Wednesday, March 23, 2005

Agharraivos!

Os "maiores" sempre falan da xuventude con adxetivos non demasiado positivos... Normalmente non saímos moi ben parados. A verdade é que entre os novos hai de todo. Pero os "maiores" tampouco son anxiños caídos do ceo precisamente...
Acabo de alucinar ao ollar un artigo en La Voz de Galicia. Comenta que en Madrid unha muller de sesenta e pico anos pagou o pasado luns 3 € a un rapaz menor de idade para que fixese un graffiti na memoria de Franco. (Meto os dedos na boca para vomitar). Se non tiñamos xa bastante cos que se puxeron a cantar o Cara el Sol coas mans erguidas cando retiraron a ecuestre estatua, agora tamén manipulan aos menores... (Pensándoo ben, iso de manipular sempre se fixo...). Mandoulle escribir Franco, no te olvidamos.(Volto introducir os dedos na boca). A muller ía armada con diversos sprays de pintura, luvas e demais que gardaba nun bolso.
Así que foi arrestada, á parte insoltou á policía e ofreceu resistencia a ser detida.
Mágoa que non a sometesen a uns deses castigos que empregaban os franquistas...
Adultos, divino tesoro!

5 comments:

litli ljóti kennarinn said...

Semellante noticia violéntame
violéntame moito
como que me pon violento...

Mais pensándoo racionalmente,
esa malfodida cabrona tinha razón:
un dos problemas da sociedade
é que xa esqueceu a Franco
polo que toda a merda da dictadura está a rebotarnos na faciana!

litli ljóti kennarinn said...

Semellante noticia violéntame
violéntame moito
como que me pon violento...

Mais pensándoo racionalmente,
esa malfodida cabrona tinha razón:
un dos problemas da sociedade
é que xa esqueceu a Franco
polo que toda a merda da dictadura está a rebotarnos na faciana!

arroaz (Tursiops truncatus) said...

Estou de acordo contigo no de "malfodida", cabrona, e de que toda a merda se nos está a vir enriba.
Sinceiramente, creo que vivimos nun Estado, reservo o termo país para outra cousa..., de encefalogramas planos.
PS. Rapas, non poñas o mesmo comment dúas veces. ;)

Cesare said...

desculpade, non foron 3 €.
Foron 500 pesetas, que inda ten máis delito

arroaz (Tursiops truncatus) said...

Non sei... Eu o que lin na prensa e segundo o que dixeron na tele foron 3€, pero como eu non estaba alí... Non che sei.
E logo? Eran 500 ptas co careto de Franco, ho?