Friday, August 28, 2009

Luigi Bernauer- "Johnny, wenn du Geburtstag hast"



Velaí vai algo que acabo de atopar por casualidade e que me chamou moitísimo a atención. É unha canción de Marlene Dietrich, mais neste caso versionada por un cantante de cabaret vienés, que tendo en conta o contido desta canción, e máis destoutra, debía de ser gai.

PS: Eugen! (ich möcht' so gern mit dir ins Heu geh'n) quere dicir: Uxío! (gostaría tanto de ir ao feno contigo).

PPS: A canción remata con esta rima: Eugen, sei doch nicht zu scheu und komm ins Heu! (Uxío, non sexas tan tímido e ven ao feno!)