A noite comeza co estoupido de cores e debuxos no ceo á medianoite. Un novo ano é nado. Na fiestra do salón da miña casa miro os fogos artificiais... con certa precaución, pois co preto que voan algúns proxectís, case parece que algún podería desviar o seu rumbo cara a fiestra.
Á 1.30 da mañá soa o timbre. Queen of Punk agarda abaixo no portal acompañada dun amigo seu. "Baixa xa!!!!!" Berra ela. Eu non teño a culpa de que chegue trinta minutos tarde...
Baixamos por Urzáiz ao centro. A alerxia comeza a manifestarse con tantos rapaces fotocopiados vestidos de pingüíns. Que vulgaridade!!!! O mellor de todo, é a que maioría das rapazas tamén van fotocopiadas con traxes negros. Enfin... Pois nós non!!!!!!!!!!!! Nós non imos de traxe. Nós en vaqueiros e con tenis!!!
Baixamos cara ao porto. Toca botellón nos soportais do Berbés con algúns amigos da Queen (a Wednesday non quería vir ata Vigo e Mercurio estaba enferma con gripe). Hai unha morea de xente nova bebendo, fumando "porros" (Non! Non é o plural do apelido da PoPular que vós xa sabedes...), e tirando petardos.
Mentres eu bebo a miña hefchen Queen baixa o seu calimocho. Pasan algúns coches de policía pola estrada, pero ningún se detén na zona.
Despois subimos ata Viños. Metémonos nun tugurio con música heavy, só apto para tolos. Na barra Queen e máis eu damos boa conta da crema de ghüisky.
Cando xa estamos demasiado fartos, marchamos almorzar.
Entramos nunha cafetería de Urzáiz. Eu pido un chocolate cun croissant e Queen un café con leite con outro croissant. Aténdeme unha muller con acento arxentino (que denotaba a súa falta de amabilidade). Un camareiro vén co almorzo e pídeme que, por favor, pague no momento. Para o meu estupor a conta ascende a uns 10 €uros. Pago a conta... (por non mandalo á merda...).
Cando ela volta e ve o prezo total, queda petrificada e comeza a queixarse en alto de que iso era un timo. Haha.
Logo do petit-déjeuner marchamos para a casa. Deixo a Queen nun taxi e eu camiño pola rúa ao meu lar.
O ceo comeza a tornerse dun azul máis intenso. É moi agradable. Está a rachar o día.
Cando chego á casa, xa se comeza a notar a claridade.
Finalmente, quedo durmido no meu leito escoitando música.
Monday, January 03, 2005
Subscribe to:
Post Comments (Atom)
No comments:
Post a Comment