Showing posts with label inutilidade mental. Show all posts
Showing posts with label inutilidade mental. Show all posts

Friday, December 19, 2008

Vivindo no país dos subnormais profundos.


Bendito estado democrático (???) este no que nacín, no cal o deporte nacional é dar polo cu sen se deixar dar.
Estado ben coñecido pola incompetencia dos seus funcionarios, sexa do tipo que sexa... Aínda que os do INEM teñen o seu aquel. Traballan de 9 a 2. Mais dicir que traballan é moito dicir. Porque o fan con total desgana. O único que lles importa é que a eles lles paguen ao final de mes. Mentres se eles cometen un erro grave contigo, nin che piden desculpas. E aínda por riba tes que aturar o seu ton altivo, como dicindo, por que tiveches que vir ti amolarme?
Unha vez tiven que presenciar como uns funcionarios do Servizo Galego de Colocación andaban a comer bombóns nalgún tipo de celebración privada no canto de atender ao público.
Chiste: Se unha persoa nova ten cotizados 6 meses (máximo 12) á Seguridade Social e queda desempregado, ten dereito a unha xenerosísama axuda de 400€ durante 6 meses. O que un gañou tanto ten, a axuda é simplemente 400€ e durante un máximo de 6 meses. E o clímax do chiste é que se un solicita esta axuda económica, perde os dereitos das súas cotizacións, tendo que comezar a cotizar dende cero.

Despois están as infrastruturas, que moito se laia a Aguirre de que Madrid está a ser marxinido, pero tiña que ver as liñas de alta velocidade e cercanías que temos en Galiza; imaxinarias, evidentemente. E non porque non haxa viaxeiros dabondo para manter as liñas actuais e crear unha rede de cercanías en condicións, senón porque a RENFE, a Adif, e á Ministra, non lles sae de aí... E enriba un ten que aturar as súas borderías e, incluso, mentiras.

Por certo, o Señor Touriño debería facer exame de coinciencia tamén...

Outro chiste: Correos está a levar a Santiago o correo local de Vigo, repito correo LOCAL, para procesalo nunha máquina que centraliza o traballo. Correo que ten ir e voltar, e logo ser repartido. Alguén reparou na perda de tempo que isto supón??? Por que non se douta a Vigo cunha máquina semellante??? Que hai 10 oficinas de correos na cidade, home. No que seguro que non pensaron foi no efecto no medioambiente que isto ten, botando CO2 á atmosfera.

Ala, xa quedei a gusto.

OST: Las Vulpes- Patada en los huevos.