O sábado de Entroido a Queen convidoume a ir con ela a un concerto punk no Glin-Gló. Tocaban Puta Miseria, Hachazo e máis os Ondas de Rebelión .O concerto comeza cos Ondas de Rebelión, interesante proposta musical. Interesante tamén era o look troglodita da cantante, a cal animaba á xente a bailar, que aínda estaba un chisco apagada. Mais a verdade é que daban ganas de ir comezando a aquecer os músculos botando. Logo chegan os Puta Miseria. Queen, que os coñecía, convenceume para ir ver a súa posta en escena. A verdade é que son moi espectaculares. O concerto deu comezo, ao pouco saíu un tipo (o cal se observa nesta imaxe sen calidade), un showman pedalando nunha bicicleta pouco máis grande ca un triciclo, vestido cunha capa, uns slips manchados por diante e por detrás, e máis un xustillo. Espectacular! O individuo vai mudando os disfraces ao longo da actuación. Deleitounos co Bigote Facha Vallisoletano, O Paparatzi, a Nancee Alcaldesa, traballador da factoría de automóbiles Zitronë , entroutros... Tirounos caramelos de eucalipto, cueiros, fotos de algúns políticos indesexables como os previamente mencionados... A hostia! Dende logo non deixan indeferente a ninguén, entre as letras incendiarias que teñen (hihihi!) e os shows que fan, coido que non teñen parangón e non me estraña que teñan o éxito que teñen.
Seguiu a actuación dos Hachazo, os cales estiveran facendo unha breve sesión de spánking durante a actuación dos do Morraso. Non podo entrar a xulgalos, marchamos de pericas ao comezaren a tocar.
Monday, March 13, 2006
Subscribe to:
Post Comments (Atom)
No comments:
Post a Comment