Tuesday, June 07, 2005

Fin


Dummie

Venres 3 á tardiña. Cea de despedida.Saio da casa a fume de carozo e baixo ao centro nun bus pensando que chego tarde. Cando baixo, na parada atópome coa visión dunha gorgona que me produce un enorme arrepío, así coma un dano visual nos meus ollos producido polo cegador ton da súa tintura louro albino; ese tipo de cor de pelo que non se ve normalmente de xeite natural por estes lares.... Reprimo os meus instintos como podo e sigo camiñando rápido. Chego á cafetería onde quedaramos, e só somos 4 persoas. Esa puntualidade británica... Despois de tomar unhas cañitas e cando xa todo o mundo deu chegado, imos cear. A cea en si moi colorista, saladas cun cento de cousas, polo frixido con curry, e arroz con marisco. Ñam-ñam-ñam. De sobremesa un surtido de flans de varios sabores.Despois da cea imos de "marcha". Ou iso se supón... Fu...Baixamos cara o Areal e comezo a tremer pensando que non quero entrar nun local de pij@s. Ademais, levo tenis. Huas, huas. Entramos nun local onde van os pseudo-pijos entrados na trintena. Non hai unha alma. Será por iso que nos deixaron entrar?Tomamos algo e bailamos con música dos anos 80. Despois dun tempo resulta deprimente e marchamos a outro lugar.Horror! A alternativa resulta ser un dos centros de pijerío de Vigo. Na cola empurro aos meus amigos para que anden, pois non me fío dos matóns da entrada. Ao final conseguimos entrar, pero total... para que. Morro co noxo coa música que teñen posta. Todo é reggaeton!!!! Como o odio!!!!!! AI! É que non hai cousa que ature menos. Tódalas putas cancións son iguais e producen a mesma dor de cabeza.Pasado un tempo saímos. Parte da xente marcha. Outro poñémonos á cola dun chiringuito da DGT para soprar nun alcoolímetro por unha camiseta laranxa cun dummie no medio e lema: Non sexas dummie. Controla o que bebes. Como dou 0.0 regálanme un boneco de goma ou unha cousa rara coa forma dun dummie (para colgar no coche). Ao tacto resulta similar aos bonecos anti-estrés. Aínda que iso si, cheira a raios. Pregúntome se farían os bonecos co fuel do Prestige.Logo entramos noutro menos pijo pero máis carca. A maioría da xente non baixa dos 30. Aisss...Ademais semellan desesperados por gustar a alguén que poida caer atrapad@ nas súas redessss. Non duro nin media hora. Fu.

No comments: