Wednesday, November 23, 2005

psycho-killers





Sesión de psicanálise. Teño que desprazarme ata o Bronx, e de paso aproveito para facerlle unha visita a Queen of Punk na súa casa.
Recíbeme mentres acondiciona o habitáculo no que vive coa súa nai e unha cadela que sempre está a ladrar, a pesar do seu reducido tamaño...
Comezamos a falar coma aunténticas comadres... Amósame un CD que lle emprestaron de
garbage, que compila as súas mellores cancións. Ais... Que recordos daqueles anos nos que nos coñecimos no instituto. Daquela, cando andaba emperrada en tinguir o cabelo de violeta e pintaba os beizos tamén de violeta. Noites de sábado de botellón forzado no Castro. Bailes lascivos no 7-4. Falamos de amores pasados e presentes; dos tíos que nos gustaron e que nos gustan. Do que nos gusta nos tíos e do que non nos gusta. Dende logo, aos dous nos queda claro que non nos gustan os tíos que toman o sexo coma unha rutina planificada, e que nos gustan aqueles tíos con morbo e fantasía, que teñen capacidade de improvisación e son apaixonados, e non só na cama... Na cociña, no salón, no baño, no ascensor... Xa me entenden... ;D

No comments: