Wednesday, November 30, 2005
Thursday, November 24, 2005
retro-glamour
24-11-05
Por unha vez na vida dende había séculos, xuntámonos por vontade propia, non polo chou, Perphida, Queen of Punk e máis eu. Quedamos no Paseo de Afonso XII, onde eu agardo ás 11 da noite escoitando música e contemplando a panorámica da Ría de Vigo. Tamén hai que prestar atención á presencia de ionkos na zona, for if the flies...
Tomamos unhas cañas nun local de Elduayen, mentres agardamos polo Macho Alpha, o noivo da Perphida, que se auto-proclamou o título de macho dominante, o cal rebatemos Perphida e máis eu con sutís puñadas que merman o seu ego de macho viril. Eu decidín mudar o de dominante por alfa, por ser o nome que están a empregar ultimamente nos documentais de fauna salvaxe.
Logo baixamos ata o Galo dos Ventos, onde seguimos coas cervexas e máis as olivas. Mentres Queen of Punk e Perphida descuten tentando lembrar como se xoga á brisca, o Macho Alpha e máis eu falamos de insultos e como se deben de empregar correctamente.
Queen lévanos despois a un bar que foi aberto nos anos 60. O bar en si ten fama de puticlub; a verdade é que a nós non nolo parece, pero supoño que a determinados individuos retrógrados nunha determinada época (e seguro que aínda hoxe en día) si que llelo pareceu. A cor vermella ten o protagonismo no local, onde aínda perduran obxectos doutra vida pasada (sofás, dous teléfonos de disco, unha guitarra, etc...), ao fondo do local hai un amplo espazo, que nós consideramos sería semellante ao empregado nos guateques. Á esquerda e á dereita hai sofás, no medio a pista de baile, con menos luz que o resto do bar, que xa ten unha atmosfera bastante íntima. Soa música española dos anos 60 e 70, aqueles marabillosos anos... (nos que eu andaba por outro planeta, que diría miña nai...). O ritmo da música invita a bailar, aínda que ninguén de nós o fai, quizabes outro día fagamos festa rachada. Definitivamente, temos que voltar a ese garito.

Wednesday, November 23, 2005
psycho-killers
Sesión de psicanálise. Teño que desprazarme ata o Bronx, e de paso aproveito para facerlle unha visita a Queen of Punk na súa casa.
Recíbeme mentres acondiciona o habitáculo no que vive coa súa nai e unha cadela que sempre está a ladrar, a pesar do seu reducido tamaño...
Comezamos a falar coma aunténticas comadres... Amósame un CD que lle emprestaron de garbage, que compila as súas mellores cancións. Ais... Que recordos daqueles anos nos que nos coñecimos no instituto. Daquela, cando andaba emperrada en tinguir o cabelo de violeta e pintaba os beizos tamén de violeta. Noites de sábado de botellón forzado no Castro. Bailes lascivos no 7-4. Falamos de amores pasados e presentes; dos tíos que nos gustaron e que nos gustan. Do que nos gusta nos tíos e do que non nos gusta. Dende logo, aos dous nos queda claro que non nos gustan os tíos que toman o sexo coma unha rutina planificada, e que nos gustan aqueles tíos con morbo e fantasía, que teñen capacidade de improvisación e son apaixonados, e non só na cama... Na cociña, no salón, no baño, no ascensor... Xa me entenden... ;D
Sunday, November 20, 2005
Solpor dende a faculdade
Thursday, November 17, 2005
Pinoccios fascistas (de extrema dereita, por se non estaba claro...)
O bispo de Xirona vén de asestar un toque (mmm... mortal?) á emisora pirata que máis medo difunde nas ondas deste estado multionacional (se non lles gusta, que lle boten azucre).
Friday, November 11, 2005
Volvo
Mañá partirá do porto de Vigo a Volvo Ocean Race.
A zona centro da cidade e mailo porto xa estaban hoxe ao solpor ateigados de xente.
En principio esperaba ver máis barcos...
A ver que pasa o día de mañá...
Thursday, November 10, 2005
Wednesday, November 09, 2005
Tuesday, November 01, 2005
Subscribe to:
Posts (Atom)