Thursday, June 09, 2005

Punk's alive

Sábado 4. Hoxe é un día marcadamente triste para algunhas persoas.
Chamo a Queen of Punk, quen me pide que a acompañe a un concerto punk no Gling-Gló. A verdade é que despois da noite do venres non me apetece moito saír, mais como mo pide... acabo accedendo.
Chegamos tarde mais o concerto aínda non comezou. Organización punk... As entradas resultan ser facturas dunha cristalería onde poñen Entrada. Improvisación punk.
Actúan 3 grupos de Vigo: Esenzia de lapo, Bailando kon lokos e Los faltones.
Cachondísimas as peticións de voto ao PP. Hihihi.
Tamén unha interesante versión dos Bailando kon lokos dunha canción de Jeanette, esa que comeza con algo así... Yooo, soy rebelde porque el mundo me ha hecho así... Só que lle pegan uns cantos cambios irónicos e chistosos á letra, ben, e á música tamén.
Bebemos unha Heineken e logo compartimos outra. Bailamos como nos permiten os doloridos xeonllos. Ás veces ela marcha bailar diante do grupo co resto de punkarras dándose golpes uns aos outros.
Remato xordo perdido polo volume da música. Mágoa que con tanto ruido as letras case non se entendan.
O zunido nos oídos dúrame 2 días.

4 comments:

Anonymous said...

vaya sitios que frecuentas, oye ...

arroaz (Tursiops truncatus) said...

Anda a outra... Polo menos eu teño a clase suficiente como para non escoitar cotrosidades tales coma... "La oreja de Van Gogh".
Se Van Gogh acordase, abofé que había cortar a outra orella e máis abrir as veas.
:P

Anonymous said...

Joder, esto es como el dicho ... 'POR UN PERRO QUE MATÉ, ME LLAMAN EL MATAPERROS' A ver, la Oreja de Van Gogh no es mi grupo favorito, simplemente hay dos o tres canciones que me gustan ...

arroaz (Tursiops truncatus) said...

Mmh... Que ditos máis raros tedes en Madrí...
XDDD!!!