Sunday, April 30, 2006

Born to Be Wild!


Looking for adventure achégome ata a de Zorra del Infierno (antiga Perphida). Que lle imos facer se a ela lle pon chamarse así...
Anda a limpar a cova mentres o Macho Alpha dorme na cripta ata que se poña o sol. Hedra recíbeme agarimosa restregándose contra as miñas pernas e limpándome os tenis a cabezazos. Logo aparece Lola, a que sempre bota as unllas e e os dentes ronroneando "marramiau". Estas gatas están cada dous por tres en celo... Acaricio un pouco a Hedra asegurándome de que non me bota nin a pata nin a boca, mentres a parella do ano se prepara. Abandonamos a cova e 2 morcegos recíbennos na rúa. Non podo evitar facer un chiste co Macho Alpha, a quen lle fixen unha foto o pasado sábado mentres xacía no leito, e na que semellaba o Moderno Nosferatu. Imos tomar algo nun bar próximo. Mentres o Macha Alpha fala a uns metros por teléfono coa súa mami, Zorra del Infierno apoia a miña tese do parecido con Nosferatu.
Macho Alpha e máis eu mudamos de local mentres Zorra del Infierno decide voltar para se duchar. Mulleres...
Pasamos buscar a Zorra del Infierno e despois collemos o Batmóbil. Buscamos un lugar que sexa do agrado de Zorra del Infierno, que ten o capricho de tomar un chupito. Eu como son un obsexo e penso en verde pido unha birra. Agasánllanme unha pequena pancarta. Ho, eu quería a camisola para que fixese conxunto co meu bandullo cervexeiro. Collemos o Batmóbil ata unha festa organizada por uns amigos da Zorra del Infierno, que celebran a inauguración do seu neghosio.
Damos voltas cal Odisea na busca de aparcadoiro toleando para non entrar nunha rúa en dirección prohibida. Cando damos aparcado, a parella do ano comeza a rifar, para variar... Baixo do carro e póñome a buscar o sitio. Tivemos a sorte de aparcar xusto enfronte. Entramos, saudamos, amósannos o sitio e póñennos uns vasos de tinto na man. Bebo uns grolos e en seguida acabo pasándollo a Zorra del Infierno, non levo moi ben o tinto. Achégase unha rapaza bastante alegre, que nos fala milagres dun licor de café ao que lle botaron cacao. Pásanos un vaso con licor e xeo. La hostia en verso! Zorra del Infierno e máis eu pelexamos polo vaso.
Pechan o sitio e imos a un bareto de heavyrulillos. A do licor tivo a boa idea de traer consigo e botella metida nos pantalóns e tapala coa cazadora. Máis tarde, o dono do bar ve a botella e a moza ofrécelle botar uns grolos. El rexeita a súa proposición.
Marchamos para os coche con destino Moaña. Subimos no Batmóbil e esperamos a que Zorra del Infierno volte. Detrás dela vén a do licor que pousa o pandeiro enriba do capó, cal modelo de Playboy embriagada pola noite.
Brum, brum... O Macho Alpha fai soar o motor do carro como se se estivese a preparar para botar unha carreira. Pero tranquilos, que é un pouco cásper. Pedimos permiso á torre de control e despegamos no Batmóbil atravesando os túneles para tomar a autoestrada. Poñémonos á altura doutro coche no que vai a do licor. Os condutores bótanse miradas ameazantes botando por fóra poderío, mentres eu ensino nas miñas mans a botella decomisada. Pero todo é finxido.
Looking for the highway cruzamos a ría ata the Big Face Peninsula. Levaba varias reencarnacións sen pisar a zona. Vemos parte dos resultados da marbellización que están a sufrir as Rías Baixas. Patético...
Entramos nun garito e comezamos a pedir alcol. Damos bastante a nota no local, pois o licor de café con cacao ten as súas consecuencias... Rimos a esgalla vendo un grupiño de rapaciñas cándidas e sen vida, como se lles faltase un pouco de sal, que teñen unhas pallas con
pirolas en erección nas súas bebidas; despedida de solteira, pero vendo as súas caras, semellaba máis ben un pasamento. Aínda que, quen sabe... Ao mellor deixaran seco a un boy, ou... quedaran coas ganas de contrataren un (para cada unha...). A da botella tanga consegue unha palliña e acaba mordendo a pirola con grande vehemencia. A pobre é que necesita pinar con urxencia, que di que pasa moita fame ultimamente.
Prodúcese un amago de intercambio de roupa entre o Macho Alpha e outro mozo. Un acto de caridade para coas da despedida? Pouco despois saímos do bar. A do licor pousa o pandeiro enriba doutro coche, quita os zapatos e amósanos o seu "par" de calcetíns. Marchamos a un pub. Polo camiño fágolle unha proposición indecente a Zorra del Infierno. Acepta encantada pola sorpresa. Botamos un dánsing pola rúa a modo de tango improvisado. Malia miña inexperiencia, Zorra del Infierno louba os meus dotes de bailarín, mentres eu mexo co riso ante ese comentario. Chegamos a un pub ateigado de xente, onde poñen música rock, ska, etc. O meu rádar acciónase e comezo a escanear.
Proseguimos rendindo culto dionisiaco, e eu, no meu caso á crema de orujo.
Alí cae rendida a do licor despois de tanto beber e beber. Así que collen e a levan durmir. Nós agardamos a que volten os que a acompañan.
Despois cambiamos de pub e acabamos nun sitio un chisco hortera con música, ehem...
A noite remata despedíndonos na estrada, despois de contemplar como case todo o grupo fai unha omelette humana uns enriba doutros na acera.
Ao chegar á casa teño un antollo. Decido dar de comer ás miñas tripas e preparo un sándwich de surimi con maionesa.

Thursday, April 27, 2006

dor/pracer







Deseguido vou falar dunha información que recentemente atopei nunha revista de tatuaxes e piercing que me pareceu interesante para comentala. Hai diferentes posibilidades á hora de implantar un piercing nos xenitais masculinos, os máis habituais son os seguintes:
Ampallang: consiste na implatación horizontal dun piercing no glande de extremo a extremo. Pode resultar extremadamente pracenteiro para a persoa que o porta. Nas relacións sexuais pode ser estimilunte para a parella da persoa furada, ou pode non o ser. O Apadravya é un piercing colocado no glande verticalmente, de arriba abaixo, atravesando a uretra. O Prince Albert (PA) entrada do frénulo á uretra. Existe tamén o Reverse Prince Albert, que entra pola uretra e sae a través dunha cavidade na parte superior do glande. O piercing no frénulo, como o seu nome indica, consiste na colocación dun piercing na zona do frénulo. Unha variante deste é o Frenum Ladder "Escada de Frénulo"no que se colocan máis dun piercing.

Para máis información sobre piercings xenitais cliquen aquí, para información sobre piercings en xeral, aquí.

Wednesday, April 26, 2006

Monday, April 24, 2006

the cop queerization is almost here


Teremos no futuro un servizo de policía gai traballando para axudar a outros gais? Clicar aquí.

Monday, April 17, 2006

God, the girl... or... mmm... the guy?


A última freakada televisiva nos States consiste en pór a proba a catro sacerdotes novos, facéndoos elixir entre Deus e unha rapaza, a cal marcou as súas vidas nalgún momento. Seica as relacións con rapaces non son afectivamente tan intensas nin impactantes...?

Friday, April 14, 2006

Góticos de pufo


Horror! Se Van Gogh estivese hogano vivo, probablemente, non só cortaría unha das súas orellas, senón que ademais había fender un puñal no ventre ( sin dudar) ao ver o novo vídeo dese grupo que leva o nome da súa orella sen pagar dereitos de autor para iso.
E é que, polo visto, os da orella acaban de rachar (?) e cambiar de estilo. Abandonaron o seu pop de nenes de papá e letras mega-cutres para se adentrar no lado escuro. Booh! Non, non é que agora á cantante lle dese por pór a proba a gravidade da súa voz cantando
death metal. Non. Máis ben, que seguindo esta onda de gótico adulterado que está tan de moda en Europa e nos EE.UU. (a cal debe de estar removendo á pobre Ann Radcliffe na súa tumba), mudaron de estética para se adaptaren ao gusto do consumidor. Osssea, que vestiron os nenes de negro, puxéronlle unha saia gótica á vocalista, logo de botarlle uns cantos litros de auga osixenado no cabelo, e precociñaron unha canción con ritmo simple e pegadizo e cunha letra super-ousada. Buff, que mete un medo... Hai que dicir que o look que loce a cantante é semellante ao que xa luciu a Christina Aguilera nun vídeo, pero as voces non son, nin moito menos, comparables. Que conste que tampouco me gusta a Aguilera.
Aisss... Pero que lles deu a todos para se faceren góticos? Se lles preguntas polos seus gustos de
literatura gótica, escoitarás aterrado como respostan,
Anne Rice. Distingamos a literatura do junk food, por favor.
E que fagan o favor de se informaren antes de se facer góticos, que un xa ten dabondo con aturar na distanza ao grupiño dos Súper Góticos de la MueRRRte na fuck. Que o pachuli vai xa démodé!

Thursday, April 13, 2006

mal karma



Na procura de vida intelixente nos USA...

Un comentarista de radio vén de dicir unha das máximas animaladas rexistradas nas ondas herzianas; e non, non é o santo ese da radio máis piratona do noso estado monárquico, a dos bispos. Trátase da KFYI de Phoenix, Arizona. O individuo proferiu que unha vez á semana pola noite podíase disparar a aqueles hispanos que intenten cruzar a fronteira cara A Terra Prometida. Se non fose xa dabondo, aínda chegou a engadir que se podía premir á garda nacional yankee con bonos de 100$ por cabeza, e non de gando...

Seica este home non ouviu falar do karma? Que di que aquilo malo que fagas háseche devolver a ti.

Wednesday, April 12, 2006

Oops... The nerd did it again...



A petarda máis grande dos U.S.A. vén de recibir, por segunda vez en cousa duns meses, a visita dos servicios sociais, que temen pola seguridade e saúde mental do seu bebé.

Saturday, April 08, 2006

repaso visual ás últimas semanas...






Que foRRRRRRRRRRRRte!!!!!!!!!

Oissss! Que dirá o noso tan querido Don Manuel da hoxe acontecida voda entre dous homes, un deles concelleiro do PP na cidade de Ourense...???!!!

É isto a modernización do PP? Ou quizais que o concelleiro aínda non ten demasiado clara a súa orientación política, ou non é consciente do que conleva ser militante do devandito partido e ademais ser homosexual?





Wednesday, April 05, 2006

Monday, April 03, 2006