Tuesday, March 18, 2008

Mandrivando

Pasei a fin de semana entrando e saíndo continuamente.
O venres á noite saín cun amigo dar unha volta cando aínda era cedo. Estivemos rompendo a cabeza pensando a que sitios íamos entrar, basicamente, porque temos gustos opostos en xeral, agás que os dous nos gusta un local de rock.
Pois nada, tiñamos a intención de entrarmos nun local co nome de "The Bedroom". O meu amigo é hetero e aínda non sabe un "pequeno" e sutil detalle de min... E claro, cada vez que ve unha inglesa, vánselle os ollos tras ela. Ademais, cos tetos leiteiros que gastan por estas terras, normal que lle chame a atención visualmente. Á parte, de que sempre van vestidas coma pendangas.
A min pásame o contrario, é ver un louro, un ginger, un moreno, un tío co pelo castaño, un negro, un asiático de oriente lonxano ou próximo, e é que me poño peeeRRRRa. Pero claro, mentres non saia da fase autista, non vou catar nada.
Ao gran, cando íamos entrar ao local, sae un grupo de rapazas con vestidos de leopardo por enriba do xeonllo, cunhas pintas finas finas. E chego eu á porta, e o porteiro espétame "No trainers!!!". Déronme ganas de meterlle unha contestación para deixalo no sitio. Pero pasei, é mellor pasar dos mongoles retrasados ignorantes analfabetos.
Así que "No trainers, but bitches allowed". Vaia hipocrisía. Pero claro, se non lle van as pendangas ao local, a ver quen lle vai querer ir.
Fomos a un local con xente de todas partes do mundo no cal había un grupo de homes orixinarios de algunha rexión do Indostán que estaba a bailar e estábano a pasar caralludamente. Un deles, polo xeito de moverse, era unha especie de Michael Jackson con sotaques de folclore tradicional asiático. Nun momento achégaselle unha tipa bastante guapa e botan un dánsing con paixón (polo baile).
O sábado vén cear este rapaz coa súa compañeira de piso, unha bretona medio pirada, e un amigo del.
Despois da cea, paso a noite instalándolle Mandriva no seu portátil. O cal non resultou moi doado que digamos. Estou acostumado ao meu ordenador, e toleei buscando o xeito de poderlle modificar a BIOS para poder facer un boot dende o CD.Á parte tiven a axuda guiada de Capito polo meu ordenador, que me estaba a dicir os pasos que debía dar. Aínda que eu puxera Mandriva no meu portátil, cando o fixen foi un pouco sen interese, ademais, estaba desexando cargarme o windows, aínda que non o fixera ao final.
Vou para a cama ás 5.
O domingo pásoo limpando a merda que algúns semellan non ver... Mais, para que, porque chega a noite, e comeza a emporcar outra vez denovo.
Á tardiña vou a casa do novo linuxero intentar configurarlle o Mandriva, mais témolo que aprazar, porque hai erros ao instalar os repositores e faise tarde.
Para pagarme, convídame a ir cear a un local pequeno que hai na miña rúa. Pedimos dous döner, e podo dicir que son os primeiros bos que probo dende que estou in England. Os que probara antes era para botar as tripas. Ademais, que é iso de especiar o polo con esa cousa vermella???

1 comment:

La Petite said...

Mucho te quejas pero tampoco te lo pasas mal tú por ahí ;)