Thursday, December 14, 2006
para pinar sen parar
Navegando polos blogs, lembreime de algo que vin hai poucos días dando unha volta pola cidade. E é que abriron en Vigo a primeira condonaría da cidade! Aínda que a situación do local... É un pouco... Desafortunada. Diante da entrada ao Centro Comercial Plaza Elíptica, ao lado da pizzaría. O local non é moi discreto, está nunha rúa transitada por compradores cumpulsivos e niñatos, ademais de que o vidro do escaparate e a porta de entrada son transparentes, e están moi ben iluminados. Haberá moita xente que a chegue a coñecer, pero cantos han entrar dentro?
Subscribe to:
Post Comments (Atom)
No comments:
Post a Comment