran na cova. Encántalles a decoración e atmosfera que alí se respira, tan de seu.
Se xa andaba un pouco descontrolado cos meus chistes tamén corrosivos :D , comezan a saírme máis cousas pola boca cada vez con máis contido de H2SO4 a medida que bebo a primeira cervexa, que se precipita cara a miña cabeza...
Mercurio e máis eu puteamos a Wednesday pola súa relación cun mariñeiro... ela di non sei que de que non é o mesmo un mariñeiro ca un pescador... que só o pescador leva peixe á casa. Eu lle contesto que teñen algo en común, que os dous comen bacallau na casa. :D Escachamos os tres.
Marchamos a outro local. Wednesday necesita meterse algo na boca... o seu estómago comeza a bruar.
Levanto cartos dun caixeiro e lévoas a unha pequena bocatería. Polo camiño Mercurio e Wednesday comezan a picarse mutuamente. Eu comezo a falarlle en italiano a Mercurio e ela dáme co cóbado, porque non quere que Wednesday saiba do seu babeo por un bello ragazzo durante a súa estadía en Polszkýlandia.
Wednesday e máis eu papamos dous bocatas de serrano (ñam-ñam-ñam...).
Despois descubrimos un café-pub... Non me lembro do nome... Entramos. Está baleiro, pero é moi acolledor. Está todo pintado de branco coa maioría de mobles retro de cor vermella. Sentamos nun sofá vermello de algún tipo de material sintético que brilla... Wednesday pide un café au lait e Mercurio e máis eu pedimos un café vienés (café, coñac e nata). O café resultame bastante forte... Á parte non acostumo a tomar café. Despois de botarlle dous paquetiños de azucre xa está bo. :)
Fágome unha foto con Mercurio. Parecemos dous aparvados peneques...
Marchamos de volta. Sniff!!!
Ben, vou copiarlle ao dot iso de pór unha canción...
Original Sound Track: "Ég veid ei hvað skal segja" contained in Gling-Gló with Björk Guðmundsdóttir og Tríó Gu­ðmundar Ingólfssonar. 1990

Wednesday, February 16, 2005

Publicidade subliminal (?)

Hoxe ao ir paseando por Urzáiz entroume a dor de cabeza ao escoitar a publicidade subliminal a favor do "Si" no referendo (este que xa me está enchendo...). Proviña duns altofalantes situados no edificio onde o PSdG-PSOE ten unha sede. Xa non saben o que facer por conseguir un voto. Non se dan de conta do que molesta aos peóns o ruído duns altofalantes barateiros que só meten ruído? Que pasa, que iso non é contaminación acústica? Non chega xa con toda a merde coa que nos bombardean na televisión, radio e toda a propaganda que nos mandan á casa?
Non temos dereito á tranquilidade? A que non se nos manipule?

Tuesday, February 15, 2005

Sementando o medo.

Hoxe ao mediodía vin a campaña do PP en favor do "Si" no referendo ao que tódolos cidadáns do Reino de España maiores de idade estamos convocados. Hai cousas que nunca cambian, de feito a súa estratexia de tentar sementar o medo entre a poboación coa súa propaganda de que se votamos o "Non", estaremos nas mans da violencia, do terrorismo, radicalismo... ben, o que os populares sempre relacionan coa esquerda e co nacionalismo. Teñan coidado que despois Deus os castigará... Ehem...
E claro, para que non desentonase, a propaganda estaba feita en galego, cun "Sí" escrito en castelán, e cun Mariano Rajoy, galego ilustre de seu... Falando en castejano. Como non... Eu cría que para ser funcionario da Xunta hai que saber falar e escribir galego, non? Seica o esqueceu na súa andaina por terras castejanas? Ou realmente nunca o falou nin é tan galego como el se cre?
Que opina o pobo?
A do BNG segue tamén igual ca sempre; coas súas vaquiñas, campesiños, mariñeiros, e a nota progresista é unha fábrica da industria téxtil. Ehem... Tamén. Enfin... No comments.
E a do PSdG-PSOE non tiven o privilexio/perda de tempo de vela. Pero como xa sabemos o que hai...


A proposta gastronómica do día é: Filloas de sangue de porco acompañadas de Ron Casique

PS. Miñas queridas Carapuchiñas Vermellas, teñan coidado cos lobos... e coas lob@s, que tamén son moi perigos@s, cando volten ás súas casas por eses camiños escuros...
Auuuuuuuuuuuuuu!

Monday, February 14, 2005

Wären Freuds Ideen in Österreich geblieben

4 Days remaining for countdown... "What a lark!" Hahaha... "What a plunge!"

Thursday, February 10, 2005

Milagre!

Veño de ollar as novas que aparecen hoxe en La Voz de Galicia e o Faro de Vigo. E acabo de quedar un tanto, só relativamente..., pasmado.
Existimos, donas e cabaleiros! Hai alguén que non nos ignora.
Como vén nun
artigo da Voz, Bruxelas engadiu o Aeroporto de Vigo dentro do grupo de aeroportos que poderán contar coa oferta de voos a baixo prezo. Para que outros tomen nota...
Isto sucede despois de que os
dummies do goberno autonómico decidisen favorecer, apuntando co dedo e previo xeneroso pago, á cidade d'A Coruña para á implantación da aeroliña Easy Jet, e non en Vigo, onde tería seguramente máis demanda polo maior número de viaxeiros; e despois de que Ryan Air optase polo aeroporto de Santiago de Compostela, xa que é o único que abre as 24 horas; e claro, como AENA négase a abrir Peinador as 24 horas... Así estamos.
Aínda que de pouco nos vai servir... Das compañías de baixo prezo que quedan, ningunha está interesada por Vigo.
Non chega con termos xa a
Iberia, Spanair e Air France en Peinador; necesitamos que veñan as low cost airlines. Xa está ben de tanto favoritismo e de varrer para a casa!
Menos mal que aínda os hai con miolos. A direción de Air France Régional, os únicos que apostan realmente por Vigo, confirmou a Faro de Vigo que aos seus avións se lles incluirán os instrumentos necesarios para manobrar con néboa e curta visibilidade.

Calorciña

Qué agradable resulta tomar os raios de sol... e máis tendo en conta o frío que resultou, e como aínda non rematou, está a resultar este inverno.
Agradécese sentir un pouco de calor. É como voltar á vida...

Saturday, February 05, 2005

Hypnotic Eyes

Threatening mysterious tree shades in the perpetual darkness of a wood on an obscure fall night on my way uphill along never ending path full of crunchy leaves. I can't see about five meters beyond me. A sudden lightening, followed by a harsh thunder, invades it all. More lightening and thunders come later every minute, but it's not raining. My blood is throbbing in my veins. I shiver with the blowing of freezing breeze. I'm frightened. I feel that there's something hidden in the wood, observing me, watching me, following my steps. I don't know what it is. I look around, but see nothing. The path turns to the right. Another thrilling lightening lets me see the figure of a tall, pale, dark-haired man dressed in black. He stares at me with his hypnotic grayish-blue eyes. I'm paralyzed; I'm unable to move. Darkness falls again followed by the deafening sound of another thunder. I don't see him anymore, but I still feel his presence. My heart beats harder and harder, it's going to explode. I cannot move. I cannot breathe. I can feel that something that scares me is about to happen. He's behind me. He takes me in his arms, and for some reason I can't explain; I want him to, I want him to hold me in his arms. I desire it. I wish to meld me with him. I feel sick, intoxicated, flying over the city. Then, I realize he has carried me to his lair. We are sitting on a bed. I can't help gazing at his eyes. He begins with a kiss in my mouth, then another and another. I don't move, I don't him to stop. He licks my neck with his tongue and lips all along. It's so pleasing... I scream with pain. He has thrusted his fangs at my neck.
I suddenly wake up violently. I have my heart in my mouth. I'm covered in sweat, sitting on my bed.
But the nightmare is over... for the moment.
(Written two summers ago).

Wednesday, February 02, 2005

God Saves the Vice-Chancellor!

Recentemente souben que a Universidade non paga a algúns bolseiros que traballan nas aulas de informática que teñen algunhas faculdades...
Moi ben! Un aplauso señoras e señores...
E como a bolsa xa debe de ser tan alta... Polo que me contaron onte, vía díxome-díxome, non deben de chegar nin aos 200 € ao mes... Vamos, que non lles dá nin para esquecer as penas con alcohol.
Mentres tanto o reitor anda a "ameazar" con cambiar o ano académico; comezando as clases o 1º de setembro, realizando os exames de febreiro antes do Nadal, adiantando os exames de xuño e xullo, e pasando os exames de setembro a xullo. Di que así os alumnos poderían desfrutar dun mes enteiro de vacacións (agosto) e que é o modelo europeo. A quen se lle conte... Aiss... Quen vai estudar en pleno mes de xullo???!!!! Que estamos no sur de Europa!!!! O resto de europeos tamén teñen mellores universidades, mellores oportunidades de emprego e maiores axudas.
Menos mal que aquí o reitor non é como unha cousa que me contou a Mercurio. Contoume que nunha universidade na que estivo ela en Polszkýlandia, o reitor era un bispo e unha vez ao mes daba un discurso, ao cal acudían tódolos alumnos, con alfombra vermella incluída. (Noutro post contarei máis perversións que se fan nese estraño lugar).
Como dicían os alumnos de Tradución nas súas manifestacións protestando pola supresión de créditos que foran asignados segundo o seu plano de estudos:
"Onde van os nosos cartos?"
Iso ninguén o sabe. Ou si?
De que nos serve gastarmos unha morea de cartos en encementar o deforestado monte, crear un super-centro-comercial que resulte frío á xente, contratar un super-espectáculo para inaugurar a nova Cidade Universitaria... que curiosamente a ninguén lle gustou. (Desgrazadamente eu estaba abwesend, e non o puiden ver...)
E claro, se xa tiñamos pouco con que os ordenadores da universidade furrulen fatal, non se poida imprimir na sala de ordenadores da biblioteca central (iso sen ter en conta que os PC's alí están todos cascaos), con que se invistan máis cartos nas faculdades de enxeñerías ou ciencias...
Menos mal que na biblioteca aínda van entrando libros... Iso si, que a ninguén se lle ocorra a pretensión de facer un estudo lingüístico sobre... Non sei... Variedades do inglés distintas ao American English, British English ou Australian English (e iso forzando a cousa...)
Claro, porque o futuro está nas ciencias e nas tecnoloxías. Iso dicían hai cousa duns anos...
Por iso preferen que os futuros científicos e enxeñeiros escriban con erros ortográficos e sintácticos os seus informes, ou non se poidan comunicar con colegas seus estranxeiros, porque grazas ao investimento do Estado, Xunta e da Universidade son "monolingües"; e claro, o luxo de pagar a un tradutor ou intérprete, que non se nos pase pola cabeza!
Ben, isto era así ata hai pouco. Porque o Futuro era un futuro a curto prazo; isto é, no momento en que se lles ocorreu afirmar tal facto e uns poucos anos despois.
Agora mesmo como un non sexa enxeñeiro dalgunha especialidade que estea realmente demandada, vai de carallo. Os famosos enxeñeiros en telecomunicacións xa non atopan traballo e colman as listas do paro. En ciencias supoño que a cousa debe de ser similar, e esta vén aínda de máis longo.
Pois iso, o dito. Falaban dun futuro a curto prazo. En inglés, chamado de xeito errado, británico, existen dous tipos de future. In future que quere dicir simplemente no futuro, como o pode facer a palabra futuro en galego ou castelán, e in the future un futuro no que se comeza a contar dende o momento no que se está a falar.
Pero despois do Futuro hai algo?
Que eu saiba temos Pasado, Presente e Futuro. (Eng.=Past, Prent, Future; Franç.= Passé, Présent, Futur; D.= Vergangenheit, Gegenwart, Zukunft; etc...)
Disque os pobres chineses e xaponeses só teñen dous aspectos: un para o pasado e outro que se emprega tanto para o presente como para o futuro. Que futuro nos agarda!
Entón se hai algo máis aló do Futuro, de que estamos a falar?
Non me decato de ningunha palabra en ningunha lingua...
Ah, si! Coño! En galego hai unha para un tempo verbal de noso! O Futuro Hipotético! (Un dos nomes cos que se coñece o Infinitivo Conxugado).

PS.Como se chama en portugués?