Venres noite. Quedo con Queen of Punk e Perphida.
Imos cear algo a unha cova chea de ratos onde serven comida vexetariana. É de estilo indie. A decoración é bastante interesante. E a música é o mellor. Entro en trance cando comezo a escoitar a Björk!!!
Perphida e máis eu papamos dous bocadillos cheos de vexetais mentres Queen rilla nun anaco de biscoito de chocolate. Non fora ser que por comer algo verde lle dese a alerxia...
Todo é moi cool neste local. Hai un ambiente moi relaxado. Tanto... Que á pobre Queen unha muller lle pregunta que que tal a noite e lle toca o pandeiro no baño, mentres Queen queda branca. Éche o que ten levar micro-minisaia...
Despois da cea marchamos cara viños. De camiño topámonos co Cuñado, o churri da Queen, que está acompañado por un grupo de amigos facendo fedelladas.
Queen, Perphida e máis eu baixamos ata Viños.
O churri de Perphida chámaa ao móbil e ela comeza a babear.
Próxima parada: un tugurio de Viños onde Queen e máis eu catamos a crema de ghüisky que se serve alí.
Logo imos ata o mirador d'A Pedra. Wow! Cando nos achegamos xa vemos as lumaradas dos malabares. Cuñado & co. veñen saudarnos.
Un rapaz pasa preto de nós montado nun monociclo. Incrible!
Queen saca as cadeas e móllaas en ghasofa. Acéndenas e comeza a voalas. O ruxir do lume é incrible cando voan en círculos de arriba abaixo.
Outra rapaza súmase á atracción coas súas cadeas. Domina a técnica. Móvese con movementos lentos e cunha pasmosa facilidade e sensualidade. Semella unha bailarina tailandesa co seu movemento de pernas e brazos tan rítmico e harmonioso.
Acoghonating...
Friday, January 21, 2005
Subscribe to:
Post Comments (Atom)
4 comments:
Houbo unha invasión de pés neghros e eu non me enterei? ;)
Na Cova dos Ratos eu só estiven unha vez e quedáronme ganas de volver. A ver se algún día coincidimos.
Mmm... Non que me violas! ;)
Oh my godness, outra xogando a facerse a 'estrecha'. ;)
Qué bribón! Cómo se atreve?- como diría La Señorita Else.
Post a Comment