Sunday, April 26, 2009

Os berlineses rexeitan a materia de relixión




Hoxe tivo lugar un referendo no land alemán de Berlín; nel estaban chamados os cidadáns berlineses a decidir se aprobaban ou rexeitaban unha proposta que pretendía incluír a materia de relixión como obrigatoria no currículo educativo dos estudantes. Paradoxalmente, Berlín é o único land alemán onde a materia de relixión non é obrigatoria, senón optativa. Os estudantes alemáns cursan relixión evanxélica, católica, islámica, etc., dependendo da súa confesión relixiosa (ou da dos seus pais). Porén en Berlín estudan como materia obrigatoria ética, dado que os políticos consideraron hai uns anos que esta materia se adecuaba mellor para educar aos rapaces dunha metrópole multiétnica na tolerancia e no respecto ao outro.

Por outra banda, Berlín é unha das poboacións alemás con maior número de persoas ateas ou non relixiosas. Isto débese en parte ao ateísmo promovido polo goberno da RDA.

No comments: