Thursday, August 04, 2005

Skål!



Que veñen os viquingos!!!!!!!!!!!

7 comments:

arroaz (Tursiops truncatus) said...

Este domingo ten lugar a Arribada Viquinga a Catoira, tamén coñecido polos locais coma "a Vikinga".
http://www.agalicia.com/catoira/

Francisco Rey said...

Pois sip Sr. Arroaz, e eu vou estar por alí para facer das miñas ;) Apúntase vostede tamén?, jejeje

arroaz (Tursiops truncatus) said...

Æhmmm... A verdade é que non o vexo moi probable. Mais iría de boa ghana. Estiven o ano pasado, pero o tempo non acompañou moito... Había brétema e ía un chisco de fresco...

Francisco Rey said...

Un chisco de fresco? Ais esta xentiña do sur ... en canto senten unha brisiña de aire do norte xa tremen de frío. A culpa en todo caso é súa por non se arrimar a un deses vikingos fortes e ben parecidos, jejeje.

arroaz (Tursiops truncatus) said...

Vaime falar vostede a min de frío??? Aisss... Ademais, coido que eu estiven rodeado máis veces de vikingos. ;)
O caso é que os de Catoira non me convecen demasiado... Morenos, todos marróns polo sol, baixos e bebendo viño. Non pega moito cos vikingos, non?

Francisco Rey said...

Pois non,non pega nada ... Onte tiven o honor de estares invitado na casa duns veciño de Catoira e contábanme que fai anos a festa era outra cousa, que o viño estaba para degustación de tódolos veciños e non para que "os vikingos" chegasen e arrasasen con todo, emporcando todo co "tinto" elemento, emporcándose eles e, de paso, emporcando a calquera fillo de veciño que se puxera por diante, incluido o pobre reporteiro de TVE1 que saiu no telediario con "signos evidentes" de teres participado no desembarco final. Pero bueno, xa o dí o refranerio ... xuventude divino tesouro.

Alma said...

¡Qué miedo!