Tuesday, April 20, 2010
"Waltzing Back"- así vai Galiza...
"Who gave them the right,
Waltzing back into,
Your life, your life, your life?
Now I feel fear,
I wish that they'd never come,
Here, here, here."
Analfabeto/a
Segundo di o DRAE:
"analfabeto, ta.
(Del lat. analphabētus, y este del gr. ἀναλφάβητος).
1. adj. Que no sabe leer ni escribir. U. t. c. s.
2. adj. Ignorante, sin cultura, o profano en alguna disciplina."
"analfabeto, ta.
(Del lat. analphabētus, y este del gr. ἀναλφάβητος).
1. adj. Que no sabe leer ni escribir. U. t. c. s.
2. adj. Ignorante, sin cultura, o profano en alguna disciplina."
Outra ración de pseudoxornalismo de La Voz de Galicia
Pero que teima teñen algúns xornalistas de traducir ao galego o texto coas entrevistas a falantes de portugués cando escriben o resto do artigo en español!!! Que alguén mo explique porque non o entendo.
E o mellor de todo é tropezar cos seus erros cando escriben en galego... É para botarse a chorar.
Xornalismo, ulo???
PS. Por certo, "convoyo" non existe nin en español, nin en galego, nin en portugués!!! En español escríbese "convoy", en galego "convoi", e en portugués é "comboio". Téñase en conta a diferenza no uso e significado destas palabras nas correspondentes linguas...
Friday, April 16, 2010
Nancy Sinatra & Lee Hazlewood - "Summer Wine"
Un pouco de provocación da man de Nancy Sinatra xunto a Lee Hazlewood
Etiquetas:
Lee Hazlewood,
Nancy Sinatra,
Summer Wine
Vulcanismo
Un vídeo para estes momentos de vulcanismo surrealista
Etiquetas:
Sigur Rós,
Untitled #1,
Vaka
Friday, April 09, 2010
Thursday, April 08, 2010
Siouxsie and the Banshees - "Night Shift"
A bit of darkness for you. ;)
Etiquetas:
Night Shift,
Siouxsie and the Banshees
Xornalismo (???)
O pasado día 6 de abril aparecía unha noticia na web do xornal La Voz de Galicia na que se falaba das protestas que están a ter lugar ao outro lado da raia, en Valença do Minho, coma en moitos outros xornais españois e portugueses; o caso é que había algo escrito no artigo que resultaba, como mínimo, chocante. O que? Pois que todo o artigo estaba escrito en español, agás polos anacos de texto entre comiñas coas respostas a preguntas que se lles fixeran a cidadáns portugueses. Tales respostas estaban redactadas en galego (con erros ortográficos). Por que se eran falantes de portugués puxo o autor eses anacos en galego??? É bastante revirado. Tería sido máis doado verter o texto ao español, ou deixalo integramente en portugués. Pero por que traducilo ao galego? Que eu saiba os textos teñen que ter coherencia e cohesión...
Por que escriben tan mal os xornalistas galegos?! Suponse que teñen que dominar a gramática e a ortografía tanto do español coma do galego, ou polo menos, saber empregar un corrector ortográfico e ter un chisco de siso...
Saturday, April 03, 2010
Friday, April 02, 2010
Subscribe to:
Posts (Atom)