
glory-hole
Saio dar unha volta coa Queen ata Viños, no casco vello. Bebemos unhas cañas. Pronto comezan a subir... Ao cabo dun anaco aparecen pola porta Perphida e mailo seu mozo, digno de ser visto.
Semella o Programa Reencontros. Levaba moito tempo sen velas. Bicos. Presentacións. Amósolles as fotos que fixen no Carrefour. Despois vou ao baño e tiro a que aparece neste post. Non é a porta de entrada a un dark-room! Aínda que pareza un glory-hole.... Faime graza o debuxo, e decido tirarlle unha foto.
A iso das once decidimos ir para a casa. Pensamos ir á manifa ao día seguinte.