


Chegan as 15h. e Clotaire e máis eu dirixímononos á parada do bus que nos ha devolver á civilización asfaltada. Cargo co petate que leva ata o bus, a pobre non pode con tanta cousa que leva enriba; aínda por riba está a chover. Montamos no bus. Clotaire pídeme emprestado o móbil para facer unha perdida a un colega seu. O individuo en cuestión non capta as indirectas e dígolle que lle mande unha mensaxe para que a chame ao meu teléfono. Milagre! Pasados 5 minutos soa o móbil. Clotaire está a planear unha fin de semana de pinamentos no monte co seu boliño doce.
Despedímonos ao chegarmos á parada. Cóntolle os meus plans para a fin de semana, que vou ir ao teatro. Clotaire mófase da miña fin de semana de intelestual. Pensa, de súbito di... "Non irás ver Hamlet con Luís Tosar?" "Si." Agárrame polo pescozo e móveme de adiante a atrás. "Mátote! É o meu ídolo sexual!" Eu río. Dígolle que a min tamén me gusta. A verdade é que non lle quitei o ollo de enriba dende que o vin por primeira vez en Mareas Vivas. Non sei, desprende un magnetismo que embriaga o meu senso; o seu xeito de actuar, o seu físico tan viril... A súa voz grave e masculina. Se é que está para comelo de calquera look: super viril (dereita), malote (centro) e tamén o de macho galego (esquerda). Aisss... Hei mollar as bragas de novo! ;D
2 comments:
Olá motilo!
Moito había que non lía o teu blog.
Alédome de que durmas ben e que as túas noites sexan húmidas, e non áridas, espero que o final non caias nalgún sonho asulagado... seguimos en contacto.
Deica prontinho!
Te mando besos chico ;)
Post a Comment