Friday, May 05, 2006

"rollo bollo" en banda deseñada


Os meus primeiros coñecementos (aínda hoxe en día bastante nulos) sobre banda deseñada gai chegaron hai xa uns cantos anos, cando vin unha entrevista en Lo+plus co debuxante Ralf König. A verdade é que me impactara bastante o look de macho duro que ghastaba o tipo, un tanto salopp e cuns jeans riscados.
Bastantes anos máis tarde un amigo que vivira unha tempada en Leipzig emprestoume algúns libros de temática lesbigai, entre eles estaban, Der Bewegte Mann e Kondom des Grauens, que me fixeron rir ata case mexarme. Un tempo despois vin o filme de Der Bewegte Mann. O König é que é a hostia.
Hai cousa duns días vin tamén outra entrevista en Cuatrosfera, na que daban a coñecer a dúas rapazas que fan o cómic lésbico Salidas de emergencia. Non sei se existen outros cómics de carácter lésbico, pero non deixa de ser un paso adiante para as lesbianas. Ademais, os seus cómics pódemolos ler todos. Quizabes os gais poidamos ver certos "paralelismos" entre o "ambiante" gai e o lésbico.

PS. Se non teñen que facer, suxírolles que pequen un cacho cun xogo no que aparecen caras coñecidas dos cómics de Ralf König.

2 comments:

Úrsula said...

A mim me fan muita graça os de Köning, o que passa é que a mulher a penas tem importância, incluso há algum que até nos desprecia. A adaptaçom de Lisístrata é bastante chunga com as mulheres, e nos estamos num momento para aturar essas cousas. De todas formas já buscarei os de lesbis. A mulher sempre tem as de perder.

arroaz (Tursiops truncatus) said...

Si. Tes razón.
Pero eu penso que a figura da muller tampouco se pode tomar á tremenda nos cómics de König, a fin de contas a descripción que fai tanto dos homes coma das mulleres é moi esaxerada e besta,ás veces. É unha caricatura hiperbolizada para facer rir. A min tamén me podería entrar unha depresión vendo como pon König aos gais.
Aínda que coido que non lin o de Lisistrata...