O martes 11 de xaneiro, vendo o programa "Las cerezas", da canle pública do Reino de España, TVE1; tiven o des-gusto de escoitar os comentarios feitos pola Sra. Esperanza Aguirre, Presidenta da Comunidade Autónoma de Madrid, nunha entrevista.
Na devandita entrevista, a Sra. Aguirre declarou, chea de orgullo, ter estudado nun colexio británico (en España), pertencer á Orde do Imperio Británico nun ranco superior ao de David Beckham; e, se isto non for pouco, afirmou ser unha defensora dos valores británicos. Velaquí a razón do meu estupor ao escoitar tales declaracións (aberracións?).
A miña mente comezou a preguntarse de qué valores estaría a falar...; do imperialismo?, do colonialismo?, do puritanismo hipócrita?, da imposición relixiosa nas colonias?, da marxinación ás diferentes etnias?, da explotación?, da imposición lingüística?, da desculturización dos países colonizados?, da arrogancia inglesa?, dos escándalos?, ou do fish and chips enchoupado en aceite usado e con abundante maionesa?
Ditos "valores" non nos deberían resultar estraños; sobre todo, se temos en conta que o mesmo reino español coñeceu e practicou moitos destes valores.
De que estrañarse? De que se sigan a "valorar"?
Finalmente, dicir que me fixo graza que dixese, que estaba contenta de que tivese habido un cambio político en Cataluña, porque despois de que un partido político leve gobernando durante moito tempo, debe producirse un cambio; que goberne outro partido. Por iso dixo que esperaba que se produza un cambio de goberno no País Vasco... porque é preciso que haxa unha renovación no goberno vasco.
Pois a ver se nos fai o favor de falar co Sr. Fraga... Que leva coma presidente do goberno galego dende o Principio.
Thursday, January 20, 2005
Subscribe to:
Post Comments (Atom)
2 comments:
iso mesmo pensei eu o outro dia que escoitei a un do PP cidir que cando un partido (PNV) leva moito tempo gobernando acostumase a facer o que lle vén en gana... pero de Fraga non din nin mú.
Éche o que hai... Que lles vas facer... Non lles entra na cabeza...
Post a Comment