Monday, July 25, 2005

25 DE XULLO, DÍA DA PATRIA GALEGA


Que din os rumorosos
na costa verdecente
ao raio transparente
do prácido luar?
Que din as altas copas
de escuro arume arpado
co seu ben compasado
monótono fungar?

Do teu verdor cinguido
e de benignos astros
confín dos verdes castros
e valeroso chan,
non deas a esquecemento
da inxuria o rudo encono;
esperta do teu soño
fogar de Breogán.

Os bos e xenerosos
a nosa voz entenden
e con arroubo atenden
o noso ronco son,
mais só os ignorantes
e féridos e duros,
imbéciles e escuros
non nos entenden, non.
Os tempos son chegados
dos bardos das idades
que as vosas vaguidades
cumprido fin terán;
pois, onde quer, xigante
a nosa voz pregoa
a redenzón da boa
nación de Breogán.


Imaxe tirada de aduaneiros sem fronteiras. Feita por berto.

2 comments:

Anonymous said...

a imaxe que usas neste post é de Aduaneiros sem fronteiras (http://www.aduaneirossemfronteiras.org) por favor, poderías dar o debido crédito ao autor orixinal, obrigado.

arroaz (Tursiops truncatus) said...

As miñas desculpas. Non foi intencionado.