Friday, April 14, 2006
Góticos de pufo
Horror! Se Van Gogh estivese hogano vivo, probablemente, non só cortaría unha das súas orellas, senón que ademais había fender un puñal no ventre ( sin dudar) ao ver o novo vídeo dese grupo que leva o nome da súa orella sen pagar dereitos de autor para iso.
E é que, polo visto, os da orella acaban de rachar (?) e cambiar de estilo. Abandonaron o seu pop de nenes de papá e letras mega-cutres para se adentrar no lado escuro. Booh! Non, non é que agora á cantante lle dese por pór a proba a gravidade da súa voz cantando death metal. Non. Máis ben, que seguindo esta onda de gótico adulterado que está tan de moda en Europa e nos EE.UU. (a cal debe de estar removendo á pobre Ann Radcliffe na súa tumba), mudaron de estética para se adaptaren ao gusto do consumidor. Osssea, que vestiron os nenes de negro, puxéronlle unha saia gótica á vocalista, logo de botarlle uns cantos litros de auga osixenado no cabelo, e precociñaron unha canción con ritmo simple e pegadizo e cunha letra super-ousada. Buff, que mete un medo... Hai que dicir que o look que loce a cantante é semellante ao que xa luciu a Christina Aguilera nun vídeo, pero as voces non son, nin moito menos, comparables. Que conste que tampouco me gusta a Aguilera.
Aisss... Pero que lles deu a todos para se faceren góticos? Se lles preguntas polos seus gustos de literatura gótica, escoitarás aterrado como respostan, Anne Rice. Distingamos a literatura do junk food, por favor.
E que fagan o favor de se informaren antes de se facer góticos, que un xa ten dabondo con aturar na distanza ao grupiño dos Súper Góticos de la MueRRRte na fuck. Que o pachuli vai xa démodé!
Subscribe to:
Post Comments (Atom)
1 comment:
Hahaha! Estou completamente de acordo con vostede.
Espero que o fin dos días dos góticos chegue pronto e se abra a boca do inferno, inxeríndoos a todos. Ala, que nos deixen en paz.
Post a Comment