Sunday, March 06, 2005

Touché!

Tocado e afundido! Si, donas e cabaleir@s! Aínda que parecía imposible, houbo alguén que conseguiu superar o imposible. Un audaz reporteiro do programa CQC conseguiu que ao tocarlle a man ao "ilustre" (???) presidente da comunidade autónoma galega nunha viaxe a Montevideo... o Presi tocase un condón!!! Oh, my goodness! Que atrevemento! Que ousadía! Que audacia! Que Oscar lle daba eu ao reporteiro!
E como é sabido polos habitantes do Reino de España (ehm... vale, só por aqueles que fan uso dos seus miolos e están conectados á realidade) o presidente da comunidade galega vangloriase, con actitude de macho viril, de non ter usado... ben, mellor habería que dicir, "tocado", un condón na súa vida. Para que vexan queridos fregueses que os milagres si existen!
Iso si, hai que protestar polo trato que se lle deu ao pobre reporteiro por parte da policía, que o apartou violentamente espois de que o reporteiro tentase voltar falar con F. Ah, é que non se nos esqueza a frase tan cortés coa que F. despachou ao xornalista: "Váyase usted al carajo!" Aisss... Un poquito de por favor... Dende logo... Que mal saber perder e que pouco glamour!

2 comments:

litli ljóti kennarinn said...

Eu flipo, non sabía que volveran face-lo CQC. Ademais cun galego e unha reinona(?) no equipo de reporteiros.

Vai uns días coincidín co Flugfreyr no MSN e pergunteille por este tal ,,arroaz´´ que lle fixera un comentario, xa que a palabra non é moi común, nomeadamente limitada ás Rías Baixas. Entón vai el e dime: ,,Pues él te conoce´´. E eu sorprendido porque... perdoa se che ofende a minha mala memoria para a xente, pero non tenho nin a máis pálida idea de quen es. Síntoo, dame pistas.

De tóðolos xeitos, si que tenho un blog en lingua romance. E o máis irónico é que me fuches ponhe-lo comentario debaixo da ligazón... híhíhí, e eu que pensaba que sabías islandés!

(desta vez metín o blog da filloa no hipervínculo)

arroaz (Tursiops truncatus) said...

Pois si! Ademais, retornaron máis cáusticos e mordaces ca nunca! (Mi pooone!!!).
Non lle fagas moito caso a The Flying Dutch... Tanto cambio de presión afecta ás neuronas... Só te coñezo do pouco que el me ten falado de ti.
;)