Showing posts with label 20 de abril de 2010. Show all posts
Showing posts with label 20 de abril de 2010. Show all posts

Tuesday, April 20, 2010

Outra ración de pseudoxornalismo de La Voz de Galicia





Pero que teima teñen algúns xornalistas de traducir ao galego o texto coas entrevistas a falantes de portugués cando escriben o resto do artigo en español!!! Que alguén mo explique porque non o entendo.
E o mellor de todo é tropezar cos seus erros cando escriben en galego... É para botarse a chorar.
Xornalismo, ulo???

PS. Por certo, "convoyo" non existe nin en español, nin en galego, nin en portugués!!! En español escríbese "convoy", en galego "convoi", e en portugués é "comboio". Téñase en conta a diferenza no uso e significado destas palabras nas correspondentes linguas...