Sunday, May 21, 2006

Hard Rock Hallelujah!



E o mundo das tebras cerniuse coa súa escuridade sobre a terra...
A verdade que nunca fun fan de eventos coma o festival de Eurivisión. Paréceme unha parida na busca da canción máis hortera, da cantante feminina que máis carne amosa, ou do cantante masculino que máis aceite perde.
Oín que o xoves había semifinal. Tamén oíra falar dos fineses, como vira algunhas imaxes deles. Mais non sabía se estarían onte na final. Así que decidín botar unha ollada antes de saír da casa. Tiven a sorte de co zapping, saltarme ás Ketchup e máis a maioría de demais mariconadas. Vin a actuación dos Lordi e teño que dicir que me gustou. Pareceume bastante orixinal en comparación con todo o lixo schlager que botan normalmente nesa cocteleira chea de edulcorante artificial. E ademais, pensei para os meus adentros: "Oxalá que gañasen estes". Pero sabendo como funciona ese mundillo, tomeimo máis ben a cachondeo e pasei olimpicamente do Euro Gay(est) Song Contest.
Non sei de que coño se asusta a xente. Que pasa, que uns guedelludos non poden ir ao festival?! E o de que se son satánicos... Hai que ser bastante paifoco. Para min, a fin de contas, non deixan de ser outro produto comercial. Porque, por sorte ou por desgraza, eu teño escoitado bastante hard rock e hard core polos sitios polos que saio, e direi que non me gusta esa música, pero o dos Lordi é bastante light en comparación con moitos outros grupos. E polo menos eles curraron para buscar uns traxes e uns fogos artificiais para facer unha boa posta en escena que resultase orixinal, chamativa, e diferente!
"Hard Rock Hallelujah!"

Thursday, May 18, 2006

17-05-06 21:54h

O mércores tiven a oportunidade de asistir no porto do Náutico a un espectacular solpor como levaba tempo sen velo.
O sol comezou a agocharse tras os montes da Península do Morrazo, afundíndose nas augas do Océano Atlántico. Cando semellaba que a luz radiante do sol estaba a piques de desaparecer tras dos montes, estoupou cunha onda de amarelos e laranxas, que cos azuis, brancos e grises do ceo, convertiuse nun fermoso espectáculo de cor impresionante que impactaba a canta persoa sensible había ao redor. Resultoume tamén bastante chamativo a nube rectangular que dividía a luz dourada do solpor en dous anacos.

A vista foi moito máis espectacular en directo, o que recolleu a cámara do meu móbil é só unha parte que non lle fai xustiza.

Tuesday, May 16, 2006

o novo mans libres do mercado


Cariño, pode ser que cando me chames estea ocupada e co móbil sen volume, pero ti chama, que quitei o contestador e eu deixo o vibrador posto para que me avise das túas chamadas...

velaquí a versión guai para grupos

network error


Se queren botar un pequeno riso lascivo, entren neste web.

Wednesday, May 10, 2006

Friday, May 05, 2006



"rollo bollo" en banda deseñada


Os meus primeiros coñecementos (aínda hoxe en día bastante nulos) sobre banda deseñada gai chegaron hai xa uns cantos anos, cando vin unha entrevista en Lo+plus co debuxante Ralf König. A verdade é que me impactara bastante o look de macho duro que ghastaba o tipo, un tanto salopp e cuns jeans riscados.
Bastantes anos máis tarde un amigo que vivira unha tempada en Leipzig emprestoume algúns libros de temática lesbigai, entre eles estaban, Der Bewegte Mann e Kondom des Grauens, que me fixeron rir ata case mexarme. Un tempo despois vin o filme de Der Bewegte Mann. O König é que é a hostia.
Hai cousa duns días vin tamén outra entrevista en Cuatrosfera, na que daban a coñecer a dúas rapazas que fan o cómic lésbico Salidas de emergencia. Non sei se existen outros cómics de carácter lésbico, pero non deixa de ser un paso adiante para as lesbianas. Ademais, os seus cómics pódemolos ler todos. Quizabes os gais poidamos ver certos "paralelismos" entre o "ambiante" gai e o lésbico.

PS. Se non teñen que facer, suxírolles que pequen un cacho cun xogo no que aparecen caras coñecidas dos cómics de Ralf König.

Sunday, April 30, 2006

Born to Be Wild!


Looking for adventure achégome ata a de Zorra del Infierno (antiga Perphida). Que lle imos facer se a ela lle pon chamarse así...
Anda a limpar a cova mentres o Macho Alpha dorme na cripta ata que se poña o sol. Hedra recíbeme agarimosa restregándose contra as miñas pernas e limpándome os tenis a cabezazos. Logo aparece Lola, a que sempre bota as unllas e e os dentes ronroneando "marramiau". Estas gatas están cada dous por tres en celo... Acaricio un pouco a Hedra asegurándome de que non me bota nin a pata nin a boca, mentres a parella do ano se prepara. Abandonamos a cova e 2 morcegos recíbennos na rúa. Non podo evitar facer un chiste co Macho Alpha, a quen lle fixen unha foto o pasado sábado mentres xacía no leito, e na que semellaba o Moderno Nosferatu. Imos tomar algo nun bar próximo. Mentres o Macha Alpha fala a uns metros por teléfono coa súa mami, Zorra del Infierno apoia a miña tese do parecido con Nosferatu.
Macho Alpha e máis eu mudamos de local mentres Zorra del Infierno decide voltar para se duchar. Mulleres...
Pasamos buscar a Zorra del Infierno e despois collemos o Batmóbil. Buscamos un lugar que sexa do agrado de Zorra del Infierno, que ten o capricho de tomar un chupito. Eu como son un obsexo e penso en verde pido unha birra. Agasánllanme unha pequena pancarta. Ho, eu quería a camisola para que fixese conxunto co meu bandullo cervexeiro. Collemos o Batmóbil ata unha festa organizada por uns amigos da Zorra del Infierno, que celebran a inauguración do seu neghosio.
Damos voltas cal Odisea na busca de aparcadoiro toleando para non entrar nunha rúa en dirección prohibida. Cando damos aparcado, a parella do ano comeza a rifar, para variar... Baixo do carro e póñome a buscar o sitio. Tivemos a sorte de aparcar xusto enfronte. Entramos, saudamos, amósannos o sitio e póñennos uns vasos de tinto na man. Bebo uns grolos e en seguida acabo pasándollo a Zorra del Infierno, non levo moi ben o tinto. Achégase unha rapaza bastante alegre, que nos fala milagres dun licor de café ao que lle botaron cacao. Pásanos un vaso con licor e xeo. La hostia en verso! Zorra del Infierno e máis eu pelexamos polo vaso.
Pechan o sitio e imos a un bareto de heavyrulillos. A do licor tivo a boa idea de traer consigo e botella metida nos pantalóns e tapala coa cazadora. Máis tarde, o dono do bar ve a botella e a moza ofrécelle botar uns grolos. El rexeita a súa proposición.
Marchamos para os coche con destino Moaña. Subimos no Batmóbil e esperamos a que Zorra del Infierno volte. Detrás dela vén a do licor que pousa o pandeiro enriba do capó, cal modelo de Playboy embriagada pola noite.
Brum, brum... O Macho Alpha fai soar o motor do carro como se se estivese a preparar para botar unha carreira. Pero tranquilos, que é un pouco cásper. Pedimos permiso á torre de control e despegamos no Batmóbil atravesando os túneles para tomar a autoestrada. Poñémonos á altura doutro coche no que vai a do licor. Os condutores bótanse miradas ameazantes botando por fóra poderío, mentres eu ensino nas miñas mans a botella decomisada. Pero todo é finxido.
Looking for the highway cruzamos a ría ata the Big Face Peninsula. Levaba varias reencarnacións sen pisar a zona. Vemos parte dos resultados da marbellización que están a sufrir as Rías Baixas. Patético...
Entramos nun garito e comezamos a pedir alcol. Damos bastante a nota no local, pois o licor de café con cacao ten as súas consecuencias... Rimos a esgalla vendo un grupiño de rapaciñas cándidas e sen vida, como se lles faltase un pouco de sal, que teñen unhas pallas con
pirolas en erección nas súas bebidas; despedida de solteira, pero vendo as súas caras, semellaba máis ben un pasamento. Aínda que, quen sabe... Ao mellor deixaran seco a un boy, ou... quedaran coas ganas de contrataren un (para cada unha...). A da botella tanga consegue unha palliña e acaba mordendo a pirola con grande vehemencia. A pobre é que necesita pinar con urxencia, que di que pasa moita fame ultimamente.
Prodúcese un amago de intercambio de roupa entre o Macho Alpha e outro mozo. Un acto de caridade para coas da despedida? Pouco despois saímos do bar. A do licor pousa o pandeiro enriba doutro coche, quita os zapatos e amósanos o seu "par" de calcetíns. Marchamos a un pub. Polo camiño fágolle unha proposición indecente a Zorra del Infierno. Acepta encantada pola sorpresa. Botamos un dánsing pola rúa a modo de tango improvisado. Malia miña inexperiencia, Zorra del Infierno louba os meus dotes de bailarín, mentres eu mexo co riso ante ese comentario. Chegamos a un pub ateigado de xente, onde poñen música rock, ska, etc. O meu rádar acciónase e comezo a escanear.
Proseguimos rendindo culto dionisiaco, e eu, no meu caso á crema de orujo.
Alí cae rendida a do licor despois de tanto beber e beber. Así que collen e a levan durmir. Nós agardamos a que volten os que a acompañan.
Despois cambiamos de pub e acabamos nun sitio un chisco hortera con música, ehem...
A noite remata despedíndonos na estrada, despois de contemplar como case todo o grupo fai unha omelette humana uns enriba doutros na acera.
Ao chegar á casa teño un antollo. Decido dar de comer ás miñas tripas e preparo un sándwich de surimi con maionesa.

Thursday, April 27, 2006

dor/pracer







Deseguido vou falar dunha información que recentemente atopei nunha revista de tatuaxes e piercing que me pareceu interesante para comentala. Hai diferentes posibilidades á hora de implantar un piercing nos xenitais masculinos, os máis habituais son os seguintes:
Ampallang: consiste na implatación horizontal dun piercing no glande de extremo a extremo. Pode resultar extremadamente pracenteiro para a persoa que o porta. Nas relacións sexuais pode ser estimilunte para a parella da persoa furada, ou pode non o ser. O Apadravya é un piercing colocado no glande verticalmente, de arriba abaixo, atravesando a uretra. O Prince Albert (PA) entrada do frénulo á uretra. Existe tamén o Reverse Prince Albert, que entra pola uretra e sae a través dunha cavidade na parte superior do glande. O piercing no frénulo, como o seu nome indica, consiste na colocación dun piercing na zona do frénulo. Unha variante deste é o Frenum Ladder "Escada de Frénulo"no que se colocan máis dun piercing.

Para máis información sobre piercings xenitais cliquen aquí, para información sobre piercings en xeral, aquí.

Wednesday, April 26, 2006

Monday, April 24, 2006

the cop queerization is almost here


Teremos no futuro un servizo de policía gai traballando para axudar a outros gais? Clicar aquí.

Monday, April 17, 2006

God, the girl... or... mmm... the guy?


A última freakada televisiva nos States consiste en pór a proba a catro sacerdotes novos, facéndoos elixir entre Deus e unha rapaza, a cal marcou as súas vidas nalgún momento. Seica as relacións con rapaces non son afectivamente tan intensas nin impactantes...?

Friday, April 14, 2006

Góticos de pufo


Horror! Se Van Gogh estivese hogano vivo, probablemente, non só cortaría unha das súas orellas, senón que ademais había fender un puñal no ventre ( sin dudar) ao ver o novo vídeo dese grupo que leva o nome da súa orella sen pagar dereitos de autor para iso.
E é que, polo visto, os da orella acaban de rachar (?) e cambiar de estilo. Abandonaron o seu pop de nenes de papá e letras mega-cutres para se adentrar no lado escuro. Booh! Non, non é que agora á cantante lle dese por pór a proba a gravidade da súa voz cantando
death metal. Non. Máis ben, que seguindo esta onda de gótico adulterado que está tan de moda en Europa e nos EE.UU. (a cal debe de estar removendo á pobre Ann Radcliffe na súa tumba), mudaron de estética para se adaptaren ao gusto do consumidor. Osssea, que vestiron os nenes de negro, puxéronlle unha saia gótica á vocalista, logo de botarlle uns cantos litros de auga osixenado no cabelo, e precociñaron unha canción con ritmo simple e pegadizo e cunha letra super-ousada. Buff, que mete un medo... Hai que dicir que o look que loce a cantante é semellante ao que xa luciu a Christina Aguilera nun vídeo, pero as voces non son, nin moito menos, comparables. Que conste que tampouco me gusta a Aguilera.
Aisss... Pero que lles deu a todos para se faceren góticos? Se lles preguntas polos seus gustos de
literatura gótica, escoitarás aterrado como respostan,
Anne Rice. Distingamos a literatura do junk food, por favor.
E que fagan o favor de se informaren antes de se facer góticos, que un xa ten dabondo con aturar na distanza ao grupiño dos Súper Góticos de la MueRRRte na fuck. Que o pachuli vai xa démodé!

Thursday, April 13, 2006

mal karma



Na procura de vida intelixente nos USA...

Un comentarista de radio vén de dicir unha das máximas animaladas rexistradas nas ondas herzianas; e non, non é o santo ese da radio máis piratona do noso estado monárquico, a dos bispos. Trátase da KFYI de Phoenix, Arizona. O individuo proferiu que unha vez á semana pola noite podíase disparar a aqueles hispanos que intenten cruzar a fronteira cara A Terra Prometida. Se non fose xa dabondo, aínda chegou a engadir que se podía premir á garda nacional yankee con bonos de 100$ por cabeza, e non de gando...

Seica este home non ouviu falar do karma? Que di que aquilo malo que fagas háseche devolver a ti.

Wednesday, April 12, 2006

Oops... The nerd did it again...



A petarda máis grande dos U.S.A. vén de recibir, por segunda vez en cousa duns meses, a visita dos servicios sociais, que temen pola seguridade e saúde mental do seu bebé.

Saturday, April 08, 2006

repaso visual ás últimas semanas...






Que foRRRRRRRRRRRRte!!!!!!!!!

Oissss! Que dirá o noso tan querido Don Manuel da hoxe acontecida voda entre dous homes, un deles concelleiro do PP na cidade de Ourense...???!!!

É isto a modernización do PP? Ou quizais que o concelleiro aínda non ten demasiado clara a súa orientación política, ou non é consciente do que conleva ser militante do devandito partido e ademais ser homosexual?





Wednesday, April 05, 2006

Monday, April 03, 2006

Friday, March 31, 2006

Thursday, March 30, 2006

mantede limpa a ría!


Vaia! A un grupo de profesores dunha escola de Vigo non se lle ocorreu mellor cousa que para "celebrar" o mar e concienciar aos seus novos alumnos do respecto que lle hai que ter ao medio ambiente, levar a un grupo de nenos nun barco para soltar unhas botellas con mensaxes nas que se convida a quen as atope ir ver a exposición que fixeron os nenos na escola coa temática do mar. A ver se pensan un pouco e buscan outro xeito de atraer a atención da xente para que vaia á exposición, que a Ría de Vigo xa ten de por si bastante merda con tódolos vertidos que nela se producen!

inseminator


Serían quen vostedes de exacular durante unha xornada laboral cada 30/40 minutos? Un ex-presiadiario polonés vén de pedir unha indemnización por ditos excesos.

Friday, March 17, 2006

soños húmidos



Atópome con Clotaire cando estou a facer tándem. Únese á conversa que manteño coa miña compañeira. Clotaire vén dunha conferencia de Santiago Carrillo. Está totalmente alterada. Seica non parou de chorar mentres se fotograban xuntos cun dos seus ídolos máis importantes. A miña compañeira de tándem flipa un pouco cos xestos tan "vivos" e a linguaxe xesticulada da Clotaire. Falamos de cómics, de estadías no estranxeiro, do galego dende o punto de vista dos galegos e estranxeiros.
Chegan as 15h. e Clotaire e máis eu dirixímononos á parada do bus que nos ha devolver á civilización asfaltada. Cargo co petate que leva ata o bus, a pobre non pode con tanta cousa que leva enriba; aínda por riba está a chover. Montamos no bus. Clotaire pídeme emprestado o móbil para facer unha perdida a un colega seu. O individuo en cuestión non capta as indirectas e dígolle que lle mande unha mensaxe para que a chame ao meu teléfono. Milagre! Pasados 5 minutos soa o móbil. Clotaire está a planear unha fin de semana de pinamentos no monte co seu boliño doce.
Despedímonos ao chegarmos á parada. Cóntolle os meus plans para a fin de semana, que vou ir ao teatro. Clotaire mófase da miña fin de semana de intelestual. Pensa, de súbito di... "Non irás ver Hamlet con Luís Tosar?" "Si." Agárrame polo pescozo e móveme de adiante a atrás. "Mátote! É o meu ídolo sexual!" Eu río. Dígolle que a min tamén me gusta. A verdade é que non lle quitei o ollo de enriba dende que o vin por primeira vez en Mareas Vivas. Non sei, desprende un magnetismo que embriaga o meu senso; o seu xeito de actuar, o seu físico tan viril... A súa voz grave e masculina. Se é que está para comelo de calquera look: super viril (dereita), malote (centro) e tamén o de macho galego (esquerda). Aisss... Hei mollar as bragas de novo! ;D

Monday, March 13, 2006

cando o "freak" roza o "jackass"

O sábado de Entroido a Queen convidoume a ir con ela a un concerto punk no Glin-Gló. Tocaban Puta Miseria, Hachazo e máis os Ondas de Rebelión .O concerto comeza cos Ondas de Rebelión, interesante proposta musical. Interesante tamén era o look troglodita da cantante, a cal animaba á xente a bailar, que aínda estaba un chisco apagada. Mais a verdade é que daban ganas de ir comezando a aquecer os músculos botando. Logo chegan os Puta Miseria. Queen, que os coñecía, convenceume para ir ver a súa posta en escena. A verdade é que son moi espectaculares. O concerto deu comezo, ao pouco saíu un tipo (o cal se observa nesta imaxe sen calidade), un showman pedalando nunha bicicleta pouco máis grande ca un triciclo, vestido cunha capa, uns slips manchados por diante e por detrás, e máis un xustillo. Espectacular! O individuo vai mudando os disfraces ao longo da actuación. Deleitounos co Bigote Facha Vallisoletano, O Paparatzi, a Nancee Alcaldesa, traballador da factoría de automóbiles Zitronë , entroutros... Tirounos caramelos de eucalipto, cueiros, fotos de algúns políticos indesexables como os previamente mencionados... A hostia! Dende logo non deixan indeferente a ninguén, entre as letras incendiarias que teñen (hihihi!) e os shows que fan, coido que non teñen parangón e non me estraña que teñan o éxito que teñen.
Seguiu a actuación dos Hachazo, os cales estiveran facendo unha breve sesión de spánking durante a actuación dos do Morraso. Non podo entrar a xulgalos, marchamos de pericas ao comezaren a tocar.

ao que lle proe allos roe


Va fan culo!

Monday, March 06, 2006

Por detrás mola más!



Queren ler algo realmente freak? Fagan clic aquí.

Monday, February 27, 2006

Ide á merda!

Fuck fucking fuckers!

O merdeiro!

Os vigueses voltan ás súas raíces.

De Tweeling- A xemelga



Hai cousa duns meses o petit voyeur permitiume ver un filme que me gustou bastante, aínda que se cabe é moi sentimental. Enfin... A min gústanme paridas coma esa. Non sei, pareceume moi fermosa.
O filme neerlandés, baseado nunha novela de Tessa de Loo, narra a dramática historia de dúas irmás xemelgas alemás da rexión de
Colonia.
Sendo cativas, Anna e Lotte quedan orfas. O seu destino vese roto. Anna é levada coa súa familia dos Países Baixos, mentres que Lotte fica cuns familiares nunha granxa da zona. Anna enferma e só bota de menos á súa irmá, mentres que a nai da familia intenta abrandar o seu carácter con afecto e ensinándolle algunhas palabras en neerlandés. Lotte é explotada na granxa polo seu tío, mais tamén bota en falta a súa irmá.
Anna medra no seo dunha familia acomodada que lle proporciona unha boa educación. Lotte, pola contra, ten que buscar o xeito de seguir aprendendo, aínda por riba, ás costas do seu tío, un pobre paleto ignorante que non quere que a nena aprenda nin saiba máis ca el.
Anna acaba estudando filoloxía alemá. Lotte consegue zafarse do seu tío e estudar grazas á Igrexa, e finalmente consegue un traballo no fogar dunha familia de ricachos. Alí será onde a visite Anna, despois de anos de incomunicación forzada, motivada porque as cartas que Anna mandaba a Lotte eran retidas e Lotte non sabía onde vivía a súa irmá.
Como na maioría de seres mortais, ou polo menos, aos que lles corre sangue quente polas veas, o amor chega ás súas vidas.
No caso de Anna trátase dun músico de orixe xudía, e no de Lotte dun rapaz local que acaba formando parte das
SS cando estala a Segunda Guerra Mundial en Europa. O prometido de Anna é levado a un campo de concentración, onde acaba finando. Lotte perde tamén o seu amor en loita na guerra.
Tras a guerra, Lotte viaxa aos Países Baixos á casa da súa irmá. Dalí será botada pola súa propia irmá, cando Anna descobre a foto na que aparecen Lotte e o seu home, vestido co uniforme militar dos nazis. A carraxe e o odio a todo ao alemán han marcar a súa vida, logo da morte do seu namorado nas mans dos que eran os seus compatriotas.

Xa de vellas, Lotte atopa á súa irmá Anna nun spa. Anna non quere saber ren da súa irmá, e cando se dirixe a esta, faino en neerlandés. Lotte segue a Anna ao bosque, e ben, o filme non ten un happy ending.
A versión que vimos nós salta continuamente entre o neerlandés que falan na casa de Anna, e o alemán que emprega Lotte e o seu entorno, asemade cando as dúas irmás falan entre elas.
Está cargado de belas escenas gravadas en paisaxes naturais, coma o campo, bosques, ríos, pequenos lagos, etc. Resulta fermoso ver como a auga serve de vínculo de comunicación entre as mentes das dúas xemelgas.


Monday, February 20, 2006

faga o favor de pasarme o ketchup, please.


Aisss... Aínda veño sufrindo os pesadelos causados polo anaco de película que me puxeron o sábado á noite. Se xa sempre lle tiven bastante noxo á carne, hamburguesas e salchichas, agora estou máis preto de me facer vexetariano, aínda que sexan vexetais mutantes modificados xeneticamente. A piques estiven de botar o fígado vendo as imaxes do Holocausto Caníbal.


Banda Sonora Orixinal para este post: Mein Teil, Rammstein.

Saturday, February 18, 2006

Friday, February 17, 2006

aisss


Mmmffff... Mollei as bragas de gusto... Again.

Geiler Sex im Wald


Coming soon!

á outra beira


Onte á tarde contáronme un chiste moi, pero que, moi bo. Disque unha rapariga que é coñecida de Wednesday, e que unha vez levamos de acoplada hai uns veráns ao 7-4, e que se escandalizara vendo rapaces bicándose entre eles (menos mal que non viu ningunha escena de apalpamento de equipamentos) pois decidiu cambiar de acera. Seica a Wednesday soubo o da súa amiga, cando esta lle comentou que... "deberíalo probar coas tías, porque coas tías non se sente o mesmo e é todo máis doado". A Wednesday debeuno de flipar un cacho... Ela que estaba acostumada a ver á súa querida amiga liándose con tódolos raparigos da provincia... Quedaría a cadros vendo á outra mazando na rúa coa noiva que botou. Huas! Que forte! E a miña fonte preguntouse, que pasa, que isto de ser gai é unha moda, ou que?!