Wednesday, February 11, 2009

O Goberno de Nova Zelandia e os maorís saldan contas


Segundo informa a BBC, o goberno neozelandés pagará 300 millóns de dólares neozelandeses a oito tribos maorís por apropiación ilegal de terras hai máis de 150 anos.
Asemade, o goberno recoñece tamén que o creador da danza haka foi o xefe Te Rauparaha, quen a inventou para celebrar que escapara da morte nunha batalla. Por iso, o goberno recoñece a propiedade/os dereitos do haka aos Ngâti Toa, a tribo á que pertencía o xefe Te Rauparaha. Por outra banda, o goberno tamén recoñece que Te Rauparaha estivera detido en 1846 durante 18 meses sen ser xulgado.

2 comments:

Anonymous said...

Enhorabuena a los mahoríes :)

arroaz (Tursiops truncatus) said...

Uhmmm... E ese "h"?