Tuesday, March 11, 2008

Paso a Mandriva


En febreiro comecei a buscar información doutras distribucións de Linux, e vin dúas que me parecían máis atractivas; Fedora e Mandriva. Entrei nas webs oficiais, e decidinme a baixar o Live CD de Mandriva.
O interesante do CD de Mandriva é que podes empregar o sistema operativo sen necesidade de instalalo, e permite conectarse a internet sen ningún problema.
Ao final, decídome a cambiar Ubuntu por Mandriva KDE, máis atractivo visualmente, con mellores programas e opcións.
Os primeiros días usando Mandriva paseino un pouco mal, pois vía que me faltaban algunhas cousas ás que me habituara empregando Ubuntu e que botaba moito de menos. Mais a través da axuda doutros usuarios comecei a solventar eses “problemas”, e comecei a botar para adiante. E, a verdade, é que estou moito mellor en Mandriva do que o estaba en Ubuntu; agora non teño que andar a crebar a cabeza cada dous por tres metendo comandos na consola. Todo está mellor pensado e resulta máis doado de usar.
A fin de contas, antes cando usaba Ubuntu, xa empregaba algúns programas de KDE, coma o Amarok e o Kaffeine, que funcionan mellor cós que veñen de serie en Ubuntu.
Ademais, a instalación de Mandriva é moito máis doada. Ben, polo menos coa versión que estou a empregar eu; estas cousas sempre cambian en función dos bits. O escritorio cárgase dende o CD, e se se quere, no escritorio aparece a opción de efectuar a instalación. A instalación dura unha cousa de media hora, e mentres se leva a cabo, un pode andar a navegar por Internet, algo que resulta interesante, para non se aburrir un.

No comments: