Tuesday, March 11, 2008

Ubuntización



Falando cun amigo na distancia, que me comentara que tiña un amigo que comezara a usar Linux, pregúntolle se me podería averiguar como obtelo e demais. A única experiencia anterior que tivera con Linux fora había uns anos atrás na EOI e non fora moi grata... Resultaba moi complicado de usar para min e era algo que me botaba para atrás. Ao final, dáme o enderezo da web de Ubuntu e bótolle unha ollada. Necesito un CD para poder gravalo, de modo que merco un pack deles. Baixo o Live CD e grávao. Mais non sei que diaños facer con el.
Pasadas unhas semanas, estando xa máis relaxado e en plan pasota, comezo a ler wikis onde orientacións de como o instalar. E un bo día decido a chamarme á compañía para preguntarlles que pasos teño que seguir para modificar a BIOS e que o ordenador arrinque dende o CD. Explícanme un xeito, mais recoméndame algo máis doado para facer boot dende un CD sen ter que modificar nada. Simplemente con ter o disco metido dentro, apagar o ordenador, voltar a acendelo e premer C durante o boot.
Non lembro se foi o mesmo día ou uns días máis tardes cando me decidín a facelo.
Comezara días atrás comprimindo o disco duro e creando unha partición baleira. Teño que dicir, que foi grazas ao Vista, que non precisa de ferramentas externas para comprimir e fragmentar o disco. É o único bo que ten o Vista...
Pois un domingo ou un festivo pola mañá, púxenme a intentar instalar o Ubuntu, e a verdade é que non tiña moitas esperanzas de o poder facer. Xa non tiña fe ningunha despois de todo o acontecido. Pareceume unha tarefa esgotadora que requerise moito tempo. E ía flipando ao ver que podía avanzar na súa instalación, e flipei máis aínda cando rematei a instalación cun dual boot e tiña o meu Ubuntu funcionando. Tan só tiven que crebar un pouco a cabeza para poder entrar na miña rede WiFi, pois as opcións do Ubuntu son máis específicas que as do güindos. Pero ao final estaba funcionando perfectamente. What a lark!
Aos poucos, comecei a collerlle o gusto denovo ao meu ordenador. O rato que mercara pensando que non me había funcionar o cellpad, devolvino ao comprobar que o cellpad funcionaba. Iso si, non podía arrastras as iconas polo escritorio. O cal ás veces era un pouco frustrante, e botaba moito tempo copiando e pegando.

En novembro instalei a nova versión de Ubuntu, e púxenme contento dalgunhas das melloras introducidas. Agora xa podía arrastrar iconas polo escritorio e xa tiña menos problemas cos players, mais aínda quedaban algúns cantos por resolver.

No comments: