Monday, October 31, 2005

Have a Bloody Hallowe'en! Un Hallowe'en de moRRRte a todos!


Mouchos, coruxas, sapos e bruxas.
Demos, trasnos e diaños, espiritos das neboadas veigas.
Corvos, píntegas e meigas, feitizos de menciñeiras.
Podres cañotas furadas, fogar dos vermes e alimañas.
Lume das Santas Compañas, mal de ollo, negros meigallos,
cheiro dos mortos, tronos e raios.
Oubeo do can, pregón da morte, fouciño do sátiro e pé do coello.
Pecadora lingua da mala muller casada cun home vello.
Averno de Satán e Belcebú, lume dos cadáveres ardentes, corpos mutilados dos indecentes, peido dos infernais cus, muxido da mar embravecida.
Barriga inútil da muller solteira, falar dos gatos que andan á xaneira,
guedella podre da cabra malparida.
Con este fol levantarei a chamas deste lume que asemella ao do inferno,
e fuxirán as bruxas a cabalo das súas vasoiras, índose bañar na praia das areas gordas.
Oide!Oide os ruxidos que dan as que non poden deixar de queimarse no augardante,
quedando así purificadas.
E cando esta beberaxe baixe polas nosas gorxas,
quedaremos libres dos males da nosa alma e de todo embruxamento.
Forzas do ar, terra, mar e lume,
a vós fago esta chamada,
si é verdade que tedes máis poder que a humana xente,
aquí e agora facede que os espiritos dos amigos que estan fóra,
participen connosco desta queimada.

4 comments:

Alma said...

Ah, es una...cómo se llama...como la poesía (sé que se llama otra cosa...) que se recita mientras se prepara la queimada? Me acuerdo de una fiesta en Santiago....

arroaz (Tursiops truncatus) said...

:D Sí, es el conjuro de la queimada.

Alma said...

conjuro :) es la palabra que buscaba :)

arroaz (Tursiops truncatus) said...

Yepp. :)