Thursday, November 24, 2005

retro-glamour

24-11-05
Por unha vez na vida dende había séculos, xuntámonos por vontade propia, non polo chou, Perphida, Queen of Punk e máis eu. Quedamos no Paseo de Afonso XII, onde eu agardo ás 11 da noite escoitando música e contemplando a panorámica da Ría de Vigo. Tamén hai que prestar atención á presencia de ionkos na zona, for if the flies...
Tomamos unhas cañas nun local de Elduayen, mentres agardamos polo
Macho Alpha, o noivo da Perphida, que se auto-proclamou o título de macho dominante, o cal rebatemos Perphida e máis eu con sutís puñadas que merman o seu ego de macho viril. Eu decidín mudar o de dominante por alfa, por ser o nome que están a empregar ultimamente nos documentais de fauna salvaxe.
Logo baixamos ata o Galo dos Ventos, onde seguimos coas cervexas e máis as olivas. Mentres Queen of Punk e Perphida descuten tentando lembrar como se xoga á
brisca, o Macho Alpha e máis eu falamos de insultos e como se deben de empregar correctamente.
Queen lévanos despois a un bar que foi aberto nos anos 60. O bar en si ten fama de puticlub; a verdade é que a nós non nolo parece, pero supoño que a determinados individuos retrógrados nunha determinada época (e seguro que aínda hoxe en día) si que llelo pareceu. A cor vermella ten o protagonismo no local, onde aínda perduran obxectos doutra vida pasada (sofás, dous
teléfonos de disco, unha guitarra, etc...), ao fondo do local hai un amplo espazo, que nós consideramos sería semellante ao empregado nos guateques. Á esquerda e á dereita hai sofás, no medio a pista de baile, con menos luz que o resto do bar, que xa ten unha atmosfera bastante íntima. Soa música española dos anos 60 e 70, aqueles marabillosos anos... (nos que eu andaba por outro planeta, que diría miña nai...). O ritmo da música invita a bailar, aínda que ninguén de nós o fai, quizabes outro día fagamos festa rachada. Definitivamente, temos que voltar a ese garito.

2 comments:

Alma said...

Sólo les falta un piercing en la lengua...

arroaz (Tursiops truncatus) said...

Hahahhaa. La verdad es que en la lengua no tienen. Pero en el labio y en la nariz sí. :D