Wednesday, April 20, 2005

Gústache o meu embigo?

Nos EE.UU segundo publica hoxe a Voz só o 3% dos libros que se editan foron traducidos dalgunha das linguas do mundo ao inglés.
Se é que ter cultura no país presidido polo ser mentalmente menos activo do sistema solar é todo un luxo (unha matrícula universitaria custa normalmente mínimo 6.000€!), ademais non deixa de ser un risco nunha sociedade na que prevalece o business is business, a hipocrisía, o puritanismo, facerse rico a calquera prezo, e a explotación do medio ambiente para obter money-money.
Pero aínda podemos consolarnos (tampouco sen fantasear demasiado...), o Faro publica que Galiza é a cuarta comunidade autónoma cos alumnos mellor preparados do Estado. Incrible, tendo en conta o que inviste a Xunta na nosa educación...

2 comments:

litli ljóti kennarinn said...

Será que só o 3% dos libros na Galiza foron orixinalmente escritos en galego?

Coido que nos vai moito máis mirarlle o embigo ós demais.

arroaz (Tursiops truncatus) said...

Estou de acordo contigo, pero realmente o título ía máis ben encamiñado aos americanos. ;)
Non sei se se entende cando escribo. Eu procuro facelo comprensible. Enfin...
Saúdos!