Tuesday, December 21, 2004

A-Presentando o meu blog/A-Presenting my Blog

Ola! Eu tamén veño de sumarme á moda esta de escribir os teus pensamentos coma un diario na rede. Ben, e se non temos nada interesante que contar sempre podemos recorrer á ficción...
Hoxe temos sol, pero vai un frío do demo...
Esta tarde botaron un documental na 2TVE sobre os cabalos islandeses. Foi moi interesante oír falar das súas características físicas (tamaño e pelo), tamén de que son os únicos cabalos que saben camiñar de seis xeitos distintos. Algunha xente posúe cabalos que deixa pastar ceibes na natureza, e unha vez ao ano voltan xuntalos.
Isto lémbrame un pouco aos curros e á rapa das bestas que fan no verán na Provincia de Pontevedra, nas que se agrupan aos cabalos salvaxes (teñen donos) e se marcan cun ferro quente aos novos.
Á parte, tamén me gustou moito do documental as paisaxes tan salvaxes e cativadoras que mostraba; xeo, glaciares, ríos, pradeiras, montañas, e o mar.
Despois estiven a botar unha ollada n'O Feito a Man, un pequeno mercado de artesanía que hai tódolos ano por Nadal na Praza da Estación de Renfe. Pódense mercar artigos de coiro, madeira, xoias (p. ex: torques celtas), artigos de arxila, etc... Alí topeime coa grata sorpresa dun posto do Rei Zentolo (
www.reizentolo.com), que fan camisetas moi orixinais, suadoiros, chapas, etc. Son moi bos!!!

Hi! I've just joined this fashion of writing your own thoughts like a diary on the net, too. Well, and if we got nothing interesting to tell, we can always use fiction.
Today is sunny, but it's pretty cold.
This afternoon I watched a documentary film on the 2TVE on the Icelandic horses. It was very interesting hearing about their physical characteristics (size and hair), and also, that they are the only race of horses that can walk in six different manners. Some people have horses and let them graze free in the nature, and once a year they group them together.
This reminds me of a celebration that takes place in my province (Pontevedra) every summer, in which free horses (they actually have owners) are grouped together and the new (young) horses are branded with burning iron.
Besides this, I also liked from the documentary film the wild and captivating landscapes it showed; ice, glaciers, creeks, prairies, mountains and the sea.
Then I took a look at "O Feito a Man", a small market of handicrafts that takes place every Christmas by the Railway Station. One can buy things made from leather, wood, jewels (i.e. Celtic torques), pottery and so on... There I found a pleasant surprise, a stand of Rei Zentolo (
www.reizentolo.com), they make very original T-shirts, sweaters, pins, etc. They're really good!!!


1 comment:

Jordi flugfreyr said...

En fin ... q decir ...