Tuesday, July 24, 2007

Tag der Perversen




A min, sinceramente tanto me ten, o que non entendo moito é que carallo fai un grupo de 100 sadomasoquistas alemáns que se reúnen de cando en vez; o que teñen en común á parte das súa filia, é que son cristiáns. Ehem... (Que alguén mo explique, please). A maioría deles son parellas heteros, os homosexuais son os menos. Eles din que as parellas sadomasokas teñen mellores relacións, e non me refiro ao sexo, porque falan máis. Supoño que non será cando algún dos partenaires ten posto o bozo, ou esa estraña bóla vermella disloca-mandíbulas...

Eu, persoalmente, non creo que por ter unhas determinadas prácticas sexuais se teña unha mellor relación de parella. O sexo influirá, mais non deixa de ser outro dos moitos factores que inflúen, non si?

Saturday, July 21, 2007

Air- "Mer du Japon".