Showing posts with label mandriva. Show all posts
Showing posts with label mandriva. Show all posts

Thursday, April 30, 2009

Novo Mandriva Linux 2009 Spring



Onte saíu da grella a nova versión dispoñible do SO Mandriva Linux. Coñécese co nome de Mandriva Linux 2009 Spring, ou tamén Mandriva Linux 2009.1.
No web da compañía pódese baixar o Live CD, que pode ser usado sen necesidade de instalalo no disco duro. Tamén existe a posibilidade de baixalo en formato DVD, mais isto requere máis espazo e non pode ser empregado como un Live CD.

Para máis información cliquen aquí.

Friday, October 10, 2008

Mandriva's New Release: Mandriva 2009



A distribución de SO de Linux Mandriva vén de sacar a súa nova versión. Esta nova versión inclúe o novo escritorio KDE 4, que supón un salto notable dende o KDE 3.5. Asemade inclúe o file manager chamado Dolphin, substituíndo o Konqueror. Disque o Dolphin é máis lixeiro.

So whatcha waitin' for? Download and burn baby burn!

Tuesday, March 18, 2008

Mandrivando

Pasei a fin de semana entrando e saíndo continuamente.
O venres á noite saín cun amigo dar unha volta cando aínda era cedo. Estivemos rompendo a cabeza pensando a que sitios íamos entrar, basicamente, porque temos gustos opostos en xeral, agás que os dous nos gusta un local de rock.
Pois nada, tiñamos a intención de entrarmos nun local co nome de "The Bedroom". O meu amigo é hetero e aínda non sabe un "pequeno" e sutil detalle de min... E claro, cada vez que ve unha inglesa, vánselle os ollos tras ela. Ademais, cos tetos leiteiros que gastan por estas terras, normal que lle chame a atención visualmente. Á parte, de que sempre van vestidas coma pendangas.
A min pásame o contrario, é ver un louro, un ginger, un moreno, un tío co pelo castaño, un negro, un asiático de oriente lonxano ou próximo, e é que me poño peeeRRRRa. Pero claro, mentres non saia da fase autista, non vou catar nada.
Ao gran, cando íamos entrar ao local, sae un grupo de rapazas con vestidos de leopardo por enriba do xeonllo, cunhas pintas finas finas. E chego eu á porta, e o porteiro espétame "No trainers!!!". Déronme ganas de meterlle unha contestación para deixalo no sitio. Pero pasei, é mellor pasar dos mongoles retrasados ignorantes analfabetos.
Así que "No trainers, but bitches allowed". Vaia hipocrisía. Pero claro, se non lle van as pendangas ao local, a ver quen lle vai querer ir.
Fomos a un local con xente de todas partes do mundo no cal había un grupo de homes orixinarios de algunha rexión do Indostán que estaba a bailar e estábano a pasar caralludamente. Un deles, polo xeito de moverse, era unha especie de Michael Jackson con sotaques de folclore tradicional asiático. Nun momento achégaselle unha tipa bastante guapa e botan un dánsing con paixón (polo baile).
O sábado vén cear este rapaz coa súa compañeira de piso, unha bretona medio pirada, e un amigo del.
Despois da cea, paso a noite instalándolle Mandriva no seu portátil. O cal non resultou moi doado que digamos. Estou acostumado ao meu ordenador, e toleei buscando o xeito de poderlle modificar a BIOS para poder facer un boot dende o CD.Á parte tiven a axuda guiada de Capito polo meu ordenador, que me estaba a dicir os pasos que debía dar. Aínda que eu puxera Mandriva no meu portátil, cando o fixen foi un pouco sen interese, ademais, estaba desexando cargarme o windows, aínda que non o fixera ao final.
Vou para a cama ás 5.
O domingo pásoo limpando a merda que algúns semellan non ver... Mais, para que, porque chega a noite, e comeza a emporcar outra vez denovo.
Á tardiña vou a casa do novo linuxero intentar configurarlle o Mandriva, mais témolo que aprazar, porque hai erros ao instalar os repositores e faise tarde.
Para pagarme, convídame a ir cear a un local pequeno que hai na miña rúa. Pedimos dous döner, e podo dicir que son os primeiros bos que probo dende que estou in England. Os que probara antes era para botar as tripas. Ademais, que é iso de especiar o polo con esa cousa vermella???

Tuesday, March 11, 2008

Paso a Mandriva


En febreiro comecei a buscar información doutras distribucións de Linux, e vin dúas que me parecían máis atractivas; Fedora e Mandriva. Entrei nas webs oficiais, e decidinme a baixar o Live CD de Mandriva.
O interesante do CD de Mandriva é que podes empregar o sistema operativo sen necesidade de instalalo, e permite conectarse a internet sen ningún problema.
Ao final, decídome a cambiar Ubuntu por Mandriva KDE, máis atractivo visualmente, con mellores programas e opcións.
Os primeiros días usando Mandriva paseino un pouco mal, pois vía que me faltaban algunhas cousas ás que me habituara empregando Ubuntu e que botaba moito de menos. Mais a través da axuda doutros usuarios comecei a solventar eses “problemas”, e comecei a botar para adiante. E, a verdade, é que estou moito mellor en Mandriva do que o estaba en Ubuntu; agora non teño que andar a crebar a cabeza cada dous por tres metendo comandos na consola. Todo está mellor pensado e resulta máis doado de usar.
A fin de contas, antes cando usaba Ubuntu, xa empregaba algúns programas de KDE, coma o Amarok e o Kaffeine, que funcionan mellor cós que veñen de serie en Ubuntu.
Ademais, a instalación de Mandriva é moito máis doada. Ben, polo menos coa versión que estou a empregar eu; estas cousas sempre cambian en función dos bits. O escritorio cárgase dende o CD, e se se quere, no escritorio aparece a opción de efectuar a instalación. A instalación dura unha cousa de media hora, e mentres se leva a cabo, un pode andar a navegar por Internet, algo que resulta interesante, para non se aburrir un.