Monday, May 16, 2005

Sendeirismo urbano


Fonte.

Recibo a visita da Queen na casa. Improvisamos rapidamente o xantar. Marchamos ata Samil dar unha volta. Camiñamos un pouco polo paseo da praia. Non hai case xente, está moi tranquilo. Uns nubarróns enormes ameazan con choiva.
Proponme ir camiñando polo paseo que bordea o río Lagares ata Sárdoma, uns cantos quilometriños máis aló...
Pasamos por diante das marismas, despois imos ata as depuradoras (interesante experiencia para dar renda aos sentidos).
En medio do camiño entre Castrelos e Sárdoma cóllenos a choiva. Metémonos baixo o lavadoiro que aparece na fonte. Unha excursión de marujas acompañadas de seus cans, máis un marido calzonazos métense tras nosa. Copións!
Aos 5-10 minutos deixa de chover e proseguimos a marcha a carón do Lagares. Aisss... Non sei como os pobres parrulos seguen vivos... Vemos algúns que resultan bastante estraños... A verdade é que dan que pensar que poderían ser mutantes! (huas!). O paseo en si está ben, pero o río... enfin... por moito que leven feito... aínda lles queda moito por limpar.
En media hora estamos saíndo de Sárdoma e abandonando o paseo do río.
Marchamos tomar algo nun bar, estarricados nos sofás.Unha muller con riso de bruxa mete sustos no local. É tan real que todo o mundo nos dous andares se queda mirando na direción da cal proviñan os sorrisos. Danme ganas de pedir un chisco de sal pra facer un círculo no chan.
Re-Discovering Vigo.

4 comments:

Francisco Rey said...

Unha preguntiña "de bo talante" ;) ¿a auga da fonte era potable?

arroaz (Tursiops truncatus) said...

Hahaha. A verdade é que non lle sei. Nin lin o cartel, nin a probei. Se algunha vez volto pasar por aí, xa llo avisarei. Aínda que vostede mesmo tamén o pode comprobar. :P:P:P

Francisco Rey said...

Pois sí, tamén ten vostede razón, eu mesmo podo comproba-la potabilidade da auga ... Deixareino para mellor ocasión.

Ah, por certo, meta esa lingua dentro que se lle vai resfriar, que xa ve que por eses mundos da España de Rajoi neva e todo! Será verdade o da volta do "señor escuro"?

arroaz (Tursiops truncatus) said...

Non me peta!!! :P:P:P