Saturday, September 23, 2006

arte impresionista na pel


Teño que recoñecer que as tatuaxes en cor nunca me gustaron. Só en negro, azul escuro que se achegue ao negro, gris ou branco. Pero cando descubrín a Michele Wortman nunha revista de tatuaxes quedei de pedra. Na vida vira algo que fose tan fermoso, e nin se me pasara pola cabeza que se puidese conseguir facer que a pel sexa un lenzo único e xenuíno.


Thursday, September 21, 2006

Stereo Total- Montaxe feita con "Wir Tanzen Im 4-Eck"

Estoutro vídeo montado coa música da canción "Wir Tanzen Im 4-Eck" semella bastante máis cachondo. Lassen wir uns tanzen?
Stereo Total - Wir Tanzen Im 4-Eck

Bailar en cadrado non é nada doado...
Stereo Total- Liebe zu dritt

Uhmmm... Haberá que probar o amor a tres. Que se sentirá?

Sunday, September 17, 2006

Siouxsie and The Banshees - Face To Face

O único salientable da exposición Switch on the Power do MARCO foron os Siouxsie and the Banshees.

Thursday, September 07, 2006

Ken Hirai - Strawberry Sex

Quen o catase!

04/09/06

LAS FELLINI ( NENITA DANGER )
Las Fellini - Caprichossi - El libro de la selva ¿?
Ken Hirai- Rakuen

Aisss... O que é a vida. O youtube permitiume traer á mente vellas lembranzas do pasado, de cando aínda andaba no instituto e me carteaba con Miharu, a miña penfriend de Fukuoka. Sniff...

Wednesday, September 06, 2006

ACO - 悦びに咲く花 (Yorokobi ni saku hana) PV

04/09/06

Björk - Unravel

Monday, September 04, 2006

Rosenstolz - Schlampenfieber live
Reamonn-Supergirl

Sunday, September 03, 2006

Friday, September 01, 2006

Marlango - It's Allright
Marlango - Madness
Marlango - Enjoy The Ride (live on Version Española TVE)

Thursday, August 31, 2006

aco & múm - machi
audioslave - be yourself
Ghayoso en problemas

Tuesday, August 29, 2006

Steindór Andersen and Sigur Rós in Olafsvík

Friday, August 25, 2006

o q pode atopar un na internet...



Xa postos... Que a música sexa un dúo Björk-Tagaq no fondo do mar.

Monday, August 21, 2006

Audioslave - Like a stone

Friday, August 18, 2006

Sigur Rós - Glósóli
Múm ♥♦♣♠ We Have A Map Of The Piano (Shinjyuju Liquid Room)
Jóga - Emotional Landscapes
Björk - Cocoon (Live with musicbox)

bodylecious



Thursday, August 17, 2006

Pizzicato Five - Twiggy Twiggy

Å nøıtë ðõ ğ£æµovR


Quedo coa Tijeritas para irmos buscar á Queen of Punk ao traballo.
Despois a Tijeritas déixanos no centro.
Chegamos ao antro con máis tolos/m2. A festa está concorrida por guedelludos e punkarras. Dentro do local atopamos un grupo de bailarinas do cancán, con traxes hiper-curtos, medias de rede e boas de plumas de mil cores.
Damos cun par de kinkis saídos dalgún bar gay dos anos 70. Un leva unha micro-camiseta rosa descolorido, deixando ao descoberto as súas costas e máis as mamilas, viseira e pantalóns de coiro; baixo os pantalóns, unha tanga de leopardo. O outro leva unha camisola azul super hortera, co colo en pico, ensinando o peito de lobo, bigote, e uns pantalóns cinguidos de raias anos setenta, que dan unha percepción visual coma se o rapaz só tivese pernas.
Tamén hai un grupo de punks coa crista tinguida de rosa. Dous deles, á parte das camisetas de asas, levan saias escocesas, medias de rede e botas. Un deles é un rubio (lat. rubeu) que nos pon coma cadelas en celo á Queen e a min. Mmmf... Ese peito peludo, esas pencas, e esa chiviña... Hot, hot, hot.
Bailamos ao son de La chica ye-yé, Me gusta ser una zorra, Bailando e outros grandes éxitos do petardeo.
Nun momento vexo á Queen, coa miña cámara na man, facendo fotos dende a porta do baño de homes. Achégome ata ela e mexo ao ver ao rubio e a outro punk mazando nos baños. E é que a Queen soubo aproveitar o morado que levaban para convencelos e facerlles unhas fotos, sen que eles, a quen lles encanta xogar coa ambigüidade, sospeitasen nada.
Unha noite fetén!

Concerto dos Franz Ferdinand


Quedo coa Tijeritas nun bar de Castrelos. Anda a xogar ao billar co Potxolada. Despois de botar un par de partidas, pasamos por unha tenda para comprar provisións para o concerto.
Buscamos sitio para pousar o pandeiro nas ateigadas bancadas.
Soan os primeiros teloneiros. Chamativos. A histriónica cantante anima o concerto cos seus berridos de psiquiátrico.
O segundo grupo; ehem... Unha puta merda.
Chega o curmán metrosexual da Tijeritas.
Rematada a segunda actuación, os Franz Ferdinand tardan moitísimo en saír ao escenario. Os asistentes lanzan asubíos de malhumor e perda da paciencia.
Cando se produce a tan agardada aparición, o público das bancadas ponse de pé, desferruxando o body para poñerse a botar coas cancións.
A actuación, a posta en escena e a iluminación son caralludas. O público entrégase por completo e gozan coa actuación; botando, cantaruxando e aplaudindo.
O cantante é a pera cos seus bailes coñeiros, subindo e baixando as pernas.
Ao final do concerto a banda ten que voltar saír ante a insistenza do público, que malia a recompensa final, queda con fame de máis, pero satisfeitos pola actuación.

Convención de xermanistas



Quedo con outro freak que me convida a xantar na súa casa, mentres improvisamos un seminario de lingüística comparativa.
Coñezo a un native speaker dunha peculiar lingua minoritaria.
Escoito falar de costumes antropolóxicos e culinarios semellantes e diferentes entre dúas culturas que viven do mar.
Probo, marabillado, uns exquisitos spaghetti con salsa de tomate, mexillóns e cabazo. Seguimos comadreando sobre lingüística comparativa, música, heavy, música hortera e música gay.
Baixamos unha crema de orujo.
Imos ata un café onde podemos estudar algúns especimes da fauna local.
Camiñando polas rúas atopamos a un músico que toca un estraño instrumento medieval bávaro, que fai soar cando golpea as cordas cun pequeno martelo. Extasiado, escoito un breve concerto dun instrumento que soa dun xeito semellante á harpa. Teño que conter a miña impusibilidade para non lle mercar un CD dos que vende.
Máis tarde acabamos latricando nun café pseudo-cultureta, no que a xente finxe ler libros interesados, mentres che miran por riba do ombro e con cara de estaren molestos porque ti te estás a comunicar con outra persoa.

Centrifugado


Quedo coa Tijeritas. Vénme buscar no seu Toñito para irmos tomar algo nun pub ao aire libre na praia dos Olmos. Ao chegarmos aló, vemos que está todo petado, así que marchamos para Bouzas, onde se celebra a festa do Carme.
Despois de dar atopado un oco onde aparcar, damos unha pateada ata a festa. Damos unha volta vendo os postos e as atraccións.
Montamos nunha plataforma que se ergue sobre uns brazos mecánicos, situados nos laterais. Protexidos baixo un protector amarelo colocado sobre o peito e máis por unhas barras de seguridade, o trebello do diaño comeza a moverse, mecendo as nosas guedellas ao vento; adiante, cara atrás, ao redor dun lado e do outro. As bólas póñensenos de gravata. Algo que daba a impresión de ser inofensivo, dá pavor. Supoño que para producir unha maior sensación, o protector do peito non é totalmente ríxido, co cal un se despraza lixeiramente cara fóra, fai que agarres máis forte a barra de seguridade e que che treman as pernas. Por veces pecho os ollos para non ver o chan sobre o que rodamos pendurados naquela lavadora endemoñada.
Baixamos dando tombos, coma se estivesemos peneques e co sangue frío.

Birthday in Porto



Logo de andar a darlle pena á xente para que alguén me acompañase a Porto á Marcha do Orgulho, e de que todo o mundo me dixese que nanai, dou convencido a MERCURIO para que viaxe comigo.

Saímos ás nove da mañá da estación de autobuses de Vigo. En menos de media hora estamos en territorio portugués.

Deixada xa Valença do Minho atrás, chégame unha mensaxe SMS de longa distanza (2630km), dándome os parabéns e desexos de felicidade polo meu aniversario.

En dúas horas arribamos no Porto. Damos voltas polas rúas na procura da Câmara Municipal do Porto e entramos nunha oficina de turismo. Por que algúns portugueses teñen a teima de falarche en castelán cando ti lles estás a falar en galego empregando palabras portuguesas para unha mellor comprensión?!

Marabillámonos coas escenas en azulexo da Estação de São Bento.

Cruzamos ata Vila Nova de Gaia flipando pola ponte Dom Luis I. A altura e a paisaxe resultan moi impactantes. Espectacular a brétema que envolve unha ponte Douro abaixo, supoño que preto xa do océano.

A baixada ata a beira de Vila Nova é toda unha aventura por unha costa empedrada chea de socavóns, onde nos dixeran que había escadas... Quedamos de pedra ao ver un coche baixando a devandita rúa.

Na fermosa beira abórdannos en reiteradas ocasións para que fagamos unha viaxe polo Douro e para que visitemos as adegas do viño do Porto.

Conservo un folleto dunha das adegas, que me deixou finado ao atopar, estupefacto; erros en portugués, español, inglés, alemán; e aínda que o meu francés non dá para moito, a versión artificial que se daba, semellaba ter sido artellada cun xogo de quimicefa para afeccionados. Algúns dos erros que atopei son incribles; aínda mexo co riso só de pensar na tradución de Porto (ollo á maiúscula!) coma Puerto na versión española. Dende logo, había que darlle un premio ao prof que se encargou da(s) tradución(s).

Na beira atopamos postos de venda de pan e doces. Non podo resistirme a mercar uns de gorentosos doces de coco.

Voltamos a Porto pola parte baixa da ponte. Paseamos pola beira, contemplando as casas antigas. A MERCURIO lémbralle un chisco ao porto do Berbés.

Camiñamos polo casco vello cara ao norte. Entramos nun café onde parolamos un cacho.

Crebamos a cabeza tentando mercar uns billetes de metro. Xa podían ter ideado uns paneis máis claros e unha demarcación por zonas máis sinxela. Chámanos a atención ver que o túnel polo que viaxa o metro está en pendente, costa arriba ou abaixo, en función do destino. Eu lera que nalgúns lugares existían túneles en pendente, pero nunca o tería imaxinado así. Encantounos viaxar no super metro do Porto.

Chegamos á estación preto da cal parte a marcha. Coas ganas de mexar, e xa que non nos apetece pedirlle a chave dos baños da estación ao vixilante, entramos nunha pastelaría, onde me deleito cun Lipton Ice ao mango ( a ver cando o sacan aquí tamén...).

Advertimos algunhas mozas e un par de mozos na terraza da pastelaría con pancartas. Damos por suposto que van á marcha, así que decidimos seguilos ao lonxe.

Chegamos a un pequeno parque, nunha praza, ao carón do cal hai algunhas persoas concentradas, e bastantes policías. Sentimos desconfianza, e preferimos observar dende o parque, un tanto afastados. Notamos tensión. Ao pouco pasan ao noso lado unha banda duns cinco garrulos cun aspecto de porcos bébedos. Un deles leva unha bufanda da selección portuguesa de fútbol (omnipresente a bandeira en todo o norte de Portugal o día da nosa viaxe) ao redor do seu bandullo de cocho. Bauer!, que dirían en Alemaña. A manda de mandrís ponse a esbardallar e insultar ao persoal diante das cámaras da televisión ("?u?u?u"). Ata eles achégase un grupo de xitanas, despois de agocharen as súas bolsas tras uns matos, que se poñen a latricar, sen vir ao caso, diante das cámaras. O que dirían non o sabemos.

A marcha comeza a desprazarse controlada pola policía. O grupo de simios mentalmente eivados segue a marcha con pinta de buscar camorra. Seguimos a marcha de vagar, observando como descorre.

A marcha ten pouco do carácter festivo a carnaval das típicas marchas que transcorren na maioría de países civilizados do continente europeo. É unha manifestación que clama o cesamento da violencia, e que ten lugar por primeira vez no Porto, meses despois de que tivese lugar o asasinato dunha persoa transxénero a mans duns rapaces.

Pasada media hora abandonamos a manifestación e damos un rápido paseo por unha rúa peonil, facendo unha breve visita á FNAC, onde despois de problemas de indecisión, acabo adquirindo un barato exemplar de Frankenstein by Mary Shelley. Sublime!

Chegamos en metro a Campanhã, estresados porque queda pouco para que saia o comboio para Vigo. Moi clarificadores os paneis... Cando damos chegado aos andéns, pregunto a un traballador, en galego, onde mercar os billetes. Resposta en portugués, mais cando nos pregunta a onde viaxamos e dicimos Vigo, o tipo comeza a falar en inglés ante ao noso asombro. Ais... Isto de vivir mutuamente de costas...

Un pracer a viaxe en tren polas fermosas paisaxes da costa norte de Portugal.

PS. Tamén gozamos coas interesantes paisaxes XY. :=)

Tuesday, August 15, 2006

29-06-2006


Concerto de Rabih Abou Khalil na Praza da Estrela. Música de laude fusionado con jazz. A hostia!!!

Paripé. 16-06-06



Malia que a maioría da xente coa que me levo da clase non lle apetecía, pensando nos nosos compañeiros e que os nosos camiños comezaban a diverxer, decidimos facer o paripé no super-acto de licenciatura.
Se xa non nos apetecía facer a orla pola hipocrisía que supón saír nunha foto con persoas coas que nunca tiveches (bo) feeling, xa nin falar do exitoso acto. Ehem...
A organización, como é característica na miña universidade, foi nula. O ensaio que íamos facer media hora antes do acto demorouse varias veces e, finalmente non tivo lugar.
Entramos e sentamos por orde alfabética. Ehem... Ao carón de xente que non aturo, mentres falo con MERCURIO na distanza.
A tía máis petarda da clase, con ansias de protagonismo casposo, entallada no seu vestido sssuper fashion, e a cal se encargou de todo o "tinglado", dános unhas indicacións do que hai que facer, chegando ao mal gusto dunha presentadora piraña dalgún talk-show cheo de carnaza camiño de apodrecer.
Caenos a mandíbula vendo o traxeados que van os alumnos da outra clase que fai o acto connosco. A algunha deulle por voltar a tempos pasados e lucir un vestido con reminiscencias que o fan case victoriano.
Os descursos son xeniais, ocorrentes, orixinais, hilariantes, algúns ata cheos de mestría. En particular, escachamos cun descurso que ataca o catolicismo e defende a laicidade; alternamos a ollada entre o falante e un crego que imparte clases de latín; dá a impresión de saírlle fume pola calva.
Quedamos sen os diplomas de pufo por mor dun outro erro organizativo.
Tras o acto, o paripé continúa cun aperitivo cos papis no comedor da cafetería. Que petiscos tan deliciosos! Cocretas, fritanga conxelada de peixe, empanada radiactiva, montaditos de salchichón e fiame sobre anacos de pan reseso. Quel plaîsir!
Nada coma o dönner con prebe scharf que ghaldrumei logo na da Zorra del Infierno.

Sunday, August 13, 2006

sigur rós_viðrar vel til loftárása

Wednesday, August 09, 2006

Leo's first big dick!

Monday, August 07, 2006

Tanya Tagaq Live At Calgary Folk Fest.

Seal-like inuit techno music

CADEA PERPETUA!!!!


Imaxe tirada da Voz de Galicia.

Non vai sendo xa hora de que se endurezan as condeas?! De que os pirómanos apodrecen no cárcere?! Ou se son perturbados mentais, que os internen en centros psiquiátricos!!!!!!!!!!!!!!
E non estaría de máis que se limite o cultivo de eucaliptos, e outras especies alleas que poidan danar os nosos ecosistemas???!!!
Por que non se recadan sinaturas pedindo un endurecemento penal como se fixo co Prestige?

Saturday, August 05, 2006

Rockbitch - Bitchcraft - Up & Down
Me gusta ser una zorra. Versión Libre

Friday, August 04, 2006

vulpess: me gusta ser una zorra

Wednesday, August 02, 2006

LAS FELLINI ( NAGORE GORE & NENITA DANGER)
Las Fellini - Nenita Danger - Ponme Petazetas en el coño

Wednesday, July 05, 2006

gilipolleces varias...

Leo nun artigo da Voz que tódolos partidos que compoñen a Eurocámara condenaron o franquismo, agás, como cabería esperar, o PPE (Partido Popular Europeo) e a ultradereita. Paréceme unha aberración que se xogue así coa vida de milleiros de persoas e máis coa memoria histórica. Quizabes a vida daquela fose fermosa para os fascitas conservadores coma eles, pero para o resto da poboación supoñía unha ameaza polas limitacións á liberdade de pensamento, e tamén pola ignorancia na que vivían moitas persoas, ás cales se lles pasaba todo por un filtro informativo; xa saben, din que os ignorantes viven máis felices...
Señor Mayor Oreja, esiximos respecto e a condena do franquismo, como o PP esixe a condena ao terrorismo do que tanto se lle enche a boca falando a este partido político. O franquismo non deixou de ser un outro tipo de terrorismo no que se matou e perseguiu a individuos que tiñan ideas políticas diverxentes ás do réxime; pertencían a unha minoría relixiosa, étnica ou cultural distinta, ou eran homosexuais.
O colofón foi a intervención do fascista Maciej Marian Giertych, pertencente ao partido polaco da Liga polas Familias, ultradereita, que soltou pola boca que Franco permitira loitar contra o comunismo e salvar á España católica. Fódanse! Supoño que o número de mortos que houbo, entre medio millón e un millón, e máis os que fuxiron ou estiveron perseguidos, non contan... Que máis dá... Se eles conseguiron o poder... A eles tanto lles tiña...
A ignorantes fascistas sen alma, coma o Giertych este, suxeriríalles que lesen un artigo da wikipedia, que dá unha visión máis obxectiva da que eles teñen nas súas subxectivas mentes enfermizas.
Non vexo por que non se pode admitir a Turquía na Unión Europea, tendo en conta como as gastan en Polonia... Por que se estrañan despois de que os cidadáns nalgúns países votasen "NON!" á Constitución Europea???

PS: "Vivir dun xeito máis fermoso sen nazis".

Thursday, June 29, 2006

hot or not?



Mercurio e máis eu, como non tiñamos nada mellor que facer o outro día na biblioteca, puxémonos a ver fotos dun dos homes que máis influíu nas nosas vidas durante este curso.
To be hot, or to be hot. That's the question.
Ámbolos dous opinamos que está moito mellor con barbiña ou con bigote. Mmm... Quen o catase!!!

Abrir Vigo ao Mar

"Pola ponte de San Xoán 25 cegos van..."


23/06/06. Noite de San Xoán n'O Berbés. Bonfire on Saint John's Eve at the port of O Berbés, Vigo.

Wednesday, June 28, 2006

In the aaaaaaarmy!


Alberto e Alberto son dous militares gais que namoraron o un do outro, ata o punto que decidiron casar en Sevilla setembro.

Saturday, June 24, 2006

incendio na panificadora


Esta tarde produciuse un incendio na antiga panificadora. Estaba sentenciado que algo puidese pasar nun edificio tan grande e que leva tantísimos anos abandonado en pleno centro da cidade. Eu lembro ver o edificio así dende a miña máis nova infancia. É unha vergonza aberrante para a cidade que haxa un edificio así no centro e ao carón da casa consistorial. E xa non falemos das fiestras estragadas na parte do edificio que dá á rúa da Falperra, que poderían tornarse facilmente en guillotinas voadoras. O que me estraña é que ningún peón morrese aínda co estado que presenta o edificio.

Wednesday, June 21, 2006

pagan poetry


A chegada do solsticio de verán
Clicar no título!

Tuesday, June 20, 2006

Air Berlin spielt mit den Gefühlen der Spanier (?)

Am 19. Juni 2006 wurde es in zahlreichen Medien Spaniens veröffentlicht, dass die Low-Cost-Fluggesellschaft Air Berlin und die spanische Sportzeitung MARCA ein Sonderangebot mit 10.000 Tickets für 9€ (Hinflug) zwischen Spanien und Deutschland bieten würden, im Fall, dass die spanische Mannschaft gegen Tunesien gewinnen würde. Das wäre ab 23 Uhr, genau nach dem Match, und nur für 24 Stunden.
Ich habe es selsbt in der kostenlosen Zeitung Qué! gelesen. Wie ich auch am Mittag bestätigt habe, dass Air Berlin solches Angebot in ihrer Webseite bot.
Aber um 23 Uhr war das Angebot nicht mehr da, wie es später auch nicht da ist. Warum? Haben sie Reue darüber empfunden? Haben sie daran gedacht, dass Spanien nicht gewinnen würde?
Und ist das legal?

Monday, June 19, 2006

Air Berlin xoga cos sentimentos dos españois(?)

O día 19 de xuño publicouse en diversos medios da prensa española que a low cost airline Air Berlin e máis o xornal deportivo español MARCA habían pór á venda 10.000 billetes a Alemaña a un prezo de 9€, ás 23.00h e só durante 24 horas, no caso de que o equipo español gañase a Túnez en Stuttgart.
Eu mesmo lino na prensa, no xornal de balde Qué! (final da última páxina).
Ao mediodía puiden comprobar na páxina de Air Berlin en español, que si, que existía tal oferta, mais chegadas as 23h, que xa se tornaron 00:10h, non hai rastro de tal oferta. Seica se arrepentiron á última hora? Quizabes non confiaban en que España vencese fronte a Túnez...
É legal que actúen así?
It's a hot midsummer night. The skies wear a minimalist evening dress in dark blue silk, embroidered with little sparkling stars, and a mighty silver moon, tracing its magic form, casting its spell upon all living beings. My blood boils in my veins, awaiting the moment to join him, my dear lover; who, as the moon has a strange and powerful effect on me, so does he. The salty sea smell dances in my nose, trying to enchant me, while the ocean breeze caresses my skin like a lullaby as I'm getting closer to the port. There my eyes see him, standing on the esplanade backwards to me, staring at the harbour. He notices the sound made by my flip-flops when I'm coming and looks back in my direction. He smiles when he realizes it's me who's going to him. I give him two kisses, one on each cheek. I like the sensation I feel as our manly faces come into contact. I need to hug him in my arms, to feel his warmth and the body I worship.
We smile at a each other, a smile of confidence. We start walking along the esplanade, and I take his left hand in my right hand. He looks at me and smiles again. We wander slowly along the port up to the yachts dock. The atmosphere is totally tranquil. The colour of the night, the lights of the city and the neibouring towns, together with the sound of the slow splashing sea waves makes it almost as if it were some sort of enchanting music performed to make humans fall into a profound peaceful sleeping. We walk until the end of the dock and sit on its cement walls. We look at each other, speak in a low voice, almost unhearable, we gaze the sea and the landscape, and we look at each other. Calm and complete tranquility, that's what I feel when I'm by his side. I stand up and place myself before him. I come closer to him, caress his face and kiss his cranberry lips, bittersweet flavoured, sinfully juicy. Nearly an addictive taste, sticking me to him, like a bee seduced by the sweetest smell of all wild flowers.
There's nobody there at that time, so that we can fell at ease if we touch certain parts of the human anatomy when caressing. His face has been made up by the moonlight, like a selenite. My nose perceives the fragrance of his deo, as cool as the pulse of a summer polar wind, what summed to the playful blowing breeze gets me even more excited. We twist our tongues in sinfully delight. Snore. He takes me closer and touches my ass, driving me completely crazy, meanwhile I lick and bite his lascivious lips. Snore. I kiss his eyelids, his forehead, and we melt in a warm cuddle. Fingers pleasantly sliding along the arms skin, causing pleasure goosebumps... Skin on skin, we lay naked on white sheets with the deep blue sky above us. Among the dominions of his bodily temple I get intertwined and let myself fall, little by little, into a light sleep, until I am awakened by the delightful reddish and orange dyes of dawn drawing slowly on his spine.


PS. Thanks to Brendan for his help with the ending sentence.

Friday, June 16, 2006

Wednesday, June 14, 2006

Tuesday, June 13, 2006

s.f. rata(s)


rat(s), le rat, die Ratte(n), il ratto,
de rat(ten)

Sunday, June 11, 2006

Thursday, June 08, 2006

Bioinvasión de mexillóns de Nova Zelandia na Ría de Vigo

Segundo publica hoxe o Faro de Vigo, un grupo de biólogos vén atopando na Ría de Vigo, preto da desembocadura do Verdugo, colonias de exemplares de Xenostrobus securis, unha variedade de mexillón de Nova Zelandia que partella algunhas características co mexillón autóctono, pero que se reproduce a maior velocidade e carece de depredadores. A súa introdución no ecosistema da Ría de Vigo podería ter a súa orixe na acuicultura, empregándose sementes importadas; pois Nova Zelandia coma Galiza, é un importante produtor de mexillóns. O cultivo de mexillóns máis extendido en Nova Zelandia é o da especie Perna canaliculus, coñecida co nome de New Zealand Greenshell Mussel, Mexillón de Nova Zelandia de cuncha verde.
O Xenostrobus securis é considerado unha praga en Francia, Italia e no Xapón.

PS. Cliquen no título para atopar a ligazón co artigo de prensa.

Wednesday, June 07, 2006

o nacemento da besta


Onte viu ao mundo en Inglaterra a besta!

Cando comezará a sementar o mal entre os mortais?

queer news


Os Pet Shop Boys actuarán o vindeiro 1º de agosto no Parque de Castrelos na cidade de Vigo.

Tuesday, June 06, 2006

Que a besta sexa convosco, irmáns!

Xa chegou! Xa está aquí! Booh! Tremede irmáns, tremede! Ídevos confesar e arrepentídevos dos vosos pecados antes de que as vosas almas se consuman no fogo eterno do inferno.
Disque xa a viron camiñando sixilosamente entre as penumbras de pequenas calellas en varias cidades. Camúflase na escuridade, ten ollos de serpe rastreira, andares encurvados, e un rostro arrepiante cheo de engurras.

Original Sound Track: Your Sweet 666, HIM.